Manuel Rial González
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1936 A Escusa |
| Morte | 7 de xullo de 2020 A Lama |
| 1979 – 1995 – Jorge Canda Martínez → | |
| Actividade | |
| Ocupación | político, garda forestal |
Manuel Rial González, nado na Escusa (Poio) cara a 1936 e finado na Lama o 7 de xullo de 2020, foi un político galego do PPdeG.

Traxectoria
[editar | editar a fonte]Garda forestal de profesión. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de Coalición Democrática e foi elixido alcalde da Lama con maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta nas municipais de 1983, 1987 e 1991 por Coalición Popular, Alianza Popular e o PPdeG.
| Predecesor: Manuel Varela Currais |
Alcalde da Lama 1979 - 1995 |
Sucesor: Jorge Canda Martínez |
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Foi nomeado fillo adoptivo do concello da Lama en 2002.