Saltar ao contido

Estrasburgo

Estrasburgo
 Nome orixinal
Strasbourg (fr)
Strosbùri (gsw) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Strasbourg (fr)
Stroßburi (gsw-fr) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
Strasbourgeois (fr)
Straßburger (de)
Strasbourgeoise (fr)
Straßburgerin (de) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe do escudo
Imaxe da bandeira
Logotipo
Imaxe
Características
 Lingua oficial
 Demografía
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: alcalde de Estrasburgo Editar o valor en Wikidata
Jeanne Barseghian (pt) Traducir (2020 - ) Editar o valor en Wikidata
 Ten en propiedade
Datas
 Fundación / creación
12 a. C. Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
 Substitúe
Argentorato (pt) Traducir (12 a. C. - ) Editar o valor en Wikidata
 Premios e distincións
Localización
 Situado na entidade estatística
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
272.116 (2008) censo
275.718 (2013) censo
280.966 (2017) censo
284.677 (2018) censo
287.228 (2019) censo
290.576 (2020) censo
291.313 (2021) censo
291.709 (2022) censo
293.771 (2023) censo Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
153.148 (2021)
147.549 (2017) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
138.165 (2021)
133.417 (2017) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   78,26 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
132 m punto máis baixo
151 m punto máis alto
139 m media
150 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal67000 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap71033 Editar o valor en Wikidata
VIAF150696197 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000123373844 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL2394111A Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/09b83 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Teléfono
+33-3-68-98-50-00 Editar o valor en Wikidata
 Correo
Facebook: strasbourg.eu Twitter: strasbourg Instagram: strasbourg_eurometropole Tumblr: strasblr LinkedIn: strasbourg-eurometropole Snapchat: strasbourg.eu BNE: XX451085 Souncloud: strasbourg_eu Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Estrasburgo[1] (en francés: Strasbourg, [stʁaz.buʁ] (AFI); en alemán: Straßburg, [ˈʃtʁaːsbʊɐ̯k] (AFI); en alsaciano: Strossburi, [ˈʃd̥rɔːsb̥uri] (AFI)) é unha cidade situada no leste de Francia, na marxe esquerda do río Rin. É a capital da rexión administrativa francesa do Gran Leste e do departamento do Baixo Rin.

A aglomeración urbana prolóngase ata Alemaña, á cidade de Kehl, que é o espello xeográfico de Estraburgo do lado oposto do Rin.

Casas típicas do centro histórico de Estrasburgo.
Igrexa de St.Paul.
Catedral de Notre-Dame de Strasbourg.
Palais du Rhin (Pazo do Rin), antigo pazo imperial.
Universidade de Estrasburgo.
Tranvía de Estrasburgo.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Atravesada polo río Ill, afluente do Rin, que se divide para formar ata cinco brazos no centro da cidade (no sector da Petite France), a cidade está composta de barrios de forte identidade, como Robertsau, Cronenbourg, Koenigshoffen, Hautepierre, Elsau, Krutenau, Neudorf, Meinau e Neuhof. Situada a unha altitude media de 140 m por riba do nivel do mar, Estrasburgo caracterízase por un relevo relativamente plano. Así, no centro da cidade, percíbense soamente leves ondulacións do terreo, culminando á proximidade da catedral e no cruzamento da Grand-Rue (Grande rúa) e da rúa do Fossé-des-Tanneurs, correspondendo ás zonas de habitacións máis antigas.

A cidade é tamén coñecida como unha das capitais da Europa, debido ás numerosas institucións europeas que alberga, entre as cales o Consello de Europa, o Parlamento europeo (dividido con Bruxelas) e a Corte Europea dos Dereitos Humanos, sen esquecer a cadea de televisión binacional franco-xermánica Arte.

Panorama de Estrtasburgo, río Ill.

Estrasburgo, coñecida polos romanos como Argentoratum, foi fundada o 12 a.C. Era entón un campo militar fortificado situado sobre o limes (fronteira do Imperio Romano) do Rin. Un canabae (aglomeración de habitacións civís) desenvolveuse ao redor do campo e en dirección ao oeste, preludio do desenvolvemento futuro da cidade.

Estrasburgo foi incorporada ao Imperio franco no século V. En 842, a cidade foi palco do Xuramento de Estrasburgo, máis antiga testemuña escrita das linguas francesa e alemá.

A catedral de Estrasburgo foi terminada en 1439, tornándose o máis alto edificio do mundo, superando a gran Pirámide de Giza. Durante a década de 1520, a cidade abrazou as teses relixiosas de Martiño Lutero, cuxos adeptos estabeleceron unha universidade no século seguinte.

Cidade libre e autónoma do Imperio, Estrasburgo foi anexada a Francia soamente en 1681, estatuto confirmado polo Tratado de Ryswick (1697). Lois XIV mandou destruír simbolicamente parte das fortificacións da cidade, creando unha abertura pola cal entrou en Estrasburgo, e marcando así a submisión da cidade ao poder real. Mandado polo rei, Jacques François Blondel deseñou un plano de embelecemento de Estrasburgo que, por falta de financiamento, será parcialmente realizado. Estrasburgo débelle principalmente a construción da Aubette na praza Kléber e a reforma da praza Marché-Gaillot. Diversos edificios clásicos serán construídos, o primeiro dos cales foi o Palacio Rohan, morada de príncipes construída ás marxes do río Ill, fronte ás habitacións burguesas. Mais foron principalmente as fortificacións de Vauban as que marcaron este período, coa construción dunha protección sobre o Ill, fronte ás Pontes Cobertas (Ponts Couverts), e a dunha impoñente cidadela ao sueste, situada fronte a Alemaña. Co crecemento da industria e do comercio, a poboación triplicouse no século XIX, alcanzando os 150 000 habitantes.

Estrasburgo foi anexada ao Imperio Xermánico como capital do Reichsland da Alsacia-Lorena (Alsace-Lorraine) en 1871, após a Guerra franco-prusiana (Tratado de Frankfurt). Este período marca o apoxeo da dominación política e territorial de Estrasburgo. Beneficia igualmente da intención alemá de transformar a cidade no escaparate da cultura alemá, e mostrar ao mundo e a Francia a superioridade da cultura xermánica. Estrasburgo recibiu entón numerosos edificios públicos, entre os cales o Palacio do Emperador (actualmente Palacio do Rin), o parlamento da Alsacia-Lorena e o Palacio Universitario. A máis importante extensión urbana de Estrasburgo é entón planificada, tendo como resultado a duplicación da superficie da zona urbana en trinta anos.

A cidade volveu a Francia logo da primeira guerra mundial en 1919, polo Tratado de Versalles. Tornouse novamente parte da Alemaña durante a segunda guerra mundial, de 1940 a 1945, para retornar a Francia no final da guerra.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Cantidade de poboaciónAno270.000275.000280.000285.000290.000295.0002007201020132016201920222025EstrasburgoEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

Principais centros de interese

[editar | editar a fonte]

As universidades da Academia de Estrasburgo

[editar | editar a fonte]
  • en Mulhouse:
    • Université de Haute Alsace
  • en Estrasburgo:
    • Université Louis-Pasteur Strasbourg I ULP
    • Université Marc-Bloch Strasbourg II UMB (chamada antigamente Université des sciences humaines de Strasbourg)
    • Université Robert-Schuman Strasbourg III URS
    • Centre régional des œuvres universitaires et scolaires de Strasbourg (Crous) (Crous Strasbourg)
    • EM Strasbourg Business School

Estrasburgo ten un pouco menos de 50.000 estudantes [cando?], dos cales 37.500 nas súas tres universidades. Os estudantes estranxeiros constitúen case un quinto do efectivo (18,5 %).

Cidades irmás

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]