Presentou como candidato á Presidencia do Goberno a Manuel Fraga Iribarne, e obtivo 5247677 votos (o 25,97%) e 105 deputados (69 de AP, 21 de PDP, 12 de PL, 2 de UPN e 1 de CdG).
Despois destas eleccións, o Partido Demócrata Popular abandonou a coalición. Logo de concorrer en solitario nas eleccións locais de 1987 ó obter un mal resultado, pasou a denominarse Democracia Cristiá e, liderado por Javier Rupérez, integrouse en 1990 no Partido Popular.