Karl Adolf Agardh
Aparencia
Karl Adolf Agardh, nado en Båstad o 13 de xaneiro de 1785 e finado en Karlstad o 28 de xaneiro de 1859, foi un botánico e bispo sueco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estuda na universidade de Lund, onde ensinou dende 1807 matemáticas, aínda que o seu interese fundamental foi o estudo das algas, ás que clasificou cientificamente no seu Systema algarum. Obtén a cátedra de botánica e economía en 1812.
En 1817 vai ser elixido membro do Parlamento, e en 1837 foi nomeado bispo de Karlstad, o que supuxo a fin das súas investigacións científicas.
O seu fillo Jacob George Agardh foi igualmente un especialista en algas.
Obras
[editar | editar a fonte]Synopsis algarum Scandinaviae, 1817
Aphorismi botanici, 1817-1826
Species algarum, 1821-1828
Systema algarum, 1824
Classes plantarum, 1825