Juan Barcia Caballero
Juan Barcia Caballero, nado en Santiago de Compostela en 1852 e finado na mesma cidade o 10 de outubro de 1926, foi un médico e escritor galego.[1]
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1852 Santiago de Compostela |
| Morte | 10 de outubro de 1926 Santiago de Compostela |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, médico, poeta, novelista |
| Partido político | Asociación Regionalista Gallega |
| Membro de | |
| Familia | |
| Fillos | Juan Barcia Eleizegui |
Traxectoria
editarFillo de Juan Ramón de Barcia Nalda (1825-1902). Estudou medicina en Santiago de Compostela e Madrid e foi catedrático nas universidades de Granada e Santiago de Compostela e director do Hospital de San Roque e do Manicomio de Conxo. Fundou El Porvenir, foi redactor de El Libredón, e colaborou en O Novo Galiciano, El Ciclón, El Eco de Santiago, El Cínife, As Burgas e El Diario de Orense. De ideoloxía rexionalista participou na constitución da Asociación Regionalista Gallega e colaborou en Acción Gallega.

Dirixiu a revista médica La Crónica. Publicou Programa de Anatomía Práctica (1883) e Anatomía Práctica (1898, en colaboración con Vicente Goyanes Cedrón) e escribiu varios traballos en De re phrenopatica no eido da Psiquiatría (1915). Foi o tradutor ao galego do texto latino do Terceiro Concilio de Toledo para a edición políglota de 1891.
En 1912 deu o discurso de apertura do curso universitario 1912-1913 da Universidade de Santiago de Compostela coa lectura de La Locura y la Libertad. Foi pai do tamén médico e escritor Juan Barcia Eleizegui.
Obra
editar- La cuestión palpitante. Cartas amistosas a la Sra. Dª Emilia Pardo Bazán, 1881.
- Mesa revuelta. Ensayos literarios, 1883 (bilingüe galego-castelán).
- Rimas, 1891 (poesía, en galego, Biblioteca Gallega).
- Dos almas, 1907 (novela, en colaboración co seu fillo Juan Barcia Eleizegui).
- El señor Nin, 1922 (novela, en colaboración co seu fillo Juan Barcia Eleizegui).
Notas
editar- ↑ Rodríguez González, Eladio (1926). "Don Juan Barcia Caballero". Boletín da Real Academia Galega (188): 177–179.
Véxase tamén
editar| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juan Barcia Caballero |
Bibliografía
editar- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. ISBN 84-7154-227-7.
- Couceiro Freijomil, A. Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.