O arquipélago está situado fronte á costa noroeste de África, entre as coordenadas 27°37′ e29°25′ de latitude norte e 13°20′ e 18º 10' de lonxitude oeste, situación que implica unha diferenza dunha hora entre as Canarias e o resto de España. A illa de Fuerteventura dista uns 95km da costa africana. Con todo, son aproximadamente 1 400 km os que separan a Canarias do continente europeo. A pesar disto, a cultura das illas é occidental, a medio camiño entre Europa e Latinoamérica.
As illas, de orixe volcánica, son parte da rexión natural da Macaronesia xunto cos arquipélagos de Cabo Verde, Os Azores, Madeira e Salvaxes. O seu clima é subtropical, aínda que modificado pola altura e a vertente norte ou sur. Esta variabilidade climática xera unha gran diversidade biolóxica que, xunto á riqueza paisaxística e xeolóxica, xustifica a existencia nas Canarias de catro parques nacionais e que varias illas sexan reservas da biosfera da UNESCO. Estes atractivos naturais, o bo clima e as praias fan das illas un importante destino turístico, sendo visitadas cada ano por preto de 12 millóns de persoas (11986059 en 2007, destacando un 29% de británicos, 22% españois peninsulares e un 21% alemáns).
A capitalidade da comunidade é compartida entre as súas dúas principais cidades: Santa Cruz de Tenerife e As Palmas de Gran Canaria; a sede do Presidente do Goberno autonómico alterna entre ambas por períodos lexislativos, sendo a sede do Vicepresidente distinta á do Presidente. O Parlamento das Canarias está en Santa Cruz de Tenerife, mentres que a sede da Delegación do Goberno se sitúa nas Palmas de Gran Canaria, existindo ademais unha Subdelegación do Goberno en cada unha das dúas cidades. Así mesmo, hai un equilibrio entre as dúas capitais en canto a consellerías e institucións públicas. Non existen deputacións provinciais como no resto de España, sendo cada illa gobernada polo seu respectivo Cabido, excepto as illas e illotes do Arquipélago Chinijo, os cales son gobernados polo Cabido de Lanzarote, e a Illa de Lobos, gobernada polo Cabido de Fuerteventura.
Dende a erupción do Teneguía o subsolo da illa mantivérase sen actividade ata 2017, momento no que se iniciou a actividade sísmica con repeticións constantes pequenos sismos na zona de Cumbre Vieja, que culminou coa erupción en 2021.
Xa no ano 2021, o 25 de xuño rexistráronse un total de 80 terremotos de pequena magnitude a unha profundidade de entre 18 e 34 quilómetros entre as 7:19 e as 18:09 (UTC), e localizados fundamentalmente pa zona sur de La Palma. O maior destes sismos foi de magnitude 2,2 na escala mbLg.
O 9 de setembro de 2021 comezaron a rexistrarse unha serie de sismos de baixa intensidade, denominados enxame sísmico, en Fuencaliente e Mazo, ambos na parte sur da illa de La Palma. Os tremores, de magnitudes que oscilaron entre 0,8 e 2 na escala mbLg, rexistráronse a unha profundidade de entre 5 e 13 quilómetros. Entre ese día e o domingo 12 de setembro a Rede de Vixilancia do Instituto Xeográfico Nacional (IXN) na illa rexistrou 31 sismos.
Nesta zona atópase o volcán do Teide que cos seus 3.718 metros, é o pico máis alto das Canarias, de España e de calquera terra emerxida do océano Atlántico. É ademais, o terceiro volcán máis grande do mundo desde a súa base, só superado polo Mauna Loa e o Mauna Kea en Hawai. Xunto ao Teide atópase a segunda montaña máis alta do Arquipélago Canario, o Pico Viejo con 3.135 metros sobre o nivel do mar, sendo ambos as únicas montañas canarias que exceden os 3.000 metros de altitude.
O Parque Nacional do Teide, foi en 2008 o Parque nacional máis visitado dos catro cos que contan as Illas Canarias cun total de 2,8 millóns de visitantes, segundo datos do Instituto Canario de Estatística (ISTAC), sendo ademais o Parque Nacional máis visitado de España, o máis visitado de Europa e o segundo do mundo con 3.142.148 visitantes en 2007.
Formouse como futbolista na canteira do UD Las Palmas e aos 18 anos debutou co primeiro equipo. En 1998 foi traspasado ao Deportivo da Coruña, onde non tardou en facerse coa titularidade na época de máis éxito da historia do club, co que gañou unha liga (1999–00), unha Copa do Rei (2002) e dúas Supercopas de España (2000 e 2002).
A súa progresión, que o levou a ser considerado como un dos mellores laterais de Europa, viuse cortada en setembro de 2001, cando fracturou a tibia e o peroné nun derbi contra o Celta de Vigo. Titular ata aquel momento na selección española, perdeu as súas opcións de ir ao Mundial de 2002, e tardou case un ano en regresar aos campos de fútbol. Trala súa recuperación volveu ter protagonismo no Deportivo, sendo un titular habitual durante a seguinte década. Retirouse en 2016, aos 40 anos de idade, sendo o segundo futbolistas máis lonxevo na historia do Deportivo, despois de Donato, e un dos xogadores de máis idade na historia da Primeira División.
...A loita canaria provén dos guanches, os primeiros nativos coñecidos das Illas Canarias, e como contacto entre as illas era limitado, cada illa desenvolveu regras diferentes?