Rolling Stone
| Rolling Stone | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
Rolling Stone é unha revista mensual estadounidense dedicada á música e a cultura popular. Edítase dende 1967 e ademais de ter a súa edición norteamericana posúe (en 2026) 16 edicións internacionais, repartidas en distintos países do mundo, coas cales a revista permite dar unha ollada máis local á música. Foi fundada en San Francisco por Jann Wenner e o crítico musical Ralph J. Gleason. Descríbese como de esquerdas e liberal.[1][2][3]
A revista foi coñecida inicialmente pola súa cobertura da música rock e as reportaxes políticas de Hunter S. Thompson. Nos anos 90 a publicación ampliouse e cambiou o seu enfoque cara un público de lectores máis novos interesados en programas de televisión, actores de cine e música popular.[4] Desde entón volveu á súa mestura tradicional de contidos, incluíndo música, entretemento e política.
O primeiro número publicouse o 9 de novembro de 1967 con John Lennon na portada, e daquela saía á venda cada dúas semanas. É coñecida polas súas fotografías provocadoras e polas imaxes de portada, nas que aparecen músicos, políticos, deportistas e actores. Ademais da súa versión impresa, tamén publica contido a través de Rollingstone.com.
A publicación experimentou un rápido auxe durante a década de 1970, seguido dun acusado declive e dificultades financeiras no século XXI,[5] o que levou a Jann Wenner a vender o 49 % da publicación a BandLab Technologies en 2016 e o 51 % a Penske Media Corporation (PMC) en 2017.[6][7] Finalmente, PMC adquiriu o 49 % da participación que posuía BandLab Technologies en 2019, facéndose así coa propiedade total da revista.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Trump, traitor (and the truth comes limping after)" (en inglés). Consultado o 2026-10-08.
- ↑ Huston, Warner Todd (2023-07-23). "Rolling Stone's Slam of Jason Aldean Goes Sideways After Flashback to Its Support of Ice-T's 'Cop Killer'". The Western Journal (en inglés). Consultado o 2026-10-08.
- ↑ Ruddick, Graham (2017-09-18). "Rolling Stone, rock'n'roll magazine turned liberal cheerleader, up for sale". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2026-10-08.
- ↑ "Literary 'Rolling Stone' sells out to male titillation by Samuel G. Freedman". www.samuelfreedman.com. Consultado o 2025-01-11.
- ↑ Cohen, Rich (2017-11-06). "The Rise and Fall of Rolling Stone". The Atlantic (en inglés). ISSN 2151-9463. Consultado o 2026-10-08.
- ↑ Ember, Sydney (2017-09-18). "Rolling Stone, Once a Counterculture Bible, Will Be Put Up for Sale". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2026-10-08.
- ↑ Ember, Sydney (2017-12-21). "Rolling Stone Publisher Sells Majority Stake to Penske, Owner of Variety". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2026-10-08.
- ↑ "Penske Media Takes Full Ownership of Rolling Stone". Variety (en inglés). 2019-01-31. Consultado o 2026-10-08.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Rolling Stone (en inglés)
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |