Saltar ao contido

Sebastián Martínez-Risco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSebastián Martínez-Risco
Biografía
Nacemento19 de xaneiro de 1899 Editar o valor en Wikidata
Ourense Editar o valor en Wikidata
Morte24 de setembro de 1977 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
A Coruña Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor en Wikidata
8º Presidente da Real Academia Galega
1960 – 1977
← Manuel Casás Fernández – Domingo García-Sabell → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Zaragoza
Universidade de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, xuíz Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticopoesía, teatro, romance e ensaio
Familia
IrmánsManuel Martínez-Risco Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Dicionario biográfico de Galicia
Diccionario da literatura galega Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 149845 Galiciana: 149227 BNE: XX996355 BUSC: 981013403733607712

Sebastián Martínez-Risco Macías, nado en Ourense o 19 de xaneiro de 1899 e finado na Coruña o 24 de setembro de 1977, foi un xuíz e escritor galego, presidente da Real Academia Galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Placa do seu despacho na praza de Galicia, A Coruña.

Realizou os estudos secundarios en Ourense, no Instituto do Posío (actual IES Otero Pedrayo de Ourense). Trasladouse a Santiago de Compostela onde iniciou a carreira de Dereito, que continuou na Universidade de Zaragoza e concluíu en Madrid. En 1924 gañou a oposición de maxistrado, converténdose en xuíz de instrución en Pobra de Seabra (1926-1927), O Barco de Valdeorras (1927-1933), Vilalba (1933-1941) e A Coruña (1941-1943). Foi ascendido a maxistrado, e exerceu na Audiencia de Ourense, mais o 27 de abril de 1944 pediu a excedencia para exercer como avogado na Coruña. Porén, entre 1969 e 1970 volveu á carreira xudicial na Audiencia de Xirona para poder acollerse aos dereitos pasivos que lle correspondían[1]. De novo colaborou en La Centuria, na prensa de Zaragoza (cando estudaba alí) e en El Pensamiento Astorgano de Astorga (de onde era o seu tío), e entre 1919 e 1923 escribiu en La Esfera de Madrid. En 1917 deu unha conferencia sobre Rosalía de Castro en Zaragoza, e escribiu unha obra de teatro con José Camón Aznar. En 1943 publicou a novela La tanza negra. Ejemplo y agonía del juez Oria, en certa medida autobiográfica, na que se fala do seu papel como xuíz durante a guerra civil española e a posguerra.

Fundou e dirixiu o Ateneo de Lugo. En 1944 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega, ingresando en 1953 como membro de número co discurso O sentimento da Xustiza na literatura galega, respondido por Manuel Banet[2]. En 1955 participou na fundación da Agrupación Folklórica Aturuxo, e dirixiu a coral polifónica El Eco da Coruña.

Foi o sexto presidente da Academia, posto que exerceu na clandestinidade entre 1960 e 1977. Durante a súa presidencia celebrouse por primeira vez o Día das Letras Galegas.[3]

Formou parte do Consello de Dirección da Revista de Economía de Galicia e do Consello de Administración da Editorial Galaxia.

Nas eleccións xerais de España de 1977 foi candidato ao Senado por Candidatura Democrática Galega, mais non resultou elixido.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Fillo do enxeñeiro de camiños Sebastián Martínez Risco Pérez-Santamarina e mais de Cándida Macías García (irmá de Marcelo Macías), foi irmán de Manuel e Luis Martínez-Risco, e curmán de Vicente Risco. Casou con Mercedes Alonso Blanco, e foi pai dos avogados Sebastián e Mercedes Martínez-Risco Alonso. Foi tamén avó da actriz Isabel Risco.

Narrativa

[editar | editar a fonte]
Tumba no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.
  • La tanza negra. Ejemplo y agonía del juez Oria (novela, 1943)
  • O sentimento da xustiza na literatura galega (1953)
  • Presencia da lingua galega (1973)
  • Conferencias encol de Castelao (1975)

Epistolario

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ Freixeiro Mato, X. R. (2021): "Introdución", en Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976).
  2. ↑ Martínez-Risco, S. (1953). O sentimento da xustiza na literatura galega. Real Academia Galega.
  3. ↑ "Ha muerto el presidente de la Real Academia Gallega". ABC (en castelán). 27 de setembro de 1977.
  4. ↑ "Ao abeiro da amizade". editorialgalaxia.gal.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Manuel Casás Fernández
 
Presidente da RAG
 
1960-1977
Sucesor:
Domingo García-Sabell