Saltar ao contido

Conversa usuario:O Breixo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Nova sección
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Último comentario: O Breixo hai 21 días no fío «Modelos»
Benvido á Galipedia, O Breixo!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Cossue (conversa) 8 de setembro de 2022 ás 07:48 (UTC)Responder

Wikidata

[editar a fonte]

Boas @O Breixo, vin que andabas a fedellar nas caixas de información dos reis suevos. Como vexo que levas pouco por aquí quería comentarche (por se non o sabes) que tamén podes facer as mudanzas en Wikidata. Algunhas destas caixas apañan os datos directamente desde alí, coa vantaxe de que os cambios fanse extensivos as todas as wikis. Comento só por se queres botar unha ollada no tema, se prefires mudar os datos só na caixa local pois perfecto tamén :-). Saúdo - Cossue (conversa) 8 de setembro de 2022 ás 07:58 (UTC)Responder

Vale, non sabía non. Xa lle boto unha ollada cando poida para ver como vai :) O Breixo (conversa) 8 de setembro de 2022 ás 18:03 (UTC)Responder

Frumario

[editar a fonte]

Ola Breixo.

En "Frumario" fáltache a bibliografía citada na nota.

Quen é Thompson?

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 25 de setembro de 2022 ás 19:19 (UTC)Responder

Pasa o mesmo en "Maldras". --. HombreDHojalata.conversa 25 de setembro de 2022 ás 19:25 (UTC)Responder
Si! Edito isto en canto poida. Esas notas están collidas dos artigos en inglés, pensaba no futuro poñer unhas propias, pero mentres copio as de inglés. Grazas polo consello, un saúdo! O Breixo (conversa) 26 de setembro de 2022 ás 08:14 (UTC)Responder

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia

[editar a fonte]

Ola O Breixo.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
→ Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 26 de setembro de 2022 ás 21:48 (UTC)Responder

Tereino en conta, está ben sabelo. Grazas! O Breixo (conversa) 26 de setembro de 2022 ás 21:53 (UTC)Responder

Axudas ortográficas

[editar a fonte]

Ola O Breixo. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 26 de setembro de 2022 ás 21:54 (UTC)Responder

Xa instalei o corrector para Firefox, por algunha razón o corrector da Wikipedia a pesar de telo activado non me funcionaba ata ter publicado o artigo. Aínda son novo por aquí, estou fedellando un pouco :D O Breixo (conversa) 26 de setembro de 2022 ás 22:02 (UTC)Responder

Gunderico

[editar a fonte]

Ola, O Breixo. No artigo Gunderico que ampliaches cun par de referencias, puiden atopar os datos de onde sacas unha das referencias pero non do de Thompson. Lembra que cómpre pór referncias pero tamén indicar de onde se sacan. Poderías botarlle un ollo? Un saúdo e a darlle duro.--MAGHOI (conversa) 8 de outubro de 2022 ás 11:49 (UTC)Responder

Solucionado! O Breixo (conversa) 8 de outubro de 2022 ás 17:11 (UTC)Responder

Cat-a-lot

[editar a fonte]

Ola, Breixo!


Non sei se coñeces a ferramenta Cat-a-lot; é moi útil! Permite categorizar de forma cómoda numerosos artigos á vez. Por exemplo, se estás na Categoría:Grupos musicais de Galicia, pode seleccionar diversos artigos desa categoría e asignarlles a maiores a Categoría:Grupos musicais en galego, sen ter que andar engadindo esta categoría en cada artigo de forma manual.


Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 8 de outubro de 2022 ás 13:14 (UTC)Responder

Non sabía! Bótolle un ollo, grazas. O Breixo (conversa) 8 de outubro de 2022 ás 17:11 (UTC)Responder

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia

[editar a fonte]

Ola O Breixo.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
→ Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)fálame aquí 6 de novembro de 2022 ás 20:15 (UTC)Responder

ortografía

[editar a fonte]

Ola, Breixo! Despois dos dous puntos emprégase minúscula. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 17 de novembro de 2022 ás 13:42 (UTC)Responder

Pois teño traballo por diante ;D Grazas polo aviso! O Breixo (conversa) 17 de novembro de 2022 ás 13:54 (UTC)Responder

cartas forais

[editar a fonte]

Ola, Breixo! Como vai todo?

Vexo que estás a tope coa Idade Media, pero non sei se che apetece editar só biografías ou tamén outros aspectos. A respecto do Foro do bo burgo de Castro Caldelas quería preguntarche se che apetece crear os artigos de carta foral ou carta de poboamento (non teño moi clara a distinción; en Wikidata están d:Q5467181 e mais d:Q2940451). En relación con iso, está o tema dos cambios de nome nalgunhas vilas (Faro -> Crunia, Erizana -> Baiona, Adro -> Viana do Castelo, O Pino -> Monforte, Lazoiro -> Salvaterra, creación de Milmanda etc.), que trata Gonzalo Navaza neste artigo.

Xa me contarás se che interesa o tema. Un saúdo, e graciñas!! --Estevo(aei)fálame aquí 1 de febreiro de 2023 ás 13:34 (UTC)Responder

Ola Estevo!
Pois si que me interesa, botareille un ollo o antes que poida. Por certo, estou en proxecto de facer un artigo de "Lista de documentos históricos galegos", unha táboa similar á do artigo Galego-portugués "Documentos máis antigos en galego-portugués". A intención é incluír a Crónica de Hidacio, o Foro do bo burgo, pasando por calquera documento histórico relevante para Galiza, distinguindo data, autor, lugar, lingua, etc. Non sei se me puideras dar algún consello co título ou en xeral, se partilo por épocas ou calquera idea que se che ocorra para facelo ben.
Grazas de antemán, un saúdo! O Breixo (conversa) 1 de febreiro de 2023 ás 14:21 (UTC)Responder
@Estevoaei O Breixo (conversa) 1 de febreiro de 2023 ás 14:28 (UTC)Responder
Diría que un título acaído podería ser Lista de documentos en galego-portugués; acota bastante o contido, pois xa se entende que é documentación medieval. Como o ves? Heille botar un ollo aos que aparecen no artigo galego-portugués para ver que estean ben definidos en Wikidata. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 1 de febreiro de 2023 ás 15:06 (UTC)Responder
@Estevoaei
O tema e que tamén quería poñer documentos que non só fosen escritos en galego-portugués como é o caso da Crónica de Hidacio que está en latín. De feito, no artigo de galego-portugués aparecen moitos documentos escritos en latín, e ten sentido xa que están datados nos anos que se orixinou a lingua. Pero tanto Hidacio coma Exeria entre outros non ten sentido englobalos dentro da corrente galego-portuguesa xa que son da Gallaecia antiga.
Non sei se será unha lista demasiado grande para facer nun só artigo, quizais mellor dividilo por épocas, pero, a verdade, atráeme a idea de ter unha longa lista cos documentos históricos... Quizais podo facer varias listas divididas por épocas no mesmo artigo de maneira que se poidan pregar ao gusto. Sígolle dando voltas.
Grazas pola axuda, saúdos! O Breixo (conversa) 1 de febreiro de 2023 ás 15:56 (UTC)Responder
O certo é que eu non son moi fan das listas, prefiro empregar as categorías porque atenden a distintos aspectos: nunha categoría podes ver documentos por lingua, noutra categoría documentos por século, noutra por lugar de redacción, noutra por tipo de documento... O bo que teñen as listas é que podes incluír elementos que non teñen artigo aínda, claro.
O asunto é definir o que entendemos por documentos históricos galegos; as obras de Exeria ou Hidacio nun principio non as incluiría en "documentos", polo que quizais empregaría mellor "textos"; o termo "antigos" tampouco me aquela moito, porque se corre o risco de ligalo en exclusiva á Idade Antiga; e o termo "galegos" quizais é peliagudo para textos da Gallaecia, ao tempo que se cadra excluiría os do reino de Portugal ou o reino de Castela relativos a Galicia, por exemplo.
Coido que a idea de empezares unha subpáxina de usuario está moi ben, e seguro que atopamos un nome xeitoso no que concordemos! :) Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 1 de febreiro de 2023 ás 17:13 (UTC)Responder

Sueiro de Oca

[editar a fonte]

Ola, Breixo! Como vai?

Buscando información sobre o pazo de Oca dei con este foro que outorga Sueiro de Oca, e pensei que igual che era de interese. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 11 de febreiro de 2023 ás 13:35 (UTC)Responder

@Estevoaei Engadido a lista! Inda queda por facer.. calquera proposta que teñas xa sabes! O Breixo (conversa) 11 de febreiro de 2023 ás 19:51 (UTC)Responder

ligazóns a outras Wikis

[editar a fonte]

Ola, Breixo! Como vai todo?

Vin na túa páxina Usuario:O Breixo que tes varias ligazóns a outras Wikipedias. En vez de poñer a url completa podes empregar un atallo; por exemplo, para https://en.wikipedia.org/wiki/Gonzalo_Men%C3%A9ndez → en:Gonzalo Menéndez ([[:en:Gonzalo Menéndez]] en código); ou ru:О знаменитых мужах (Геннадий Марсельский) ([[:ru:О знаменитых мужах (Геннадий Марсельский)]] en código) en vez da transposición da url dos caracteres cirílicos. Algo similar para outros proxectos: d:Q12411 (Pontevedra en Wikidata) ou commons:Category:Wayside crosses in Pontevedra (por poñer un exemplo de categoría en Commons). Agardo que fose de utilidade. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 24 de febreiro de 2023 ás 10:53 (UTC)Responder

Boas, @Estevoaei
Pois si tes razón, tampouco quería currarmo de máis ao ser só notas, pero a verdade é que queda máis recollidiño e non leva máis tempo. Grazas polo apunte! O que si é que teño que poñerme un día a fondo co tema das categorías que inda estou un pouco verde.
Saúdos! O Breixo (conversa) 24 de febreiro de 2023 ás 14:21 (UTC)Responder

fusión de artigos

[editar a fonte]

Ola, Breixo! Cando hai dous artigos sobre o mesmo elemento, cómpre facer unha fusión (Axuda:Fusión). Puxen os marcadores correspondentes en Hermenexildo González e Hermenexildo Gundisalviz; o correcto é poñer o contido final nun dos dous artigos, e despois unir as edicións para conservar o historial (diso xa me encargaría eu ou calquera outro administrador). Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 27 de febreiro de 2023 ás 23:42 (UTC)Responder

Liber Fidei

[editar a fonte]

Ola, O Breixo! Como vai todo?

Quería facerche unha consulta. Se entendín ben, o pt:Liber Fidei inclúe o Parochiale suevorum, non? Debería falarse do primeiro no segundo? Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 14 de marzo de 2023 ás 13:33 (UTC)Responder

Boas @Estevoaei!
Pois sí, o Liber Fidei é unha recompilación de copias de documentos antigos, entre eles o Parochiale suevorum escrito entre os anos 569 e 589 por orde de Teodomiro. Non estou seguro, pero penso que se trata da copia máis antiga conservada do Parochiale suevorum. O Breixo (conversa) 14 de marzo de 2023 ás 17:50 (UTC)Responder

Como levar unha vida honesta

[editar a fonte]

Ola, Breixo! Como vai? Actualicei nos artigos de Miro e Martiño de Dumio a aparición en galego do texto Como levar unha vida honesta, que vén de publicar o Consello da Cultura Galega e que podes consultar neste link. Anímaste a facerlle o artigo? Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 20 de marzo de 2023 ás 12:10 (UTC)Responder

Boas @Estevoaei!
Por suposto! Moi interesante, poreime en canto teña tempo! Unha cousa, o artigo debería chamarse Formula vitae honestae ou Como levar unha vida honesta? O Breixo (conversa) 20 de marzo de 2023 ás 13:35 (UTC)Responder
O criterio que se segue, tanto en obras literarias como audiovisuais, é poñer o título en galego se se publicou a tradución. Por exemplo, do escritor John Fante traduciuse ao galego A irmandade da uva pero non se traduciron Wait until Spring, Bandini ou Ask the Dust; do mesmo modo, o filme Pregúntalle ao vento estreouse en galego, pero aínda non se estreou en galego Once Upon a Time in America. A esta norma xeral hai algunha excepción, coma no caso de obras noutros alfabetos, e por iso o artigo da obra de Dostoievski se titula Bratia Karamazovy. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 20 de marzo de 2023 ás 13:49 (UTC)Responder

Beef

[editar a fonte]

Ola, O Breixo! Como vai?

En relación coa cultura do hip hop, quería pedirche se te animas a traducir ou crear un artigo: Beef (rap), (ou o título que consideres). Non existe en inglés, portugués, castelán ou catalán, pero si por exemplo en francés (fr:Clash (rap)) ou alemán (de:Beef). Ocorréuseme agora ao ver un novo vandalismo no artigo de Boyanka Kostova (grupo musical). Como o ves?

Un saúdo, e graciñas polo teu labor! --Estevo(aei)fálame aquí 8 de xuño de 2023 ás 17:55 (UTC)Responder

Pois sí, precisamente ando a facer estos termos relacionados. Grazas pola idea! O Breixo (conversa) 9 de xuño de 2023 ás 07:54 (UTC)Responder

Tema primario

[editar a fonte]

Ola Breixo.

Por favor, ten en consideración o expresado en: Wikipedia:Homónimos#Tema primario.

Graciñas. Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 16 de setembro de 2023 ás 22:01 (UTC)Responder

Barda

[editar a fonte]

Boas, Breixo.

Ao modificar "Barda", anímaste a corrixir as páxinas que ligan con ela?

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 11 de outubro de 2023 ás 14:57 (UTC)Responder

Boas @HombreDHojalata!
Entón, se entendín ben, teño que mover a actual páxina de Barda a Barda (homónimos), engadir aos homónimos Barda (Acerbaixán) e facer do artigo primario (Barda) Barda (cabalaría)? Ou cal pensas que debería ser o tema primario?
Tiña intención de facer o artigo de Barda (cabalaría), despois podo facer isto e corrixir as páxinas que liguen.
Un saúdo, grazas por escribir. O Breixo (conversa) 11 de outubro de 2023 ás 18:36 (UTC)Responder

Ah, non teño claro cal é o tema primario. Aí non entro.

Eu referíame a que agora "Barda" é páxina de homónimos e cando aparece "barda" ou "Barda" ligada nos artigos non debería ligar cunha páxina de homónimos. Cando aparece "barda" ou "Barda" nun artigo debería ligar co artigo específico correspondente. Iso é o que hai que arranxar.

Por outra banda, tampouco sei se a localizade de Acerbaixán leva acento ou non o leva. Non aparece nin na EGU nin na DS21. --. HombreDHojalata.conversa 12 de outubro de 2023 ás 11:40 (UTC)Responder

Sobre traducións da interface

[editar a fonte]

Boas! Preguntabas para traducir a páxina de usuario/a de glwiki. Se entendín ben o tema, o seguinte pode serche de axuda. Déixoche por acó a ligazón a Translate MediaWiki, que é onde se xestionan as traducións do código MediaWiki. Aquí están agrupadas as de todas as capas de aparencia/estilo da interface, como por exemplo Vector, que penso que é das máis usadas. En Vector hai algunha tradución anticuada. En Translate MediaWikis úsase unha ferramenta visual de tradución, pero lembra que fan falla dúas persoas diferentes para completar unha tradución: unha tradutora e outra revisora para que a tradución quede rematada. (Se o precisas, eu, @Xabier Cid e outros editores temos conta alí). Sobre o que che comentaba dos problemas de carga/actualización na Galipedia pode que estea aquí a resposta, agora non me podo parar moito. Se comezas a traducir aló ten en conta que xa hai unha serie de convencións de vocabulario establecidas ao longo do tempo. Hai tempo que non traballo aló, pero creo que non tiñamos unha memoria de tradución gl, ou non estaba onde debería. Déixoche, cando menos a ligazón ao glosario e boas prácticas. Para min o máis lioso é a localización. Para localizar máis cousas que traducir terías que ir navegando polas categorías >Todas e ir descendendo. Como lle comentaba a Xabier Cid na súa conversa, hai lagoas na tradución do editor visual, polo que se che apetece comezar revisando estas traducións, que xa están feitas sería magnífico. Bótalle un ollo antes de darlle a check, non vaia ser que non sexan coherentes/consistentes coas que vimos visualizando até o de agora.

Présa non ten, porque leva bastante parado isto por falta de mans, pero como mostrache un interese específico, espero que isto poida servir para que te mergulles un pouco. Gostaría de explicarcho máis polo miúdo, pero non teño moito tempo estes días. Pero se tes unha pregunta concreta sobre o tema, escríbeme e tento responder co que saiba. No futuro espero poder pararme máis.

Saúdos! Maria zaos (conversa) 20 de novembro de 2023 ás 15:55 (UTC)Responder

Ostras estupendo, xa estivera zarapellando un pouco no Translate MediaWiki, pero acabei rendido ao non atopar as de apariencia/estilo. Este resumo venme estupendo moitas grazas! En canto poida metereime a investigar, seguro que saen novas dúbidas, saúdos! O Breixo (conversa) 20 de novembro de 2023 ás 16:46 (UTC)Responder
Boas @Maria zaos, senón me engano, a tradución da Páxina principal de Usuario e dos taboleiros "Edições sugeridas", "O seu impacto" e "Obter ajuda sobre edição" están dentro da sección Growth Experiments - Homepage (ligazón), inda sen traducir. Penso que darlle prioridade a isto sería interesante para conseguir unha interface unificada. Eu intentarei ir facendo o que poida! Saúdos! O Breixo (conversa) 5 de decembro de 2023 ás 15:18 (UTC)Responder

nova suxestión para traducir

[editar a fonte]

Boas, en breves quero publicar unha nova sobre esta ferramenta, que fai moi sinxelo localizar e incluír imaxes en Wikipedia e en Wikidata. Déixoche a páxina en meta, porque ao ser trebello, tradúcese aló. As instrucións non dan moito medo. O único que hai que poñerse en contacto cos desenvolvedores para que actualicen cando se remate a tradución. Cando poidas e se che presta, claro. Maria zaos (conversa) 22 de novembro de 2023 ás 17:27 (UTC)Responder

Tradución feita, envieille un correo a JamieF dicíndolle que por favor actualizase o user script, non sei se hai maneira mellor de facerllo saber. Saúdos! O Breixo (conversa) 22 de novembro de 2023 ás 22:11 (UTC)Responder
marabilloso! Moitas grazas! si, penso que asi é, polo menos o que indicaban. Maria zaos (conversa) 22 de novembro de 2023 ás 22:12 (UTC)Responder

administrador da interface

[editar a fonte]

Bo día!

Xa es administrador da interface, conforme se aprobou en Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:O Breixo. Parabéns, e moitas grazas pola dedicación :) Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 5 de decembro de 2023 ás 08:35 (UTC)Responder

Bo día @Estevoaei!
Grazas! Intentarei axudar no que poida! Saúdos! O Breixo (conversa) 5 de decembro de 2023 ás 09:11 (UTC)Responder

petició pendent

[editar a fonte]

Ola, @O Breixo. Parabéns polo "teu ascenso". Agora que és administrador da interface, tiñamos unha tarefa pendente para ti, aínda que non sei se xa está solucionada. Como eu de cuestións técnicas non che controlo nda, o mellor é que botes unha ollada ao apartado da páxina da miña conversa que foi onde nolo pediu amandalvarez. Está aquí. Un saúdo e benvido. MAGHOI (conversa) 7 de decembro de 2023 ás 10:57 (UTC)Responder

Translation request

[editar a fonte]

Hello.

Can you translate and upload the article en:Conan the Barbarian (dog) (the cloned dogs of the President-elect of Argentina Javier Milei) in Galician Wikipedia?

Yours sincerely, Gartok (conversa) 9 de decembro de 2023 ás 15:12 (UTC)Responder

Axuda

[editar a fonte]

Ola, @O Breixo. Como ti controlas de temas técnicos, quería saber se podes botarlle unha man a este usuario sobre modelo de mates. A conversa, está na parte final desta ligazón. Agradecido de antemán. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 25 de febreiro de 2024 ás 19:29 (UTC)Responder

Evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos

[editar a fonte]

Ola O Breixo.

É mellor evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos. Se queres, podes axudarte da ferramenta de detección da Galipedia, activándoa en:

  Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos   (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).

Tes máis información en: Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 14 de maio de 2024 ás 17:54 (UTC)Responder

Boas @HombreDHojalata, intento evitalos sempre que sei de cal se trata, se te refires a Cronoloxía de Galicia inda estou corrixindo antigos erros. Teño a ferramenta de detección activada, pero as veces, sobre todo coas localizacións, simplemente non sei de cal se trata. Por favor se me puideses indicar onde abusei disto intentarei solucionalo e non repetilo. Grazas polo aviso un saúdo! O Breixo (conversa) 14 de maio de 2024 ás 18:23 (UTC)Responder

Consulta

[editar a fonte]

Ola, @O Breixo. Estou a piques de facer unha proposta pero antes quería consultache se é factible. A idea sería algo que xa tiñamos falado antes: a posibilidade de facer que os artigos bos e os de calidade pasen cada mes, como sucede coas imaxes, sen ter que establecer votacións previas. Se iso fose posible, fago a proposta inmediatamente. Quedo á espera da túa resposta. Saúdos. MAGHOI (conversa) 17 de xuño de 2024 ás 12:19 (UTC)Responder

Boas @MAGHOI, non sei exactamente a que te refires, se podes poñerme ligazón onde falamos disto agradeceríacho. Se te refires aos artigos destacados da portada tería que botarlle un ollo e ver como está feito iso en concreto pero en principio non vexo problema, por suposto faría uso dos modelos existentes de artigos destacados. Entendo que foi o que falamos de que xa temos un para cada mes?
Por favor, se me podes refrescar a memoria e poñer os títulos das páxinas que serían afectadas pódoche dar unha resposta máis precisa. Se queres podes poñelo directamente na proposta, xa digo, a priori, debería ser factible. O Breixo (conversa) 17 de xuño de 2024 ás 13:24 (UTC)Responder
Ola, de novo. Si, era do que falaramos no Whas, no sentido de que non hai demasiada participación nas votacións para pór "artigos destacados" na portada. Daquela, comentaramos que igual que as imaxes da portada van rotando automaticamente, tamén se podería facer o mesmo incluíndo os artigos de calidade (aquí) e/ou cos artigos bos (aquí). Xuntando os dous suman 366, co que se atendería todo un ano. MAGHOI (conversa) 17 de xuño de 2024 ás 17:51 (UTC)Responder
@MAGHOI Ok, acabo de botarlle unha ollada para ver como se xeneran os "artigos destacados". Pero si, é factible, precisaría un tempo e algunhas probas para montalo pero pódese facer. O Breixo (conversa) 17 de xuño de 2024 ás 19:44 (UTC)Responder
Grazas. Mañá poño a proposta. MAGHOI (conversa) 17 de xuño de 2024 ás 20:12 (UTC)Responder

categorías

[editar a fonte]

Ola, Breixo! Como vai?

Ao creares novas categorías, lembra enlazalas con outras correspondentes noutras linguas. Por exemplo, veño de ligar Categoría:Palacios de Finlandia con en:Category:Palaces in Finland. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 6 de agosto de 2024 ás 21:24 (UTC)Responder

Boas @Estevoaei, grazas, sempre se me escapa algunha. Saúdos O Breixo (conversa) 6 de agosto de 2024 ás 21:26 (UTC)Responder

(Non dixen nada; tardoume en actualizar a páxina, pero vexo que xa o fixeras ti). Desculpa! --Estevo(aei)fálame aquí 6 de agosto de 2024 ás 21:26 (UTC)Responder

@Estevoaei Nada meu, grazas por estar pendente! O Breixo (conversa) 7 de agosto de 2024 ás 00:58 (UTC)Responder

Discord

[editar a fonte]

Boas, Breixo. Nada. Tenteino de novo, sae unha mensaxe de que todo foi ben pero sigo sen estar autenticado. Misterios da informática... Grazas. Un saúdo --Ifrit.eu (conversa) 11 de agosto de 2024 ás 14:41 (UTC)Responder

Feito! Saúdos! O Breixo (conversa) 11 de agosto de 2024 ás 19:45 (UTC)Responder

Hello

[editar a fonte]

You have messages on Discord —Eihel (conversa) 13 de setembro de 2024 ás 06:48 (UTC)Responder

Categorías

[editar a fonte]

Boas Breixo. Escríbote aquí para non saturar máis do que xa está o debate da taberna. Non sei certamente en que te baseas cando afirmas que "Non sei por que negas a utilidade de wikidata e a de ligar os mesmos conceptos coas demais wikis", primeiro de todo, porque eu en ningún momento falo de Wikidata nin da súa utilidade, é algo que non coñezo e polo tanto non opino máis aló dos problemas que dá ocasionalmente, de feito, defendín a necesidade de empregalo en determinados artigos para mantelos actualizados (datos de poboación de cidades principalmente). Nin sequera me refiro a ligar conceptos iguais coas demais Wikis, o único que indico é que a forma que propós non me soa natural (e non só a min, pregunteille a máis xente antes das miñas últimas mensaxes e falar de "persoas de" ou "xente de" lles soaba estraño). Ti mesmo falas da interpretación que lle das tí á palabra "personalidade", que segundo a RAG (cito literalmente) é "persoa importante pola súa posición social ou nunha determinada actividade", isto non quere dicir que para ser unha personalidade teñas que ter un Nobel, unha patente dun invento revolucionario, nin nada polo estilo, só ter unha certa importancia nun ámbito (se ata concursantes de realities se converteron en personalidades da televisión). Eu non sei se todas as Wikipedias ligan con persoa, porque non sei como se di persoa (nin personalidade) en persa, en zulú, en chinés, en quechua ou en ruso, nin me parece que haxa que darlle prevalencia ás linguas europeas (todos os teus exemplos son de linguas europeas, entendo que porque estás na miña mesma situación e seguramente non falas a maioría das linguas que citei, como é normal), o que digo é que tanto ten que o termo non sexa unha tradución literal se o concepto está claro, e para min está claro, eu son unha persoa da música, pero non unha personalidade da música, e por iso non teño entrada na Wikipedia.

Outro tema é o que dis de que "se queres facer da wikipedia en galego un proxecto único que non dependa e se axude das demais wikis para iso facer unha páxina separada que non estea na wikimedia" non sei tampouco de onde sacas iso. Creo que ter un criterio propio non é en absoluto incompatible con que o proxecto se axude das demais wikis (e de depender de, eu non creo que ningunha wiki dependa doutra, a verdade). Cada lingua e cada comunidade de cada Wikipedia ten a súa idiosincrasia, e en función de todo iso cada wiki decide como facer as cousas, a min non me gusta como fan algunhas cousas na Wikipedia en inglés, por que as vamos ter que facer igual na Galipedia? É que se nos van marcar a liña na Wikipedia en inglés tampouco ten sentido que votemos nada, precisamente hai estes procesos porque somos unha Wikipedia autónoma (como todas as demais), que se axuda do que outras persoas suben noutras linguas ou das imaxes que suben a Commons.

E creo que iso é todo. Un saúdo, Piquito (conversa) 29 de outubro de 2024 ás 19:52 (UTC)Responder

Boas @Piquito, disculpa, as veces tampouco consigo expresarme exactamente como quero, recoñezo que estas conversas acaban un pouco coa miña paciencia de cando en vez. Co de wikidata e co exemplo que fixen do "ser humano" o que quería dicir é que estamos relacionando na wikidata Categoría:Personalidades con unha entrada que non é de Personalidades, existe outra que é a propiamente de Category:Personalities en wikidata (sen moitas ligazóns), polo que se eliximos manter a forma Categoría:Personalidades, para estes casos, estaremos facendo unha relación errónea, a propósito, en wikidata.
En wikidata ás categorías asígnaselles "elementos que definen a categoría" e "elementos que contén a categoría", isto fai unha fórmula lóxica para facer a propia nomenclatura da categoría, se engadimos novos conceptos a pracer porque "nos sona ben", rompemos esta lóxica, e xera problemas no sistema de categorización. Non é un título, non é un texto, no que buscas florituras e que soe ben, é un sistema de categorización. Tiven a oportunidade de traballar anteriormente en cuestións similares e as "etiquetas" ou "categorías" sempre obedecen un código de formulación por ex. persoas + música que é xusto o que fas coas categorías en wikipedia. Isto non só é mellor dende o punto de vista da organización do sistema senón dende punto de vista de uso do usuario á hora de categorizar e buscar polas categorías. Nun título? nun texto? daríache a razón, pero é un sistema de categorización que estamos categorizando mal en wikidata, o sistema de categorización de wikimedia. Non é cuestión de copiar a inglesa porque son máis grandes é cuestión de copiar porque o fan mellor, polo menos na miña opinión.
E unha aperta, parece que coma sempre somos os únicos debatendo. Repito que se algún día queres charlar por voz por Discord ou por onde queiras podiamos aforrar mecanografía e aclarar dúbidas sobre estes temas... Saúdos, O Breixo (conversa) 30 de outubro de 2024 ás 02:08 (UTC)Responder

Categorías

[editar a fonte]

Ola, Breixo! Como vai todo?

Quería pedirche un favor. Como tes boa man para as categorías, anímaste a crear a Categoría:Golpes de Estado? Temos o artigo golpe de Estado e algún outro que entraría nesa categoría, pero non están interrelacionados. Como o ves?

Un saúdo, e graciñas polo teu traballo. --Estevo(aei)fálame aquí 14 de novembro de 2024 ás 10:17 (UTC)Responder

Boas @Estevoaei, xa existe Categoría:Golpes de estado, pero podo botarlle un ollo. Quizais tamén unificar os títulos e poñelos todos con "Estado" en maiúscula. Calquera outra cousa conta comigo. Saúdos, O Breixo (conversa) 15 de novembro de 2024 ás 06:47 (UTC)Responder

Comenencia

[editar a fonte]

Ola, @O Breixo. Quería preguntache por unha comenencia. Hai xa bastante tempo que están marcados para fusionar os modelos batalla e conflito militar. Como ti manexas o tema das linguaxes informáticas, quería animarche a que se tes un ratiño libre mirases de facelo. Amais de quitar os marcadores, gañariamos bastante en coherencia porque hai un monte de artigos que están empregando un ou outro indistintamente. Xa me contas. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 3 de xaneiro de 2025 ás 22:04 (UTC)Responder

Pois si! Polo que vexo a priori "conflito militar" parece máis definitivo non? Quizais deixar Modelo:Batalla e Modelo:Guerra redirixidos a Modelo:Conflito militar para que non exista dúbida? Parece que os dous modelos xa teñen os mesmos apartados agás dividir en mortos e feridos, podo engadir isto en Conflito militar e, en canto poida, actualizar os artigos que liguen co Modelo:Batalla. Agora tamén estou co de automatizar os modelos con wikidata como co Modelo:Automóbil, a ver se podo engadir tamén algo disto. Calquera cousa que se che ocorra que poida engadir cambiar dime. Saúdos! O Breixo (conversa) 5 de xaneiro de 2025 ás 01:58 (UTC)Responder
@MAGHOI O Breixo (conversa) 5 de xaneiro de 2025 ás 01:58 (UTC)Responder
Ola, @O Breixo. Efectivamente, eu ampliaría conflito militar e eliminaría batalla. Saúdos. MAGHOI (conversa) 5 de xaneiro de 2025 ás 18:58 (UTC)Responder

Fusión de modelos

[editar a fonte]

Ola, Breixo! Como vai todo?

Quería darche as grazas polo traballo coa fusión de modelos. Marquei xa para borrar Modelo:Acontecemento militar e Modelo:Batalla, pero aínda quedan catro artigos que empregan Modelo:Campaña militar Fronte oriental. Non o mudei aínda porque non sei se estás a revisar que estea toda a información en Wikidata antes de retirar os modelos vellos.

Coido que nalgún momento sería interesante crear Modelo:Acontecemento (en paralelo á ca:Plantilla:Infotaula esdeveniment), que fose máis polivalente e que servise tanto para Modelo:Conflito militar coma para Modelo:Elección e outros temas para cubrir e que aínda non teñen modelo propio, como accidentes, premios, congresos etc. Imos avanzando! :)

Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 20 de xaneiro de 2025 ás 08:16 (UTC)Responder

Bo día @Estevoaei, os modelos de Campaña militar (Modelo:Campaña militar) como Modelo:Campaña militar Fronte oriental ou Modelo:Campaña militar Segunda guerra mundial son complementarios ao Modelo:Conflito militar, supoño que podemos desfacernos del pero polo momento só arranxei o formato. Como dis teremos que asegurarnos de como está en wikidata... eu mentres deixaríaos. Inda quero darlle máis voltas a conflito militar.
Bótolle un ollo a Modelo:Acontecemento entón; tamén quería darlle unha volta a Modelo:Pobo para facelo máis polivalente, para artigos como hérulos ou suevos.
Saúdos! O Breixo (conversa) 20 de xaneiro de 2025 ás 08:39 (UTC)Responder

Batalla de Porto de Bois

[editar a fonte]

Ola, Breixo! Como vai todo?

Anímaste a botarlle un ollo ao artigo da batalla de Porto de Bois? Enlaceino xa ao elemento en Wikidata (d:Q130682761) que creaches hai uns meses. Respecto á bibliografía, só atopei o artigo "A Batalla de Porto de Bois: un episodio galego do século XIV" de Carlos Platero Fernández (Boletín do Centro de Estudos Melidenses nº 3, xuño 1985). Graciñas pola túa colaboración no proxecto! --Estevo(aei)fálame aquí 24 de xaneiro de 2025 ás 08:17 (UTC)Responder

Batalla do Campo da Matanza

[editar a fonte]

Ola, Breixo! Como vai?

Non sei se viches a polémica xurdida a raíz da batalla do Campo da Matanza. Non atopei moita información sobre ela, pero pareceume interesante este post. Anímaste a facerlle artigo?

Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 18 de febreiro de 2025 ás 13:02 (UTC)Responder

Si! O Breixo (conversa) 18 de febreiro de 2025 ás 13:05 (UTC)Responder

Artigos da portada

[editar a fonte]

Ola, @O Breixo. Tempo atrás estiveramos falando sobre a posibilidade de automatizar os cambios de artigos da portada e quedara pendente ver se era posible tecnicamente. Quería saber como está o tema porque este mes o cambio foi un pouco forzado e non Whats do grupo se volveu facer referencia a iso para facer unha proposta á comunidade. Vin que lle estás dando duramente ao modelos e que che leva bastante tempo, porén, gustaríame saber se ves que é factible o automatismo para poder crear a proposta. Saúdos. MAGHOI (conversa) 1 de marzo de 2025 ás 12:11 (UTC)Responder

Boas @MAGHOI, como comentei na Taberna, xa leva funcionando un tempo:
Xa lle comentara a @Piquito que pode editar a lista a pracer.
O único que quedaría e incluír a imaxe, existen dúas opcións:
  • Incluír a imaxe co modelo extracto que quedaría tal e como está en Portal:Arte
  • Incluír a imaxe manualmente na lista, e que se vexa idéntico a como está agora, pero cun pouco máis de esforzo.
Por min a proposta pode ir adiante. O Breixo (conversa) 5 de marzo de 2025 ás 13:43 (UTC)Responder
Ola, de novo. Estiven vendo o que indicabas na mensaxe anterior e hai un par de cousas para te consultares:
  • No segundo punto, "modelo en funcionamento: Usuario:O Breixo/Probas 4 dentro de "proba modelo portada"; os dous parágrafos que aparecen "Proba modelo portada" e "Proba modelo portada con imaxe" son idénticos, non teñen imaxe.
  • Sobre o de incluír a imaxe, a min gústame máis como está na portada actual porque a imaxe se incrusta no texto e, sobre todo, para non ferir suspicacias polos cambios. Se dá máis traballo e che podo botar unha man, fareino con gusto.
En canto á proposta, pensaba facer un pequeno preámbulo explicando o motivo (que nos dá traballo, e en varais ocasión houbo que repetir portada co artigo destacado por falta de votos) e despois indicaría os items que fixáramos nas conversas anteriores, que serían estes:
1.- Que os artigos destacados se colocarán a partir da lista [elaborada por Piquito], de entre os artigos de calidade e os bos.
2.- Periodicidade: semanal.
3.- Cando se vote un novo artigo de calidade ou bo, pasará ao final da lista.
4.- Que, excepcionalmente, se poderá interromper a lista establecida por unha cuestión de actualidade; e unha vez, pasada esta, se retomará a orde anterior da lista.
Se estás de acordo, coloco a proposta a principios de semana. Saúdos. MAGHOI (conversa) 7 de marzo de 2025 ás 19:45 (UTC)Responder
@MAGHOI Si, ás veces se non hai unha imaxe incluída manualmente no modelo non mostra imaxe. Paréceme ben incluír a imaxe manualmente, en canto poida póñome con isto. En canto aos puntos:
1. A lista está preparada para ser editada. En canto faga o das imaxes haberá que incluílas manualmente á lista e estará lista. OK
2. OK
3. A lista xa está "completa" (ten tódolos elementos cubertos), o que habería que facer coas novas entradas é unha nova pro ano seguinte. Agora hai unha cantidade de entradas = semanas nun ano. Polo que novas entradas terán que ser incluídas nunha nova lista que se substituiría ao final de ano. Senón a lista comeza de novo. Igual que coas imaxes. OK
4. Poderase editar a lista en calquera momento, se se cambia o elemento do nº de semana actual, o elemento cambiará en tempo real. OK
Saúdos! O Breixo (conversa) 7 de marzo de 2025 ás 19:59 (UTC)Responder
@MAGHOI Modelo coa imaxe funcionando e lista actualizada coas imaxes, aquí. O Breixo (conversa) 9 de marzo de 2025 ás 19:33 (UTC)Responder
Ola, de novo, @O Breixo, mando mención tamén a @Piquito para analizar o seguinte paso da proposta que puxera na Taberna. Nestes momentos, está cuberto o artigo destacado para o vindeiro mes de abril e, coido, que habería que ir pensando en que facer. A proposta despois de case un mes ten, polo de agora, 5 votos a prol dela e, previsiblemente, xa quedou tapada por outras cousas. Daquela cómpre decidir que facemos. A miña opinión é a de seguir adiante coa idea e poñela a funcionar para o mes de maio. Se ben 5 votos non son demasiados, é o que se estima como mínimo para calquera outra votación e tampouco ten votos en contra. Coido que os beneficios que tiramos son moitos e eliminariamos unha certa carga de traballo. Polo tanto, a resultas do que opinedes vo-los dous, eu sería partidario de coller a lista de Piquito (aínda estando incompleta) e completaría, polo menos, o que queda de ano. Así habería tempo para rematala e completar os anos seguintes.
Quedo a espera das vosas opinións. Saúdos. MAGHOI (conversa) 28 de marzo de 2025 ás 10:51 (UTC)Responder
@MAGHOI A lista Módulo:Ligazón da semana/lista está completada con 52 elementos, semanas nun ano. Como comentei na proposta, pódense facer varias listas. Pero esta xa ten os 52 elementos coas suas imaxes, sacados da lista orixinal de Piquito. Se @Piquito quere modificala está aí preparada dende vai tempo.
En canto a poñelo en marcha persoalmente estou a favor de facelo canto antes. Cada vez que penso nisto dáme ganas de facer unha nova proposta integral de Portada e montar o mesmo sistema para Sobre Galicia tamén. :D
Saúdos! O Breixo (conversa) 28 de marzo de 2025 ás 13:47 (UTC)Responder
@O Breixo, pois por mín, esperando ao que diga @Piquito, a partir de maio que funcione. MAGHOI (conversa) 28 de marzo de 2025 ás 21:30 (UTC)Responder

┌────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────┘ MAGHOI e O Breixo, modifiquei a lista pero aínda non está para todo o que queda de ano, non sei se así pode poñerse a andar e ir engadindo. Rematarei a lista nos próximos días, polo menos para acabar este ano (polo momento hai artigos para chegar a novembro aproximadamente). Unha cousa que hai que decidir é se o primeiro artigo da lista aparece o 28 de abril, o 5 de maio, ou o 1 de maio (na miña opinión mellor calquera das dúas primeiras opcións, aínda que haxa que deixar máis ou menos tempo o artigo de abril, que eu o deixaría ata o 4 de maio). Tentei ir mesturando temáticas e artigos bos e de calidade de xeito aleatorio, procurando tamén que non queden dúas biografías seguidas ou con dúas semanas polo medio. Sobre o comentado polo Breixo, eu non vexo viable este sistema para a sección "Sobre Galicia", precisamos moitos máis artigos, e sobre todo máis variedade de temáticas (demasiadas personalidades da literatura, pouca xeografía, historia, artes visuais...). Saúdos, Piquito (conversa) 29 de marzo de 2025 ás 20:00 (UTC)Responder

[editar a fonte]

Hello @O Breixo and sorry for posting in English.

I'm writing here, because you're an interface admin on this wiki. My team is currently working on some improvements regarding references and footnotes and we realized, that there's a custom version of MediaWiki:Cite_reference_link on your project.

Recently we updated that message in the code. Due to the override on the wiki these updates are not applied here. Since your local version does not add any special formatting it would be best to delete the page, so that the new version can be applied automatically.

Thank you and feel free to reach out if you have questions or need help.

Christoph Jauera (WMDE) (conversa) 21 de marzo de 2025 ás 10:45 (UTC)Responder

Hello @Christoph Jauera (WMDE)
Ok, will do! Thanks for your work!
O Breixo (conversa) 21 de marzo de 2025 ás 13:19 (UTC)Responder

Artigos da portada

[editar a fonte]

Boas Breixo. Unha cousa sobre a lista dos artigos da portada. Sería posible que a lista comezara co primeiro artigo que puxen na lista (Manuel de Falla)? Quería facer unha única lista (se é posibe) para que non dea máis traballo e que simplemente vaiamos curtando os artigos do ano presente e pegándoa ao final da lista (cun espazo para ir metendo artigos novos, ou algún tipo de marca), e se os artigos comezan na metade da lista vai facer máis complicada a cousa. Saúdos, Piquito (conversa) 29 de marzo de 2025 ás 22:53 (UTC)Responder

Boas @Piquito, xa comentei nos comentarios da proposta de @MAGHOI que o artigo da lista que se selecciona para ser visualizado decídese automaticamente en función do nº de semana deste ano. É dicir: se estamos na semana nº 5 deste ano, escollerase o 5º elemento da lista (se quitamos as 3 primeiras liñas que non teñen artigo o número 5 sería a liña 8). O módulo non funciona rexistrando o tempo que vai pasando, funciona só collendo o nº de semana actual.
Tendo isto en conta, a única maneira de escoller que artigo se mostra manualmente é poñéndoo, manualmente, na posición da lista pertinente. E si, se aplicamos agora o modelo, os artigos que estean antes da semana na que se poña non se verán, a non ser que poñamos a mesma lista o ano que ven.
Facer a lista máis grande do que semanas ten un ano tamén é inútil xa que nunca se verán.

O que propuxen na proposta de Maghoi, é facer cos artigos destacados, todas as listas que poidamos con contido para un ano. Ordenadas ao teu gusto, sen conceptos similares repetidos. Se temos, ponlle 180 artigos, teríamos 180/52(nº de semanas nun ano) listas. E estas listas poderíamos ilas cambiando ao final do ano. Se se nos esquece cambiala por uns días o único que pasaría e que a que temos volvería a empezar, xa que volvería a rexistrar que estamos na semana 1, tal como fai a lista de imaxes destacadas. Podemos facer unha páxina que ligue con todas as listas, similar a páxina das imaxes destacadas.
É por isto que tamén vexo viable facer o apartado de Sobre Galicia, polo menos teremos para unha lista dun ano ou?

O que comentaches hoxe antes das datas non funciona así de base, non se pode decidir que día ocorren as cousas. Só se rexistra a través do nº de semana de este ano. Se se quere poñer un artigo un día en concreto, habería que ver en que semana estamos e substituír o elemento desa semana temporalmente na lista. Se alguén quere ler máis sobre o funcionamento técnico desta lóxica pode ler aquí no apartado #time.

Estou aprendendo moito cos modelos etc, quizais no futuro atope unha mellor maneira de facer isto pero polo momento é o único xeito que se me ocorre. Saúdos, O Breixo (conversa) 29 de marzo de 2025 ás 23:37 (UTC)Responder
Ola O Breixo! A lista xa ten artigos suficientes como para acabar o ano e para varias semanas do ano que vén. Ao principio da lista deixei 18 semanas en branco (as que levaremos de ano. O primeiro artigo da lista será o destacado deste mes, xa que maio comeza no medio da semana e habería un vacío, de todos xeitos aínda que o artigo non é de calidade está agora mesmo en votación e se saca dous votos máis poderá quedar definitivamente na lista (se non os consegue haberá que lembrarse de sacola. Seguirei traballando na lista para ordenar todos os artigos que xa temos, logo, cando remate cada ano simplemente haberá que curtar a lista de todo o ano e pasala ao final de todo, deste xeito teremos unha única lista e será doado manexala. Poderás poñer a andar o fedello a semana que venha? Piquito (conversa) 24 de abril de 2025 ás 18:30 (UTC)Responder
@Piquito Pois si, a verdade é que non se me ocorrera isto, podemos ter a lista de máis de 52, e ir ordenando ao gusto segundo os anos. A priori penso que non hai problema. Por certo, hoxe estamos na semana 17 de este ano, polo que se queredes aplicar isto a semana que ven, teríamos que ter tamén ligazón ao artigo na liña 21 da lista, é dicir, a semana 18.

@MAGHOI O resumo xérase automaticamente en función da ligazón ao artigo co Modelo:Extracto, polo que non hai necesidade de incluír manualmente o resumo do artigo.

Repito que podedes ver como está a funcionar en tempo real aquí. Como non hai artigo para esta semana non aparece nada, pero podedes facer probas incluíndo na liña correspondente a semana actual e vendo como se ve, por exemplo, para comprobar o tema da Catedral de Urgell.
En canto deades luz verde é copiar o código que aparece nesa sección na portada.

Saúdos, O Breixo (conversa) 25 de abril de 2025 ás 13:37 (UTC)Responder
Entendido. Pois canto antes, mellor. Grazas, de novo. MAGHOI (conversa) 25 de abril de 2025 ás 20:07 (UTC)Responder
@MAGHOI Ok, en canto @Piquito complete a lista e teñamos para esta semana ou a seguinte, e se vexa correctamente na páxina de probas aplícoo á portada. Piquito por favor avísame cando completes iso e xa me poño.

Saúdos, O Breixo (conversa) 26 de abril de 2025 ás 14:44 (UTC)Responder

┌────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────┘Ola O Breixo, a lista pode poñerse a funcionar xa esta semana, hai artigos para acabar o ano, non vexo motivos para esperar a ordenar todos os artigos, os que quedan poden ir ordenándose aos poucos. O que si creo é que habería que avisar á comunidade de que se vai aplicar isto, porque vin que se fixeron propostas estes días. Tamén penso que hai que pensar que facer coas dúas propostas que hai a día de hoxe, se as anulamos ou comezamos dous meses máis tarde, ou se esperamos a ver se non reciben votos... persoalmente considero que habería que falar coas persoas que abriron a votación para ver se queren esperar a ver se saen elixidos ou se optan por retirar as votacións. Saúdos, Piquito (conversa) 28 de abril de 2025 ás 19:06 (UTC)Responder

@Piquito Non entendo moi ben o que comentas das propostas, se ter refires as propostas de artigos destacados, se saen elixidos, sempre podemos engadilos ao final da lista non? Toda a temporalidade dos artigos destacados cambia con este sistema.
En canto o de avisar, poño unha mensaxe de que o apliquei na proposta de @MAGHOI?
Saúdos, O Breixo (conversa) 29 de abril de 2025 ás 17:30 (UTC)Responder
Breixo, refírome ás dúas votacións que hai en Wikipedia:Artigo destacado/Votacións, se este sistema se pon en marcha hai que suprimir esas votacións porque os artigos destacados se tomarán da lista dos artigos de calidade e bos (non olvidemos que esta opción se adoptou para eliminar votacións). Hai que decidir que se fai con esas dúas votacións, se se eliminan ou se apraza a posta en marcha deste sistema (habería que falar coas persoas que fixeron as propostas). Creo tamén que o cambio se debería anunciar á comunidade, obviamente se a xente está a propoñer artigos é porque non sabe que xa non é preciso facelo, non sei se MAGHOI pechou a votación que se abriu na taberna ou se se avisou á comunidade sobre a discusión do proceso. Se cadra a opción correcta é aprazar todo isto e informar ben á comunidade, indicando prazos para a posta en marcha do fedello (ou mesmo poñer prazo á votación)... Eu poría a andar xa mesmo este sistema, pero esas votacións están aí, se os artigos saen elixidos deberán estar un mes porque é o tempo establecido e para iso os votou a xente, creo que non fixemos as cousas do mellor xeito. Saúdos, Piquito (conversa) 29 de abril de 2025 ás 21:12 (UTC)Responder
Boas, @Piquito. Eu o poría a andar o máis axiña posible. Na proposta, houbo a participación que houbo e penso, como xa dixen, que se pode dar por aprobada. En canto ás propostas existentes, a que eu propuxera non saíu e a fixera, porque non había nada para o mes de maio. Xa a actual portada, foi algo forzada. Polo tanto, por min, que comece xa. En canto á proposta de HdH, aínda está aberta a votación. De saír aprobada, como se indicaba na proposta, pasa a incorporarse ao final da lista. En todo caso, se lle pode preguntar se ten moito interese en que apareza axiña pero, coido que, tamén era para ter portada para o mes de maio.
Sobre a información á comunidade, pódese facer a través dunha mensaxe no apartado correspondente da taberna. Pero, repito, este tema consúmenos moitas enerxías, e habería que poñelo a funcionar rápido. Saúdos. MAGHOI (conversa) 30 de abril de 2025 ás 10:01 (UTC)Responder
@Piquito @MAGHOI Ok, pois póñoo en marcha esta tarde, notificarei pola taberna ao facelo. Saúdos! O Breixo (conversa) 30 de abril de 2025 ás 15:49 (UTC)Responder
@MAGHOI @Piquito OK Feito! Tiven que facer un modelo novo para que, segundo está feita a portada, tivera o mesmo deseño de títulos e ligazóns etc. Espero que non de problemas, pero por se acaso hai que estar atentos os primeiros días pra ver se se actualiza todo ben etc.
As ligazóns inferiores seguen ligando as páxinas de Wikipedia:Artigo destacado e Wikipedia:Artigos de calidade. Entendo que podemos cambialos a Wikipedia:Artigos de calidade e Wikipedia:Artigos bos ? Actualizo en función do que me digades.
Outra cousa que cambiei foi centrar os títulos na banda azul que estaban descentrados, pegados ao borde inferior. Tamén cambiei a imaxe ao lado dereito por preferencias persoais, inda que se alguén se opón podo cambialo; onde me parece peor isto é na sección "Tal día coma hoxe no ano..." que fai que ás veces as datas non estean aliñadas.
Enamáis, calquera cousa dicídeme! Saúdos, O Breixo (conversa) 30 de abril de 2025 ás 16:52 (UTC)Responder
Entendo que o artigo de Manuel de Falla xa é o do novo sistema. Se é así, PERFECTO. E sí, xa non ten xeito manter o de outros artigos destacados; mellor bos e de calidade. PARABÉNS enormes. MAGHOI (conversa) 30 de abril de 2025 ás 18:04 (UTC)Responder

Re:Modelo:Revista ou Modelo:Obra

[editar a fonte]

Desculpa. Descoñecía ese novo modelo. Xa revirto os cambios. Bo traballo. Saúdos. Xas (conversa) 31 de marzo de 2025 ás 08:23 (UTC)Responder

@Xas Grazas! Saúdos, O Breixo (conversa) 31 de marzo de 2025 ás 11:16 (UTC)Responder

Modelo:Obra

[editar a fonte]

Boas @O Breixo, parabéns polo traballo que fixeches nos novos modelos. Teño dúas peticións pequenas para mellorar o modelo:obra. A primeira, se é posible, engadir a clasificación dos videoxogos tal como aparece agora no vello modelo:videoxogo, e que inclúe as iconas de PEGI, CERO, USK... A segunda é, que no caso dos filmes, tamén inclúa o parámetro póster do filme de wikidata (Property:P3383), agora recolle logo e imaxe, mais non este. Ben sei que non son moitos os filmes que teñen o póster dispoñible en commons, pero desta maneira penso que estará máis completo. Moitas grazas e saúdos. Breogan2008 (conversa) 13 de abril de 2025 ás 13:43 (UTC)Responder

@Breogan2008 Por suposto! A cuestión é que non sei se engadir os videoxogos no Modelo:Produto e engadir ai o PEGI, pero supoño que ten máis sentido que estean co Modelo:Obra. En canto o do póster engadireino o antes posible.
Calquera outro parámetro que vexas que falte, propostas para reorganizar a orde dos parámetros ou erros en calquera dos modelos faimo saber por favor.
Normalmente eu a medida que vou aplicando os modelos vou ampliando os parámetros, polo que inda quero facer un traballo final de reorganización, quizais mellorar o tema das listas ocultas para que só aparezan cando hai moitos elementos e repasar as subpropiedades que aparecen nas listas.
Pouco a pouco. Saúdos, O Breixo (conversa) 13 de abril de 2025 ás 20:43 (UTC)Responder
Por suposto, eu coido que está máis acaído no modelo:Obra. Calquera cousa que vexa fareicho saber. Graciñas meu. Breogan2008 (conversa) 13 de abril de 2025 ás 20:47 (UTC)Responder

V milenio a. C.

[editar a fonte]

Boas, o artigo V milenio a. C., que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 20 de abril de 2025 ás 18:14 (UTC)Responder

@HombreDHojalata Si.. intentarei amplialo no futuro, agora estoulle dando o tempo aos modelos. A razón pola que o fixen foi organizar e ligar artigos. Penso que é interesante contar con estes artigos inda que sexan curtos xa que axudan a ter ligados artigos que mencionen X data. Por exemplo, podo ir a V milenio a. C. e facer clic en "páxinas que ligan con esta" e ver artigos que mencionan V milenio a. C., inda que non estean categorizados.
Pero si, en canto teña un oco, intentarei completalo. Saúdos, O Breixo (conversa) 20 de abril de 2025 ás 19:29 (UTC)Responder

Lista para artigos destacados

[editar a fonte]

Ola, @O Breixo, como vai todo? Vexo que lle estás dando moi duro ao tema dos modelos (enormes grazas por certo, porque se gaña moito en vistosidade), pero che quería preguntar sobre o tema da lista dos "Artigos destacados". Díxome Piquito que xa hai lista de artigos para ano e medio. Daquela, se non entendín mal, quedaría encher cada un dos artigos con ese pequeno resumo que sairía na portada, non? Se fose así, se fas o primeiro de exemplo, vou completando o resto, para podelo colocar o máis cedo posible. Saúdos. MAGHOI (conversa) 24 de abril de 2025 ás 19:01 (UTC)Responder

problema modelo concepto

[editar a fonte]

Boas @O Breixo, son o Andrés, hai un problema grande co modelo concepto, polo menos no meu ámbito de matemáticas .

  • Dá información falsa
  • Dá información non útil
  • Nos móviles aparece case arriba de todo quitando sitio á información útil
  • Dá información duplicada

como exemplo do desastre grande está "unidade imaxinaria":

1.ese modelo nun móvil despraza todo para abaixo e dificulta ver a info interesante.

2. "oposto a" debería ser "inverso aditivo", a maiores de non dar info útil

3. fórmula: oculta, duplicada. Hai moitas fórmulas, a maioría preferiríamos i = sqrt(-1) e con explicación.

4. que significado matemático ten valor numérico "1 unidade imaxinaria"? unidade imaxinaria = 1 unidade imaxinaria?

5. non confundir con "unidade complexa"? (polo visto aparece só en dous idiomas checo e eslovaco, polo tanto será un concepto do seu ensino que aquí só pode provocar confusión) (un exemplo bon de non confundir serían as páxinas "produto exterior" e "produto externo" pero os casos son escasos, así que ese valor non encaixa nunha caixa xenérica)

6. o resto de info é igualmente problemática

repasei outras e tamén están mal: "combinatoria", "teoría da probabilidade", "vector"

tamén vin mal noutras ciencias fóra das matemáticas como "Ampere".

Entrando no móvil a páxinas con esa info xa entran ganas de saír delas inmediatamente. Dá unha imaxe das matemáticas en galego moi negativo. Destrúe todo o traballo para que as páxinas sexan útiles, teñan información veraz e atractiva.

Habería algo super útil que marcaría unha diferenza entre as páxinas en galego de matemáticas en relación a outras linguas:

meter exemplos prácticos, teñen unha utilidade altísima e escasean en todas as línguas. Evidentemente eu por falta de tempo non son capaz de facelo, poucas veces o dou conseguido, abondo me chega con meter a info básica das múltiples páxinas que faltan.

Se entendes que esa ferramenta pode ser útil nalgún momento propoño o seguinte:

  1. non metelo directamente nas páxinas sen revisar que "toda" a info que mostra é verdadeira e útil.
  2. poñelo ao final da páxina, ao igual que outros modelos como por exemplo o modelo "xeometría plana"
  3. en calquera caso na miña opinión é unha ferramenta moito perigosa porque aínda que se consiga mellorar vai haber quen meta o modelo sen revisar por ser cómodo e con iso destrague unha páxina. Vai dar moito traballo estar revisando constamente que ninguén meteu un modelo non revisado en tódalas páxinas de matemáticas. De feito coas ferramentas das que eu dispoño é imposíbel.

atentamente

Andresv.63 (conversa) 1 de maio de 2025 ás 09:01 (UTC)Responder

Boas @Andresv.63.
Dá información falsa Tódolos modelos que estou facendo recollen a información de Wikidata, igual que Wikipedia Wikidata é aberta e todo o mundo pode editar, se a información é falsa podes darlle ao pequeno icono de lapis e editar cada propiedade na propia Wikidata.
Dá información non útil e Dá información duplicada Penso que o modelo non colle o mesmo parámetro dúas veces, se hai información duplicada, ou ben é que hai dous parámetros diferentes co mesmo resultado ou simplemente que está mal posto na Wikidata. En canto a utilidade penso que subxectiva, eu considero básico por exemplo que poña "instancia de" cando outra persoa quizais só busque o "símbolo da unidade".
Móbiles Practicamente tódolos artigos da Wikipedia teñen modelo ao comezo do artigo, as versións móbiles son limitadas por definición, non só en canto a visualización dos modelos, senón que tamén das táboas, galerías, etc Isto non compete a ninguén senón aos que programan a Wikipedia en versión móbil, non imos limitar o contido por isto. Se imos mirar como se visualizan as páxinas na versión móbil non acabaríamos nunca e só teríamos texto nos artigos, e o que comentas acontece con tódolos modelos.
--
Unidade imaxinaria
1. Tódolos modelos de ficha fan isto.
2. Na Wikidata as propiedades recíclanse para facelas o máis multi-uso posibles, "oposto a" é unha propiedade que inclúe "inverse, opposite, is the opposite of, inverse of, contrasted to, contrast of, is opposite of, opposite to, has opposite" que deberiamos traducir ao galego na Wikidata tamén. Dito isto, na entrada de Wikidata de "unidade imaxinaria" podemos ver que en "oposto a" aparece unha variable de "criterio empregado" -> inverso aditivo, inverso multiplicativo; e despois a propiedade "inverso matemático". Intentarei incluír isto no modelo en canto poida para que se vexa correctamente.
3. Que a fórmula apareza de primeiras oculta é porque normalmente son fórmulas de grande tamaño que estragarían a caixa. De todos modos estou traballando para mostrar diferentes propiedades cando son pequenas e ocultalas cando ocupan moito, a ver se podo facer o mesmo para este caso. En canto ao tipo de fórmula que che parece mellor que estea, volvo a dicir o mesmo, hai que editalo na Wikidata.
4. Si, isto é o xeito que usa a día de hoxe Wikidata para mostrar o valor numérico de cada propiedade, non todos os conceptos son unidades, pero a priori supoño que a intención de quen puxo isto en Wikidata era mostrar ou exemplificar a notación de unidade imaxinaria, por redundante que sexa.
5. Si, estos casos inclúen tamén os doutras linguas, estou traballando para que só recolla os que están en galego. Isto é cuestión de tempo, e pásalles ao resto de modelos.
6. Que info? Eu en combinatoria, teoría da probabilidade e vector non vexo nada problemático, o modelo engade unha imaxe, unha definición básica de que é (cousa que vexo moi importante nunha enciclopedia) e despois información dos distintos parámetros. En ampere o tema do símbolo da unidade tamén estou traballando para que só apareza o da nosa lingua.
--
Eu non estou dacordo en que os modelos dean unha visión negativa da Wikipedia, máis ben todo o contrario, ao incluír os datos da Wikidata, non só estamos a internacionalizar a toma de decisións sobre os parámetros básicos de cada artigo, senón que cambiamos por completo a apariencia do artigo e aumentamos a navegabilidade da Wikipedia ao ligar con artigos básicos que as veces nin están mencionados no artigo.
En canto ao que comentas de meter exemplos prácticos, penso que non cadra dentro dos modelos, pero a priori penso que podería ser interesante no corpo dos artigos.
--
Aplicación do modelo
1. A info que mostra o modelo é cambiante, porque é en función da Wikidata, polo que isto non ten sentido. Igual que hai artigos de Wikipedia publicados sen comprobar, haberá datos na Wikidata sen comprobar tampouco. Non incluír o modelo porque unha propiedade estea mal non ten sentido, o que ten sentido é cambiar en Wikidata o que estea mal, para que apareza correctamente no modelo. É aquí o beneficio deste modelo: edítase na Wikidata en tempo real.
2. Non estou dacordo en poñelo ao final da páxina, igual que non estou dacordo en facelo co resto de modelos destas características.
3. É imposible facer mantemento de todo o que acontece na Wikipedia, pero precisamente este modelo axuda a este propósito. Teño corrixido, linkeado artigos e solucionado ligazóns de Wikidata grazas a que o modelo ensínache este tipo de erros claramente ao aplicalo.
--
Resumo
Estou a aplicar o tema da Wikidata nos modelos polas infinitas ventaxas que isto supón, pero por suposto vai levar tempo e precisarase toda a axuda posible para traducir e corrixir Wikidata, que igual que a Wikipedia é un traballo infinito.
O modelo:Concepto, como puxen na súa descrición, é un modelo polivalente cando non existe un modelo máis específico. Precisamente o que fai é coller os parámetros de Wikidata de carácter máis xeral e poñelos no artigo, cun formato e colocación acorde ao resto de modelos de ficha da Wikipedia. Se algún destes parámetros non é correcto, ou falta información, haberá que editalo na Wikidata, non botarlle a culpa ao modelo.
Dito isto, estou traballando aínda nel, polo que hai problemas que aínda non corrixín e cousas que inda non incluín. Máis que cuestionarnos a existencia do modelo, que penso xa é unha parte íntegra da maior parte dos artigos de Wikipedia, penso que sería interesante puntualizar cales son os erros (do modelo, non do contido de Wikidata que podes editar facilmente) e intentar solucionalos, ademais de localizar que é o que falta para poder incluílo.
Saúdos, O Breixo (conversa) 1 de maio de 2025 ás 16:17 (UTC)Responder
@Andresv.63 Acabo de ver que se utilizas a aplicación móbil de Wikipedia o modelo aparece dentro dunha pestana expansible compacta, non ocupa apenas unha liña. Recomendo usar a aplicación oficial. O Breixo (conversa) 1 de maio de 2025 ás 16:56 (UTC)Responder
Boas @O Breixo, estou intentado pensar algo para ver se consigo que entendas o problema para a lingua galega dese modelo para matemáticas tal e como está. De momento subinche outro exemplo na conversa no número pi.
Penso que ao final me entenderás porque con todas as horas que lle dedicaches á galipedia tens que ter en moito aprecio a nosa lingua.
atentamente
Andresv.63 (conversa) 2 de maio de 2025 ás 16:13 (UTC)Responder

Categoría con problemas

[editar a fonte]

Ola, @O Breixo. Cando poidas bótalle unha ollada a Categoría:-504 porque dá erros na páxina do artigo. Coido que no modelo sobran parénteses pero non pe atrevo a toca-lo modelo non vaia ser... Graciñas. MAGHOI (conversa) 7 de maio de 2025 ás 15:45 (UTC)Responder

@MAGHOI Parece un problema común a todas as datas a. C. Penso que o modelo non está preparado para datas negativas. Boto un ollo a ver se podo facer algo O Breixo (conversa) 7 de maio de 2025 ás 20:58 (UTC)Responder
Coma sempre, grazas. MAGHOI (conversa) 8 de maio de 2025 ás 11:51 (UTC)Responder

O problema non está en {{Páxina aleatoria en categoría}}. Elimineino de {{Categoría dun ano}} e o problema persiste. Restauro o código de {{Páxina aleatoria en categoría}}. --. HombreDHojalata.conversa 9 de maio de 2025 ás 10:37 (UTC)Responder

@HombreDHojalata @MAGHOI OK Solucionado! O Breixo (conversa) 9 de maio de 2025 ás 12:32 (UTC)Responder
Grazas. MAGHOI (conversa) 9 de maio de 2025 ás 15:49 (UTC)Responder

Miguel Primo de Rivera

[editar a fonte]

Moi boas. Traigo outra comenencia. No artigo Miguel Primo de Rivera, no modelo biografía atopei un par de problemiñas. No apartado "Carreira Militar"", aparece duplicado "Capitán Xeneral", porque tamén aparece duplicado en wikidata; e, un pouquiño máis abaixo, en "conflito", aparece ""Guerra do Rif" e, entre paréntese, Matt Groenig. E isto é absurdo. Será algunha propiedadde agochada por aí? Saúdos. MAGHOI (conversa) 13 de maio de 2025 ás 20:38 (UTC)Responder

Boas @MAGHOI, o primeiro "Capitán xeneral" fai referencia ao "Capitán Xeneral", título militar español, o segundo "Capitán xeneral" fai referencia a o concepto xeral de "capitán xeneral", e o terceiro "xeneral" o concepto xeral. Primeiro, na miña opinión, deberían estar escritos: "Capitán Xeneral", "capitán xeneral" e "xeneral". E só debería estar incluído "Capitán Xeneral" e quizais buscar "Xeneral" xa que sería Xeneral antes ca Capitán Xeneral, aí xa entra poñer datas. En canto ao de Matt Groening parece ser un claro vandalismo, xa o corrixín tamén. Todo isto debe ser corrixido na Wikidata.
Saúdos! O Breixo (conversa) 13 de maio de 2025 ás 20:49 (UTC)Responder

Declaración Balfour

[editar a fonte]

Ola, compi. No artigo Declaración Balfour, no modelo Acontecemento, no apartado "Epónimo", aparece repetido o nome de Arthur Balfour. Cando poidas, bótaslle un ollo? Graziñas. MAGHOI (conversa) 7 de xuño de 2025 ás 16:08 (UTC)Responder

Boas @MAGHOI, estaba repetido na wikidata, eliminei un deles que só citaba o artigo da Wiki en inglés. Saúdos! O Breixo (conversa) 7 de xuño de 2025 ás 16:14 (UTC)Responder
Grazas, @O Breixo. Fun parvo, porque non se me ocorreu mirar en WD. Saúdos. MAGHOI (conversa) 7 de xuño de 2025 ás 19:25 (UTC)Responder

Modelos que toman datos de Wikidata

[editar a fonte]

Ola Breixo! Vin que na ópera O Mariscal mudaches o modelo "ópera" polo modelo "obra" que toma os datos de Wikidata. Se ben considero que para certos artigos é unha vantaxe que se tomen os datos de Wikidata (por exemplo en artigos de países, cidades...) hai outros nos que non o considero unha vantaxe, como neste caso, no que non se vai producir ningunha mudanza na información do modelo, honestamente creo que todos estes modelos (ópera, ballet -que parece que foi borrado-, filme...) poderían manterse perfectamente. Na miña opinión hai un problema importante con Wikidata, e é que moitas veces teño visto campos con dúas datas distintas (por exemplo), con información incorrecta, e outras eivas, co cal se nalgún momento alguén muda un dato en Wikidata un dato que non é correcto non nos imos enterar, e se collemos os datos de todas as caixas de todos os artigos dese sitio imos ter un problema grande porque non podemos periodicamente vixiar se alguén muda algo en Wikidata, pero se alguén o fai aquí é moito máis sinxelo. E non digo nada do tema dos artigos xeográficos que mudan constantemente e que é imposible actualizar de xeito manual, pero canto menos os artigos que non mudan penso que deberían quedar co modelo propio e engadir os datos manualmente e non tomalos de Wikidata. Un saúdo, Piquito (conversa) 21 de xuño de 2025 ás 14:45 (UTC)Responder

@Piquito Non estou dacordo, síntoo. Xa teño discutido isto anteriormente, levo engadido centos de datos en Wikidata. Se ti non ves importante Wikidata non é o caso nin de Wikimedia nin penso que da maioría dos que estamos aquí. Estes modelos aforran moita cantidade tempo a hora de facer un artigo, e fai que sexa editable/constrastable por unha comunidade máis ampla ca galega. Despois de engadir estes modelos en centos de artigos (tamén de obras artísticas) aseguroche que a cantidade/importancia da información é mellorada sempre, e no caso de non ter info na Wikidata (normalmente artigos que non hai no resto de wikis) hai que incluír, e inclúo, manualmente a información. Se algo está mal ou duplicado en Wikidata, igual que na Wikipedia, hai que corrixilo para que estea ben. Se o que che preocupa é que cambien as cousas en Wikidata e que cambien no modelo, penso que así é a Wikipedia, non facemos artigos para que non sexan editados/editables, máis ben o contrario, facemos que sexa o máis fácil posible editar, corrixir e ampliar a información; ademais podes facer que a lista de vixilancia colla os cambios relacionados de Wikidata para estar pendente dos cambios dos artigos que che interesen, igual que en Wikipedia.
Non entendo exactamente ao que te refires con artigos que non mudan, penso que todos os artigos son ampliables e contrastables, téñome atopado moitas barbaridades tamén en modelos manuais (que ata que pase un "editor galego" que se de conta non será cambiado xamais) unha cousa non quita a outra. Sinceramente, penso que se estás en desacordo coas vantaxes que ofrece Wikidata estás escollendo só traballar nunha parte limitada do proxecto.
Se queres ler máis sobre a miña opinión acerca disto podes ler aquí e aquí onde xa discutimos abondo sobre cuestións relacionadas. Se queres continuar discutindo aconsélloche que o fagas pola páxina de Wikipedia Wikiproxecto Modelos, penso que non son o único que está a aplicar/facer isto, e canso bastante con estás cuestións de ter que loitar tanto por algo cando xa está aplicado e funcionando perfectamente noutras Wikipedias. Non me parece moi lóxico despois de facer todo o traballo, para obras artísticas de todo tipo, incluidas propiedades específicas de obras de teatro, conservar o modelo orixinal nos poucos artigos nos que está aplicado.
A miña intención con isto é que a wikipedia gañe en lexibilidade (mesmos modelos para cousas similares fai máis fácil atopar ou botar en falta propiedades), facilidade de uso (o mesmo), conectividade (ligazón externas de indentificadores, acabamos de engadir o EGU ID por exemplo) e en veracidade (información constrastada cun número maior de editores), e penso que estes modelos son chave para conseguilo.
Saúdos, O Breixo (conversa) 21 de xuño de 2025 ás 16:07 (UTC)Responder
Ola Breixo. só quixera aclarar unha serie de cousas:
  1. En ningún momento neguei a importancia de Wikidata, ao contrario, sinalei que é unha ferramenta que ofrece moitas vantaxes nalgúns casos (xeografía política e biografías principalmente)
  2. Discordo en que a cantidade e calidade da información é mellorada sempre, para exemplo o modelo "competición deportiva", podes comparar a información que achega o modelo de Wikidata aquí coa que achea o modelo manual aquí.
  3. Ao que me refiro con artigos que non mudan, expliqueime mal, refírome a que as súas caixas de información non mudan. Se collemos unha ópera como L'Orfeo de Monteverdi a información da táboa non vai mudar, porque o libretista, o compositor, a data e o teatro da estrea, a lingua da ópera, o número de actos e/ou escenas, ou as personaxes principais non van cambiar, o mesmo pasa coas tempadas deportivas ou clubs deportivos desaparecidos, por poñer dous exemplos máis. Por suposto, o contido destes artigos sempre é editable, ampliable e mellorable, pero o contido das caixas é, por norma xeral, inmutable.
  4. A miña relación con Wikidata... fixen pouca cousa, certamente non me gusta traballar alí, o que non quere dicir que non valore o traballo que facedes as persoas ás que si vos gusta, teño pasado tempo en Wikidata valorando cal das numerosas opcións encaixaba no campo que quería completar, hai certas cousas de Wikidata que persoalmente considero engorrosas e que ao final me fan perder máis tempo que metelas de xeito manual nunha caixa no artigo e que ao final acabo desistindo de poñer alí. Persoalmente non me apetece, a día de hoxe, aprender outra parte do proxecto, así que supoño que si, escollo traballar nunha parte limitada do proxecto, pero repito, non estou en desacordo coa vantaxess de Wikidata, simplemente considero que hai casos nos que non é necesario.
Un saúdo, Piquito (conversa) 24 de xuño de 2025 ás 12:08 (UTC)Responder
Boas @Piquito
1. Penso que as vantaxes de WD son máis das que comentas:
1.a) As propiedades actualízanse automaticamente cando se fan edicións na mesma, é dicir, se hai un erro ou se quere facer unha modificación en como se chama (ou traducir correctamente) unha propiedade pódese editar en WD, e de ter modelos automáticos, corríxese en tódolos artigos automaticamente. O traballo que aforra é incalculable sobre todo nunha WP do noso tamaño.
1.b) Veracidade dos elementos, a comunidade WD non está limitada só a comunidade galegofalante o que da, como mínimo, máis ollos a hora de editar corrixir e categorizar correctamente os conceptos. Isto penso que tamén aforra e adianta, na maior parte dos casos, unha cantidade traballo tamén bastante incalculable. Isto non quere dicir que sexa todo perfecto e que vaia estar todo ben e completo, igual que en calquera wiki na que os modelos sexan manuais.

2. Ao que me refería aquí e que xa substituín modelos (e engadín onde non había modelo) en bastantes artigos, e ás veces que a información é maior no modelo manual que no modelo automático é polas seguintes razóns:
2.a) Inclusión dun parágrafo de texto no modelo, nestes casos penso que o modelo debería facer ligazóns directas a artigos, ou declaracións moi curtas, salvo contadas excepcións; o texto escrito debería estar no corpo do artigo. Isto inclúe cuestións como poñer citas e moito texto no modelo e ningunha e pouco texto no corpo do artigo por exemplo.
2.b) O artigo non está correctamente ligado a WD, o modelo automático permíteme visualizalo e corrixir o erro.
2.c) O artigo é dun tema galego ou específico, e non hai artigos noutras wikis, isto permíteme visualizalo ligalo correctamente a WD, e engadir as propiedades en WD para que se vexan no modelo, e así fago dúas tarefas polo valor dunha.
O caso que achegas é de competicións deportivas, do que carezo totalmente de interese e coñecemento, non toquei o modelo nunca nin sei que propiedade engadir en WD para que a información sexa a mesma. Inda así recoñezo que hai casos nos que engadir información e propiedades manuais é unha obriga, e ás veces simplemente para mellorar a presentación dos elementos tamén se pode facer, que che da pereza crear o a entrada de WD dunha persoa que non ten nin artigos nin WD, ou para evitar vandalismo en WD dun tema específico. Eu non estou en contra de engadir variables manuais nos modelos automáticos, tódolos modelos que estou editando teñen esta capacidade. Pero cando se fai hai que ter en conta precisamente que inda que se actualice un concepto ou nomenclatura de algo en WD non vai cambiar no modelo. Por poñer un exemplo claro, nunha organización a propiedade "director / xestor", se o pos manual e cambia o director, ata que volva un editor da Galipedia e o actualice non cambiará. E por poñer un exemplo máis avanzado, á propiedade de director pódeselle aplicar unha subpropiedade de "data de comezo" e "data de remate", e así poder facer unha listaxe dos directores que houbo en cada data; isto son os exemplos máis claros, imaxina as posibilidades de mellora que hai, ou haberá, na definición dos conceptos de WD. Todo isto só funciona se se vai actualizando o modelo, e non está editado manualmente en cada artigo.

3. O que comentas aquí penso que xa o respondín co anteriormente dito, penso que si poden mudar todas esas propiedades, pode cambiar a nomenclatura, tradución dos nomes, datas asociadas, presentación das mesmas, etc. Se pos os 4 personaxes principais da historia pero en total son 14, quizais no futuro en WD haxa alguén que se faga as 10 entradas dos outros personaxes e os inclúa pero non se actualice porque está editado manualmente. Por poñer outro exemplo, unha cousa que é posible facer, é que detecte en WD o sexo ou tratamento da persoa é que o nome da etiqueta da propiedade cambie, por exemplo, de "presidente" a "presidenta". Pódense facer un montón de cousas se a info está ben completa, ligada e traducida en WD, pero se está editado manualmente non detecta nada disto xa que non fai relación ao "artigo" e as súas propiedades en WD.

4. Eu a verdade é que non podo senón animarte a dar o paso, penso que pode traguer moitas posibilidades no futuro e que pode axudar moito a darlle visibilidade aos artigos da wiki en galego. Non creo que a curva de aprendizaxe sexa tan grande se vas aos poucos e tomas artigos traballados como referencia, igual que na wiki. Se tes dúbidas sobre WD podo axudarche co que saiba.

Eu co que estou en contra principalmente co que dixeches é en conservar o modelo non automatizado, precisamente a razón inicial de editar os modelos era unificar modelos similares en un só. Non só polas vantaxes de WD senón que se tódolos artigos de, por exemplo, "Obras artísticas" teñen o mesmo modelo mellora a accesibilidade, facilidade de uso, para a xente que comeza e, en xeral faise todo máis recoñecible, ademais se se quere facer calquera cambio nos modelos pode facerse dende o mesmo lugar o que o fai moito máis expansible e mellorable no futuro. Isto non quita que teña parámetros postos manualmente como xa dixen antes, non me vou poñer a quitar parámetros manuais a non ser que mellore nalgún sentido o comentado anteriormente. Por exemplo, no caso recente de substituír Conflito militar por Acontecemento, eliminei todas as datas manuais porque a maior parte tiñan este formato: "data= 12 de maio de 100 - 13 de maio de 100", cando en WD no caso das guerras normalmente ven recollida por separado "data_comezo=12 de maio de 100" e "data_remate=13 de maio de 100" o que facía que saíse duplicada a información.

En conclusión, penso que é un avance contar cos modelos automatizados, edítense ou non manualmente, xa hai artigos de ópera que teñen o modelo:Obra dende vai tempo, algúns antes nin tiñan modelo e agora teñen propiedades, ligazóns externas, identificadores externos, etc só por poñer o modelo. De feito as páxinas con modelos que van quedando son precisamente os que se deixan para o final porque están máis completos, e deberían ser substituídos con máis atención, completando ben a información en WD ou deixando a que faga falla de xeito manual. Calquera propiedade que botes en falta faimo saber, todas as que atopei para ópera están incluídas, pero seguro que queda algunha.
Xa me estendín dabondo, saúdos, O Breixo (conversa) 24 de xuño de 2025 ás 17:13 (UTC)Responder

┌────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────┘Non era a miña intención comezar un debate nin tentar convencerte de nada. Traballar en Wikidata non é unha prioridade para min a curto nin a medio prazo, hai moito traballo que facer na Galipedia. Agora por exemplo tiven que parar coa lista de artigos para a portada porque non hai temáticas suficientes como para que pasen dez semanas entre os artigos dunha mesma temática (e quedan como 170 artigos por engadir), e iso que xa puxen un lote de artigos que xa saíron na portada, pero hai moitos artigos de música e de historia, e tampouco é que se estean a facer moitas propostas nin votando as que se fan. Para min é máis importante a día de hoxe que consigamos máis artigos para esta lista noutras categorías e máis variedade (eventos históricos antes do século XX e principalmente da antigüidade, artigos sobre máis deportes que hóckey sobre xeo, máis variedade nos artigos sobre música -dominados pola música clásica e non contamos con artigos de ningún instrumento-, artigos de literatura, lingüística, dereito, tecnoloxía, política, astronomía...), hai moitísimo traballo neste sentido, é certo que temos máis de dous anos, pero hai que traballar os artigos, presentalos, e cruzar os dedos para que catro persoas voten. Os meus esforzos van destinados a este fin, tentar ampliar os artigos bos e de calidade de temática galega para tentar implementar o mesmo sistema a esa sección da portada, e por suposto traballar nos temas que me gustan e me apetezan a cada momento, tentando facer artigos ben completos dos artigos que vaia traballando. Saúdos, Piquito (conversa) 24 de xuño de 2025 ás 19:10 (UTC)Responder

Medallas

[editar a fonte]

Ola, compi. Que tal andamos? Estiven mirando como avanza o teu traballo cos modelos e hai 1 conxunto que non sei onde se pode meter? Refírome a artigos que son "Medalla.....". Quizais en "Acontecemento" por semellanza con Premios? Un saúdo. MAGHOI (conversa) 30 de xuño de 2025 ás 15:48 (UTC)Responder

Boa pregunta, hai algúns difíciles de encaixar inda... penso que si, Acontecemento ten "concedido por" e este tipo de propiedades, dos que estou editando pode ser o mellor. Polo que vin os trofeos deportivos tamén se meteron en "Competición deportiva" e parece que o modelo "Ficha de medalla" ten poucos artigos... non sei, como vexas, estou disposto a mellorar/automatizar o modelo existente ou mellorar Acontecemento para que teña propiedades específicas. Xa me dis, saúdos! O Breixo (conversa) 30 de xuño de 2025 ás 16:02 (UTC)Responder
Estou probando tódolos artigos, un por un, comparando co exitente para ver se se perde información o como queda, e penso que encaixa todo bastante ben. Polo de agora, a única que me parece que perde información, curiosamente, é Medalla de Galicia, que non colle a imaxe de WD e queda algo pobre. Aí, se lle botas unha ollada, agradeceríacho. Saúde. MAGHOI (conversa) 30 de xuño de 2025 ás 16:05 (UTC)Responder
Perdoa @MAGHOI que non me notificou esta resposta. Si, vexo que esta imaxe está dentro de "imaxe de condecoración (P2425)" que non está incluída no modelo. Intentarei engadila! O Breixo (conversa) 23 de xullo de 2025 ás 12:37 (UTC)Responder
@MAGHOI OK Feito, se ves propiedades que poidan faltar dime! Saúdos! O Breixo (conversa) 31 de xullo de 2025 ás 17:11 (UTC)Responder

Cambio de modelos

[editar a fonte]

Ola Breixo! Cando cambies un modelo por outro nun artigo lembra mirar se o modelo antigo ten referencias e incluílas logo no texto, cando mudaches o modelo no artigo do Museo Rupriikki dos Medios de Comunicación había dúas referencias na caixa que logo se repetían e levan así meses porque non vin o cambio nos "cambios recentes". Doutra banda, nese artigo en concreto, hai que mudar a imaxe en Wikidata (eu intentei borrala pero non me deixou), porque hai dez anos que o lugar da imaxe non se corresponde co museo, de feito esa imaxe aparece no corpo do artigo e xa se especifica que é a entrada ao "antigo museo" (na área de Finlayson), xa que actualmente se encontra en Vapriikki (noutra fábrica na outra beira dos rápidos), a imaxe que había na caixa anterior correspondíase co letreiro que hai na nova localización e hai outras como Ficheiro:Mediamuseo Rupriikki 01.jpg ou Ficheiro:Mediamuseo Rupriikki 03.jpg (ademais da que xa había) que son na localización actual. Un saúdo, Piquito (conversa) 23 de xullo de 2025 ás 11:35 (UTC)Responder

Boas @Piquito!
Xa vin que xa o corrixiches. A miña recomendación é non incluír citas nos modelos, penso que de estar citado debería estar no corpo do artigo tamén. Se se quere comprobar ou engadir unha cita dunha das declaracións do modelo penso que se debería ou 1 xa estar incluídas no corpo do artigo ou 2 citalo en wikidata. Dito isto recoñezo que neste caso debín de ir moi rápido, non me din de conta que a cita daba error no resto do texto, vin que era a mesma e non pensei que a cita principal podería ser a do modelo. Calquera erro deste estilo podo corrixilo se me das o aviso, pero xa intento facelo na maioría dos casos.
En canto ao da imaxe non entendo por que non che deixa cambiala, tampouco aparece rexistro das edicións no historial da páxina. Agora mesmo tal e como está é Ficheiro:Rupriikki Entrance.JPG marcado en vermello e File:Vapriikki 0004 (29559450630).jpg marcado en verde, polo que o modelo debería dar prioridade á segunda e vexo que non o fai. Intentarei corrixilo.
Saúdos! O Breixo (conversa) 23 de xullo de 2025 ás 12:27 (UTC)Responder

Vitoria de Samotracia

[editar a fonte]

Ola, @O Breixo. no artigo da Vitoria de Samotracia, na caixa aparecen dúas coordenadas e como o modelo non o permite, aparece unha mensaxe de erro. O problema está en wikidata porque hai 2 coordenadas: unha do emprazamento actual (O Louvre) e outra, do emprazamento onde se atopou. Intentei buscar outro encabezamento para cambiar as coordenadas pero non o din atopado. E quería preguntarche se hai algún xeito ou podes facer a túa maxia. De non ser posible, entendo que habería que eliminar unha de wikidata. Eu sería partidario do lugar orixinal. Graciñas. MAGHOI (conversa) 15 de setembro de 2025 ás 19:08 (UTC)Responder

Ola @MAGHOI. Isto tamén ocorre en Bombardeo atómico de Hiroshima e Nagasaki. A verdade é que é un tema co que non sei que facer. Poderíamos mirar de facer que admita dúas coordenadas, indicando as posibles subpropiedades coma "lugar de descuberta".
O sistema actual non admite dúas porque ten que seleccionar unha para poñela arriba antes do modelo. Supoño que poderíamos facer algún sistema polo que escolla unha das dúas con algún criterio, ou se hai dúas coordenadas non poña nada arriba, ou que aparezan as dúas. Pódese discutir que ocorre nestes casos... o ideal na miña opinión sería poder abrir o mapa e ver as dúas localizacións simultaneamente.
Isto vai levar tempo, será algo no que me poña máis adiante. Ademais destes dous casos, e outro que agora non recordo, non vin máis este erro. De tódolos xeitos queda apuntado para botarlle unha ollada no futuro. Gracias! O Breixo (conversa) 16 de setembro de 2025 ás 19:13 (UTC)Responder
Grazas a ti polo enorme traballo que estás a desenvolver e que xa se ve en tódalas páxinas. MAGHOI (conversa) 16 de setembro de 2025 ás 21:03 (UTC)Responder

Modelo Chembox

[editar a fonte]

Ola. Revertín a túa edición en floricina porque o modelo novo non mellora o anterior.
1. Non ten dúas imaxes con pé de imaxe como o anterior e vese moi pequeno (non se ve nada).
2. Falta a ligazón a Ligando IUPHAR, InChl, CheMBL e imaxes 3D Jmol.
3. Faltan outros nomes do composto.
4. Faltan propiedades como aspecto, punto de fusión.
5. Falta a fórmula molecular.
6. Envía datos que non están en galego (no outro modelo todo está en galego).
7. No outro modelo potencialmente podería poñerse moitísima máis información que a que xa había no Chembox do artigo, xa que tiña moitos parámetros máis que non se usaron, pero que no futuro alguén os podería completar. Máis propiedades físicas, químicas, perigosidade, etc.
8. No outro modelo podíanse poñer referencias.
9. O outro modelo era máis bonito (opinión totalmente subxectiva miña). Agora todos os modelos teñen un aspecto unificado e, por tanto, monótono. Haberá a quen lle guste. A min non.
10. Cando fixen o Chembox costoume moito traballo facelo funcionar. Tiven que cargar e traducir máis de 40 páxinas (sen esaxerar). Aínda así non conseguín que funcionase todo (como as comprobacións automáticas que eles teñen cos seus bots), pero quedou moi similar ao que tiñan e aínda manteñen na wikipedia inglesa.
11. Agora habería que introducir datos en Wikidata, que é máis complicado e non todo o mundo sabe. Eu intentei cambiar unha cousa nun modelo Taxon e non o conseguín e acabei borrando o dato sen querer e non souben rectificalo.
12. E reitero que me gustaba mais o Taxobox (do que xa falei noutra conversa). Había que introducir os datos á man, pero era moito máis versátil: podías introducir case todo o que quixeses e todo en galego.
(Por certo, na páxina neomicina o modelo tería que ser Medicamento e non Chembox (ou Composto químico), que ten datos químicos normais e datos específicos como medicamento. Ese modelo fíxoo Elisardojm, aínda que non estaba tan completo como o modelo inglés; xa lle avisei eu que se preparase a facer 30 ou 40 páxinas e non sei se as fixo todas ou se non se podía). Miguelferig (conversa) 26 de setembro de 2025 ás 23:40 (UTC)Responder

Boas @Miguelferig, tes razón, quizais me adiantei ao substituír o modelo deste artigo.
Nos puntos 1 e 2 estou traballando debería telos feitos en pouco. Incluído o tamaño das imaxes.
Punto 3: poderías especificar máis que nomes faltan?
Punto 4:O punto de fusión non o incluín en Wikidata por falta de referencias, pero a propiedade xa está incluída no modelo. En canto ao "aspecto" podería facer unha lapela manual, pero penso que non hai propiedade de Wikidata para o aspecto, e é algo que penso podería estar no corpo de texto, xa que acostuma a ser unha descrición redactada. Ademais existen propiedades específicas como "cor".
Punto 5: A fórmula molecular non falta, está xusto debaixo do título.
Punto 6: Envía os datos de wikidata, senón se traducen en wikidata aparecerán non traducidos, pero se se traducen actualizaranse automaticamente en todos os artigos que teñan estes modelos.
Punto 7: Esta é a vantaxe de wikidata precisamente, que propiedades concretas son? Xa hai moitas incluídas no modelo outra cousa é que falten na entrada de wikidata.
Punto 8: Eu personalmente non estou de acordo en poñer citas nos modelos, penso que de habelas deberían estar no corpo do texto, non ten sentido poñelas no modelo e non poñelas no texto. O modelo ten un espazo limitado e buscase un deseño compacto onde poder acceder as ligazóns doutros artigos e datos rápidos, non vexo a utilidade das citas no modelo.
Punto 9: Para min o outro modelo ten un deseño anticuado, de caixa de excel, con cores chamativas nos fondos dos textos, non respecta espazos mínimos entre elementos, nin ten ningunha xerarquía visual nin estrutural, metendo os identificadores no medio da ficha e poñendo a fórmula e datos básicos ao fondo. Como deseñador podo dicir que o novo deseño é mellor, xa que soluciona estes problemas, o que buscaba dende o principio é que o deseño fose o máis académico, non chamativo, unificado, monótono se queres, para non escurecer ou levar a un segundo plano o contido do artigo. Se hai algo particular que non che guste podes comentalo e podo mirar de solucionalo, pero penso que o deseño é bastante estándar e apropiado para unha enciclopedia online. Se todos os modelos son iguais fai que sexa máis predecible e fácil para novos usuarios (e usuarios con trastornos visuais, de atención e accesibilidade limitada) moverse pola wikipedia. Isto é un principio básico dun bo deseño de interface.
Punto 10: Eu aprezo todo o traballo que se fixo nos modelos existentes, pero eu tamén levo o que xa vai ser anos traballando e investigando como facer estes modelos do mellor xeito posible. Fixen submodelos específicos para lograr que se vexa correctamente independentemente do contido, cousa moi útil nestes modelos de fórmulas infinitas. E o que posiblemente sexa o máis importante a interconectividade con wikidata.
Punto 11: A wikidata non é complicada, é unha interface sinxela onde "editas", "publicas", "borras" e tes un "historial" igual que na wikipedia, hai centos de vídeos de youtube de como editar en wikidata, non leva máis de 10 minutos e un pouco de interese aprender como funciona, polo menos as bases. Sobre todo se buscas un artigo ben completo como referencia e xa tes experiencia con wikipedia non debería ser difícil coñecer as bases. Wikidata serve para interconectar os artigos de wikipedia e serve para que as propiedades estean dispoñibles en todas as linguas e revisadas por editores de todas as linguas. É parte da Wikipedia e é preciso para que a lingua galega continúe avanzando dentro do ecosistema de wikimedia.
Punto 12: Se traduces ao galego a propiedade en wikidata actualízanse todos os artigos que utilicen esa propiedade. Co modelo manual tes que editar todos os artigos un a un manualmente. Non é máis versátil, é moito máis lento.
Eu entendo que editar agora todos os datos en wikidata para usuarios que levades facéndoo de outro xeito dende sempre manualmente é un incordio (por iso os modelos seguen soportando edición manual). Pero sinceramente penso que facendo un pouco de esforzo en entender como funciona wikidata e as súas vantaxes poden favorecer e acelerar moito o desenvolvemento dunha wiki relativamente pequena como a nosa, o claro exemplo disto é a wikipedia en catalán que xa teñen traducido un montón en wikidata grazas a aplicación destes modelos. Tamén entendo que haxa críticas ao substituír un modelo manual coidadosamente editado pero hai que ter en conta que precisamente por ser manual hai moitos artigos que quedan curtos, desactualizados ou que nin teñen modelo que se benefician moitísimo dos modelos automáticos, polo que inda que en certos artigos se perda algunha información a nivel global conseguimos moita máis información. Neste caso estou dacordo que a información de wikidata inda non estaba a altura do modelo manual, inda así decidín cambialo xa que engadía outras propiedades, a conexión con Commons, así como outros identificadores como o UNII ou o Mesh, con vista a engadir os que faltaban nun futuro no modelo, actualizándose automaticamente no artigo, pero para isto tesme que dar un tempo.
O dito, espero as túas indicacións para editar o modelo no futuro, intentarei non substituir máis artigos de chembox ou taxobox se a info non supera a do manual. Espero poder facer uns modelos ao gusto de todos, calquera suxestión é benvida.
Saúdos, O Breixo (conversa) 27 de setembro de 2025 ás 01:26 (UTC)Responder
Respondo. Podes ver cadros do modelo Chembox bastante completos en páxinas como fenol, cloroformo ou ácido sulfúrico, onde tamén se inclúen parámetros sobre a perigosidade do produto con pictogramas e cadros de perigosidade.
Punto 1. O outro modelo permitía poñer 3 imaxes de bo tamaño (non miniaturas que non se ven), pés de imaxe, etc.
Punto 2. O outro modelo daba a posibilidade de introducir estes identificadores:
  • Identifiers: 3DMet = , Abbreviations = , ATCvet = , ATCCode_prefix = , ATCCode_suffix = , ATC_Supplemental = , Beilstein = , CASNo = , CASNo_Ref = , CASNos = , CASOther = , | ChEBI = , ChemSpiderID = , DrugBank = , EC-number = , EINECS = , | EINECSCASNO = , Gmelin = , InChI = , KEGG = , MeSHName = , PubChem = , RTECS = , | SMILES = , UNNumber =
Punto 3. Outros nomes do composto son os outros nomes comúns que recibe ou recibiu historicamente o composto ou o nome da IUPAC ou nome PIN (Preferred IUPAC Name). Neste caso o nome que estaba era isosalipurpósido, que se referencia en ChemSpider.
Punto 4. O aspecto son cousas como “sólido cristalino transparente”, “líquido oleoso azulado”.
Punto 5. Non o vira, síntoo.
Punto 6. Efectivamente, se non os traduces en Wikidata, non aparecen en galego. Esperemos que a xente se anime a traducilos e non os deixe así, tal como saen. (Por que hai tantos sen traducir xa agora? Parece que moita xente puxo os cadros pero non os traduciu).
Punto 7. As propiedades e parámetros do modelo Chembox son fáciles de saber simplemente consultando o Modelo:Chembox. Non todas as propiedades aparecen en cada composto porque non se atoparon os datos ou porque non todas as propiedades se aplican a todos os compostos. Creo que xa incluíches moitas destas propiedades. Velaquí as propiedades incluídas no Chembox:
  • Properties: AtmosphericOHRateConstant = , Appearance = , BoilingPt = , Boiling_notes = , Density = , Formula = , HenryConstant = , LogP = , MolarMass = , MeltingPt = , Melting_notes = , pKa = , pKb = , Solubility = , SolubleOther = , Solvent = , VaporPressure = , HenryConstant = , Sheet resistence =, Methacrylate Equiv Wt = , Bulk Conductivity =
  • Chembox Structure: Coordination = , CrystalStruct = , MolShape =
  • Chembox Thermochemistry: DeltaHc = , DeltaHf = , Entropy = , HeatCapacity =
  • Chembox Related: Function = , OtherAnions = , OtherCations = , OtherCpds = , OtherFunctn =
Punto 8. Poñer citas no modelo para datos numéricos está ben porque no texto esa información pode non ser relevante en moitos casos, porque se é unha lista de datos técnicos para iso está o cadro do composto. Por exemplo, citar o punto de ebulición está ben no cadro (e pode haber que referencialo), pero pode ser pouco conveniente no texto. Imaxina toda unha lista de datos dese tipo no texto. O texto debe ser algo redactado para contar de maneira fluída e o máis amena posible as cousas relevantes do composto (pero xa sei que este tipo de páxinas químicas non son unha novela de literatura). Se hai datos técnicos de cifras, estas adoitan poñerse en táboas ou nos cadros como Chembox.
Punto 9. Sobre o aspecto estético dos cadros non hai que discutir moito, porque ao final é cousa subxectiva. Pero o Taxobox tiña cores pastel discretas e nada rechamantes e unha cor distinta para cada reino de seres vivos, e no Chembox escollérase para os compostos químicos a cor amarela. Na wikipedia inglesa mantéñeno así desde hai moitos anos e parece que lles parece “bonito”. Algúns modelos de proteínas parécenme de aspecto moi elegante. Sempre serán apreciacións subxectivas. Por último, non hai que esquecer qué é o máis importante en cada caso. Por exemplo, no Taxobox o máis importante é incluír a clasificación taxonómica do ser vivo. Tamén hai que ser ordenado: no Chembox ían todas as propiedades dun mesmo tipo seguidas en distintas seccións: identificadores, propiedades químicas e físicas, termodinámicas, relacións con outros compostos, perigosidade. Non estou de acordo con que non tiñan xerarquía estrutrual etc.
Puntos 10-11-12. Xa che comentei que non me safei ben en Wikidata, o cal quere dicir que a aprendizaxe non é trivial e inmediata. Todo será poñerse a aprender, pero canto máis se necesite saber ou canto máis haxa que poñerse a aprender menos usuarios se animarán (ou saberán) a contribuír á Galipedia. A edición debe ser o máis simple e o menos técnica posible. A wikidata ten varias vantaxes que sinalaches, pero hai que ter en conta todo. Hai usos de wikidata que son automáticos e non tes que saber nada, como na introdución das interwikis dos distintos idiomas, nas que saen dúas ou tres xanelas emerxentes, pos alí o nome, dáslle a aceptar e xa está, nin sequera tes que entrar realmente en wikidata nin saber nada especial, pero outras cousas non son así. Se copias o modelo Chembox da páxina inglesa que estás traducindo, con poucas modificacións xa tes todos os datos do composto postos e non tes que facer (nin saber) nada en Wikidata. Con todo, supoño que non haberá máis remedio que ir por ese camiño de Wikidata e esperemos que todo quede finalmente ben e que verdadeiramente sexa para mellor. Miguelferig (conversa) 27 de setembro de 2025 ás 16:39 (UTC)Responder
Boas @Miguelferig
Punto1: OK Isto debería estar solucionado, se falta algunha imaxe dimo e inclúoa.
Punto2: Identificadores: 3DMet, Abbreviations, ATCvet, ATCCode_prefix, ATCCode_suffix, ATC_Supplemental, Beilstein, CASNo, CASNo_Ref, CASNos, CASOther, ChEBI, ChemSpiderID, DrugBank, EC-number (CE en galego, costoume atopalo), EINECS, EINECSCASNO, Gmelin, InChI, KEGG, MeSHName, PubChem, RTECS, SMILES, UNNumber
Irei incluíndo todos os que poida, teño dúbidas sobre os que son o mesmo pero con subapartados:
CAS: CASNo, CASNo_Ref, CASNos, CASOther,
ATC: ATCvet, ATCCode_prefix, ATCCode_suffix, ATC_Supplemental
Seguirei investigando e engadindo, a miña intención e facelo o máis completo posible.
Punto3: Inda non atopei ningún artigo de wikidata que teña unha propiedade para estas nomenclaturas alternativas, seguirei investigando. Se non atopo, podería incluírse un apartado manual.
Punto 4: Precisamente este tipo de descricións penso que estarían mellor no texto, non hai un artigo ou entrada de wikidata para "sólido cristalino transparente", haberá unha propiedade para "cor" outra para "estado" e así, pero cando redactas a descrición en conxunto na miña opinión debería ir no texto, igual que nas demais caixas.
Punto 5: OK
Punto 6: Aquí non sei se che entendo exactamente o que queres dicir. Hainos sen traducir porque quen o fixo, fíxoo na súa lingua, nós se traducimos a propiedade actualizarase en tódolos artigos nos que apareza esa propiedade. O bo disto precisamente é que se completamos as propiedades, non só estamos axudando a nosa wiki senón a todas as wikis no resto de linguas, sempre que teñan a propiedade traducida, aparecerá nos modelos automatizados na súa lingua. Isto é incriblemente importante nos artigos de "temas galegos" xa que posiblemente ninguén vai engadir estas propiedades por nós.
Punto 7: Aquí intentarei incluír as que falten e tamén poñer os apartados que comentas para que apareza mellor estruturado.
Punto 8: Eu sigo sen estar dacordo co tema das citas na ficha, penso que se vas poñer unha cita por cada cifra é mellor facer un cadro/táboa por separado como comentas. No modelo automatizado podes darlle ao lapis que hai ao lado das cifras e ver as referencias que ten en wikidata.
Punto 9: Aquí si que non estou dacordo en absoluto, eu estudei Enxeñería en Deseño Industrial e pódoche asegurar que o deseño non é algo subxectivo, polo menos ata certo punto. Inda dentro das artes, por exemplo un músico experimentado, sabe cando outro está a desafinar ou a tocar mal. Para min o modelo chembox, comezando porque as propiedades están en inglés, paréceme que ten unha accesibilidade reducida para un editor inexperimentado:
  • Cando o modelo lle dá preferencia aos identificadores (que son ligazóns a outras páxinas) ás propiedades básicas do elemento, para min é un erro de deseño.
  • Cando o modelo non respecta ningún tipo de padding (espazado texto-límites) para min é un erro.
  • Cando se poñen cores saturadas debaixo de textos descritivos é un erro.
  • Canto o modelo é a caixa máis simple que podes programar en CSS para min non é un erro, pero denota a falta de deseño máis que ser unha elección de deseño pensada a priori.
Como no caso do Portal:Historia que levo querendo cambiar dende hai un tempo, pódoche asegurar que non hai ningún enxeñeiro de interface de usuario (IU) ou experiencia de usuario (UX) que estaría a favor de deixar unha páxina así. Dito isto tamén hai cousas nos modelos que estou traballando que non me gustan (como que os identificadores ocupen tanto, quero facelos máis compactos) e estou aberto a todo tipo de melloras que se me propoñan.
Punto 10, 11, 12: Polo que comentas, penso que o paso que che falta é coller un artigo de wikidata elaborado como referencia para poder ver e irte familiarizando cos nomes das propiedades. Eu sempre que edito en wikidata fago así, por exemplo se estou editando as propiedades dun castro collo como referencia un sitio arqueolóxico famoso que teña moitas propiedades, e así vou facendo e aprendendo. Se tes calquera dúbida específica en Wikidata estarei encantado en intentar resolvela.
Saúdos, O Breixo (conversa) 28 de setembro de 2025 ás 12:26 (UTC)Responder
Última resposta, espero.
Punto 2. As varias propiedades de CAS é porque algúns compostos teñen máis dun número CAS (por exemplo, porque teñen variantes de hidratación), como é o caso do citrato de sodio (trisódico) que ten o número CAS 68-04-2, pero outras variantes teñen os números 6132-04-3 (dihidrato) e 6858-44-2 (pentahidrato). Entón poñen no Chembox o seguinte:
| CASNo = 68-04-2
| CASNo_Ref = Modelo:Cascite
| CASNo1_Ref = Modelo:Cascite
| CASNo1 = 6132-04-3
| CASNo1_Comment = (dihydrate)
| CASNo2_Ref = Modelo:Cascite
| CASNo2 = 6858-44-2
| CASNo2_Comment = (pentahydrate)
Podes ver a páxina inglesa Trisodium citrate, xa que non está a páxina feita na Galipedia. O CASNoRef que aparece aí (ou sempre que apareza) non funciona na Galipedia e hai que borralo. Como ves, os Comment é onde poñen dihidrato, pentahidrato.
O ATC é un código de clasificación de compostos químicos, do cal hai varios códigos. Podes ver, por exemplo, a páxina ATC Código A11 (hai varias desas páxinas de ATCs na Galipedia).
O ECnumber é o número do composto na ECB (European Chemicals Bureau). Ao contrario, en modelos de enzimas/proteínas, o EC number é o número da Enzyme Commission para cada enzima.
Punto 6. Referíame ao dato que aparece en pantalla dalgunhas propiedades, que está noutras linguas. Supoño que haberá que premer no lapis e traducilo ao galego, pero a xente non o fai, simplemente o deixa estar como saia.
Punto 8. En canto ás referencias no cadro, xa ves que noutras wikipedias as inclúen en moitos modelos de fichas. Se cadra hai algún problema técnico no novo modelo, que quizais está pensado para que as referencias estean só en Wikidata.
Punto 9. Os identificadores son impotantes e adoitan poñerse ao principio, porque ligan a páxinas de bases de datos de compostos químicos, que teñen datos máis exhaustivos do composto e serven de referencia e información dunha autoridade na materia. O problema é que os compostos químicos teñen moitos identificadores. Poden poñerse máis abaixo, pero teñen que estar. En modelos de proteínas os identificadores son unha parte principal.
Como dixen antes, o Chembox só tes que copialo da páxina inglesa que tes que traducir e xa está. Só hai que borrarlle algunhas propiedades que non funcionan na nosa wikipedia, como, por exemplo, ChemSpiderID_Ref = Modelo:Chemspidercite (isto non funciona). No Chembox está todo o que sae en pantalla traducido ao galego, o que está en inglés son os parámetros internos, porque se os traduces tes que modificar moitas cousas no programa e pode que acabe por non funcionar, por iso o deixei en inglés, e ademais tampouco teño grandes coñecementos de informática se me meto a facer iso, e bastante fixen facendo ese modelo co traballo que me deu. E se non o chego a facer, naquel momento, non creo que o fose a facer ninguén. En calquera caso, agora haberá que seguir co modelo baseado en Wikidata.
Comprendo que estás dedicándolle moito traballo a estes novos modelos e agradécese o esforzo. Simplemente ocorre que os outros modelos xa estaban funcionando bastante ben e estabamos acostumados a eles. Adaptarnos ao cambio vainos dar traballo a todos. Miguelferig (conversa) 28 de setembro de 2025 ás 16:21 (UTC)Responder

Presidente de Estonia

[editar a fonte]

Ola, @O Breixo. Tráioche un detalliño a amañar. No artigo Presidente de Estonia, no modelo, no apartado de "Titular", aparece o presidente actual, Alar Karis, na parte superior. O outros 5 están ordenados cronoloxicamente, de arriba abaixo, pero neste caso se salta a orde establecida, enon atopo o problema en wikidata tampouco. Cando teñas un momentiño, podes botarlle un ollo? Grazas. MAGHOI (conversa) 19 de outubro de 2025 ás 18:17 (UTC)Responder

Ola @MAGHOI. Penso que o único xeito sería poñer a subpropiedade "orde dentro da serie" a cada presidente. De maneira que queden numerados.. As únicas opcións que hai para importar ordenadas é copiando como está en wikidata, pon primeiro a quen está en verde e punto. Mirarei a ver se hai máis xeitos, pero con isto xa andara as voltas hai un tempo.
Un saúdo, O Breixo (conversa) 19 de outubro de 2025 ás 18:55 (UTC)Responder
Boas. Pois probarei a facelo coma ti dis. É que me resultaba estraño que os demais estivesen ordenados cronoloxicamente, e este saltaba toda a ordenación, sen entender por que. Grazas pola rapidez. MAGHOI (conversa) 19 de outubro de 2025 ás 19:03 (UTC)Responder
Semella que funciona. Pois queda así. Grazas de novo. MAGHOI (conversa) 19 de outubro de 2025 ás 19:05 (UTC)Responder

Le Corbusier

[editar a fonte]

Ola, @O Breixo. Unha nova comenencia. No artigo Le Corbusier, a caixa de biografía aparece cun tamaño excesivo que, penso, se debe a unha ligzón no apartado de "Arquivo". Haberá algún xeito de diminuír iso para que teña o tamaño axeitado? Saúdos. MAGHOI (conversa) 12 de novembro de 2025 ás 13:51 (UTC)Responder

@MAGHOI penso que non hai xeito de cambialo ser editar o modelo, non ten propiedade manual para os "arquivos". Cando poida intentarei facer unha versión "miña" do modelo biografía, pero vai levar tempo. O Breixo (conversa) 12 de novembro de 2025 ás 19:04 (UTC)Responder
Grazas por mirar. Sen présa. MAGHOI (conversa) 12 de novembro de 2025 ás 19:22 (UTC)Responder

Modelo de ficha de xacemento arqueolóxico

[editar a fonte]

Ola Breixo!! Que tal?

Póñome en contacto contigo porque estaba a desenvolver un modelo de ficha de xacemento arqueolóxico (que aínda estaba a medio facer), pero dixéronme que ti xa estabas a traballar en algo semellante, creo. Como son nova, non entendo aínda moi ben como vai todo isto e como non atopaba ningunha específica de xacemento, pensei que podería aportar unha (é ista Modelo:Ficha de xacemento arqueolóxico). Hoxe ía rematar de maquetala tendo en conta o indicado en Modelo:Modelos/styles.css pero creo que era mellor falar contigo antes. Polo que entendín, si que había unha ficha xa feita diso, onde podería atopala? Podería incluir novos apartados nela? Ou podería seguir traballando nesta que comecei? A verdade é que me facía ilusión aportar ao tema de arqueoloxía cunha ficha estándar coma as que se empregan no traballo de campo (ademáis de con algunha entrada nova), pero claro, igual fun un pouco precipitada. Poderíasme explicar un pouquiño como funciona o tema dos Modelos e do wikiproxecto relacionado? Hai algunha indicación máis a seguir ademáis do que pon a entrada de estilos css de modelos? É que eu o fixen do que vin por internet sobre o TempleData e do que lembraba remotamente de programación html, pero vou dando paus de cego. Moitas grazas pola axuda e un saúdo ☺. Raquel RGC (conversa) 23 de novembro de 2025 ás 15:11 (UTC)Responder

Boas @Raquel RGC, primeiro dicir que agradezo o teu interese e ilusión no tema, eu xa levo pelexándome cos modelos unha tempada. O modelo que mostras é totalmente manual, os que estamos facendo agora son automáticos coa información que ven en Wikidata. Deste xeito só temos que poñer o modelo no artigo e listo, as propiedades que aparecen son modificadas dinamicamente en Wikidata, sen ser preciso editar os artigos. Recoméndoche ver algún tutorial rápido de Wikidata en Youtube ou preguntarlle ao chagpt se descoñeces como vai. Pero podo facer o esquema máis básico de automatización:
Manual:
|label13 = Cultura
|data13 = {{{cultura|}}}
Automático:
|label13 = Cultura
|data13 = {{#invoke:Wikidades |claim |value={{{cultura|}}} |property=P2596 }}
Sendo a property: https://www.wikidata.org/wiki/Property:P2596
Como estes modelos automáticos levan tempo facelos e que queden ben, intentamos unificar todas as tipoloxías posibles na menor cantidade de modelos. De feito agora estou facendo "módulos de modelos", por exemplo "Modelo:Modelos/Localización", que serve para que certos apartados, neste caso o de Localización, sexan comúns en todos os modelos automatizados, reducindo enormemente o traballo de edición.
| header80 = {{#if:{{Modelos/Localización}}|Localización}}
| data81 = {{Modelos/Localización}}
Se falamos do Modelo:Ficha de xacemento arqueolóxico en concreto, polo momento, estabamos metendo Modelo:Xeografía física (sitios arqueolóxicos, como covas ou localizacións) ou Modelo:Edificio (edificacións arqueolóxicas, como castelos ou castros). Como ves, normalmente, intentamos unificar en modelos con nomes máis xenéricos, inda que teñan propiedades específicas para varios casos. Eu, que tamén teño bastante interese pola arqueoloxía, fixera Modelo:Obxecto arqueolóxico pero agora estouno substituíndo polo máis xenérico Modelo:Obra que recolle todas as propiedades que facía o anterior no mesmo modelo.
En resumo, penso que deberías ter en conta:
- Modelo manual: Os modelos manuais penso que deberían caer en desuso. Tendo Wikidata como proxecto irmán e integrado en Wikipedia, penso que todos os modelos deberían facer uso das propiedades e ligazóns de Wikidata. Por exemplo: Sitio arqueolóxico de Tiya recolle os seus datos de Q6130080. Se queres aprender máis de como facer isto podes botarlle un ollo aos "meus" modelos (Modelo:Modelos), ao módulo de Wikidades (Módulo:Wikidades, a versión en catalán ten un pequeno tutorial) e preguntarme a min con calquera dúbida que teñas.
- Modelos de xacemento arqueolóxico: Para min aquí o máis importante é xustificar a creación dun novo modelo, cando quizais poidamos usar un actual e completalo coas propiedades que poidan faltar. Polo que vin no modelo que fixeches non hai ningunha propiedade que non estea no Modelo:Edificio ou no Modelo:Xeografía física, polo que, neste sentido, non xustifica a creación dun novo modelo. Parte do traballo que estou a facer, é unificar os modelos para que non haxa un cento, xa que ao final, hai que saber como se chama cada modelo para poder utilizalo, cantos menos haxa é mellor para toda a comunidade. Por poñer outro exemplo, agora estou pensando se unificar Modelo:Medicamento e Modelo:Composto químico, xa que medicamento acostuma a repetir as mesmas propiedades que composto, salvo unhas 5 propiedades que tería que engadir no segundo.
Dito isto, si que é estraño categorizar, por exemplo unha "fosa común prehistórica" con un Edificio ou con Xeografía física. Polo que por tipoloxía si podería ser interesante contar cun modelo específico. Se estás convencida de que é preciso un Modelo:Xacemento arqueolóxico, e queres que che bote unha man, podo axudar coa automatización e deseño que estou aplicando ao resto dos modelos. Se, pola contra, queres facelo pola túa conta, podo intentar resolver as dúbidas que teñas en cada momento.
Xa me dis, un saúdo! O Breixo (conversa) 23 de novembro de 2025 ás 17:11 (UTC)Responder
Ahhh, vale vale, agora si que entendín mellor o funcionamento. Vira que nalgunhas caixas si aparecía a vinculación con Wikidata, aínda que é certo que cando fixen o Wikidata da mina de Valborraz (que é a entrada na que estou a traballar) tiven algúns problemas coas propiedades. Por exemplo, no caso da localización, eu quería estruturar a información en apartados independentes (división, subdivisión, comarca, concello…), pero en Wikidata só atopei a propiedade de “situado na unidade administrativa”, que inclúe todo sen distinción. Non sei se me explico. Ise foi, basicamente, o motivo polo que fixen unha ficha manual, porque permitía un pouco máis de liberdade e claridade á hora de presentar a información (sen ter que desplegar as listaxes ademais). Claro que isto non é máis que a miña impresión persoal, e entendo perfectamente as vantaxes dos modelos automáticos.
En relación coa ficha, si que creo que podería ser útil ter unha específica para xacementos arqueolóxicos. Ademais do que comentaches dos casos como necrópoles ou foxas, onde non queda claro en que modelo encaixan, penso que sería algo máis intuitivo para os usuarios. Falo dende a miña experiencia, pero é probable que a outra xente lle pase o mesmo. No meu caso, á hora de buscar o modelo, nin sequera se me pasou pola cabeza empregar os de “edificio” ou “xeografía física” porque non me cuadran a primeira vista co tema e, igual que eu me lancei a facer un novo modelo, sospeito que outras persoas poderían cometer o mesmo erro ca min por iso. Malia ser parecidos, creo que para os xacementos si podería ter sentido dispoñer dunha ficha propia na que se combinaran apartados dos dous modelos que comentas, e outros a maiores propios da arqueoloxía. Deste modo, todo o relacionado con xacementos arqueolóxicos estaría estandarizado co mesmo deseño e englobado na mesma temática.
Isa sería a miña xustificación, vaia. A verdade é que me gustaría seguir traballando no modelo que comecei, facendo os cambios pertinentes (como o de enlazar as apartados coa Wikidata e rematar o estilo css dacordo á entrada coas instrucións), e agradeceríache moitísimo esa axuda que me ofreces coa automatización e o deseño, para que todo sexa ma´si ou menos igual. Tamén sería súper guay que puidéramos solucionar o asunto que che comentaba antes da Wikidata, quizáis un modelo híbrido entre manual e automático, non sei (falo dende a ignorancia que apenas controlo sobre programación).
Bueno, moitísimas grazas pola axuda e polo tempo que dedicaches a explicarme todo na mensaxe. Un saúdo! ☺ Raquel RGC (conversa) 24 de novembro de 2025 ás 00:23 (UTC)Responder
Ok, por min perfecto, adiante! Eu entón pensaría en como facelo o máis específico posible, polo que vin unha propiedade importante nos xacementos acostuma a ser os "acontecementos significativos" por exemplo en castro de Baroña (Q1049903) podes ver as datas das diferentes escavacións, etc. Para isto é bo mirar que propiedades usan en wikidata outros artigos de xacementos "famosos" que posiblemente estean máis completos.
O que comentas de "situado na unidade administrativa" está un pouco errado, en "situado na unidade administrativa" só tería que ir a unidade administrativa inmediatamente superior, non todas sen orde. Por exemplo, Casaio (Q12385507) está "situado en" Carballeda de Valdeorras, non se pon nin Galicia nin España nin ningunha máis ca inmediatamente superior. Neste caso, a súa vez, Carballeda de Valdeorras (Q1607709) está "situado en" provincia de Ourense.
Precisamente é unha das razóns polas que fixen o modelo:Modelos/Localización, inda sen rematar, pero a idea é facer un código, que colla a u.a. superior, e a superior, e a superior e que finalmente pare en "país" ou onde se queira. Deste xeito o resultado en Casaio sería: Situado en: Carballeda de Valdeorras, provincia de Ourense, Galicia, España. Nisto estaba traballando agora de feito, os modelos de xeografía política xa fan isto, pero non co formato que eu quería, niso estou. Se queres esperar un chisco por isto, a que o remate eu, e despois consideras se prefires usalo ou facer un propio, o que si é que en Wikidata deberías corrixir a ter só unha u.a., a inmediatamente superior.
O que comentas de modelos híbridos tamén é totalmente posible. Sempre hai algo que non está en Wikidata e que precisamos nos modelos. Por exemplo no modelo:Acontecemento en conflitos bélicos os bandos/exércitos/baixas son apartados manuais porque wikidata inda non fai distinción entre os bandos. Dito isto, penso que se existe a propiedade en Wikidata, deberiamos usala; senón rompemos un pouco coas vantaxes que ten este sistema.
Outra cousa que me gustaría comentarche, é o título do modelo. Estamos facendo todos os modelos co título máis curto posible, polo que eu persoalmente prefiro Modelo:Xacemento arqueolóxico antes ca Modelo:Ficha de xacemento arqueolóxico. Xa me dis que opinas sobre isto, eu penso que ten certa importancia por ser o nome que buscas ao mirar que modelo usar, igual cos artigos. É interesante que todos teñan unha nomenclatura/formato similar.
E namáis, calquera outra cousa non dubides en comentarme. Un saúdo, O Breixo (conversa) 24 de novembro de 2025 ás 10:32 (UTC)Responder
@Raquel RGC O Breixo (conversa) 24 de novembro de 2025 ás 10:33 (UTC)Responder
Xenial!!! Grazas pola oportunidade. Cambiarei o título do modelo, que é certo que canto máis breve, millor. O apartado de acontecementos significativos o tiña incluído coma Eventos, aínda que en verdade si que queda mellor o nome de acontecementos. Sobre o tema de localización, agardarei a que remates co modelo, pero mentres quizais empregue iso do modelo híbrido, reservando o dato de wikidata para Carballeda, e engadindo o demais de xeito manual. Da planificación dos apartados, tiña pensado botarlle unha ollada aos modelos que empregabas de xeografía física e edificio, a ver cales se acomodan millor a categoría de xacemento (de xeito que se poida incluír todo) e engadirei algúns outros quizais máis relacionados con arqueoloxía. Como estou un pouquiño metida no mundillo e coñezo algúns arqueólogos que poderían aconsellarme, tratarei de facer o mellor traballo posible!!! E xa por último, tedes un estilo predeterminado ademáis dos estilos de caixa de información? E sabes dalgún modelo que puidese tomar coma referencia en canto ao código css? Por ter unha base para a programación. Moitas grazas e un saúdo, RGC Raquel RGC (conversa) 28 de novembro de 2025 ás 18:52 (UTC)Responder
Boas @Raquel RGC! Antes de nada aclarar que os modelos de Xeografía física e política máis o de Biografía non son "meus", eses están traducidos da Wiki en catalá, os que estou facendo eu son os que teñen un deseño máis redondeado. Teño pensado "actualizalos" aos meus sistemas/deseño pero isto inda vai levar tempo. En canto ao nome das propiedades, se pos eventos ou acontecementos tanto ten, eu polo xeral vou copiando os nomes que teñen as propiedades de Wikidata, onde xa deberían ir tamén todos os sinónimos etc. Aquí o importante sería coller a info de Wikidata.
En canto ao código css e estilo, neste caso son a mesma cousa. Por defecto a propia caixa de infobox ven cun estilo predeterminado, que podes alterar sutilmente a través de bodystyle etc. Pero se realmente queres cambiar o deseño do modelo tes que facer un css, para todos os modelos que estou editando teño un único css multiuso (Modelo:Modelos/styles.css)
Podes velo en calquera dos modelos, pero o css podes chamalo dende o código así:
(Antes de facer cambios neste css, por favor, coméntamo antes. Inda esta en WIP, un cambio aquí pode estropear a apariencia dos modelos que xa están en uso)
Con isto xa debería valer para cambiar os diferentes styles. Se queres usar o mesmo deseño ten en conta que a maior parte dos parámetros son estándar pero teño tamén varios paneis personalizados para o funcionamento de varias seccións automatizadas. (moito que explicar...😅) Ademais se ves seccións que aparece a palabra "dark" é para poder cambiar ao "modo escuro" e que o modelo reaccione automaticamente e cambie as cores escuras.
A min persoalmente gustariame que todos os modelos tiveran un deseño similar, inda que non fose o meu. É dicir ter un consenso de como se ven todos os modelos entre todos. Isto paréceme importante como deseñador industrial, xa que fai as páxinas máis recoñecibles, accesibles e fáciles de atopar/navegar. Dito isto tampouco quero quitar a ninguén a oportunidade de experimentar cos modelos e facer os seus propios, polo que es totalmente libre de facer como máis gostes. É máis, se tes algunha recomendación/corrección sobre calquera cousa nos modelos que estou aplicando por favor dimo.
Como inda estou cambiando cousas bastante troncais dos modelos inda non teño acabada ningunha guía de uso nin de funcionamento, en canto poida intentarei completar estas guías en tódolos modelos. Isto debería clarificar bastante as capacidades e características que ten cada un.
Un saúdo! O Breixo (conversa) 1 de decembro de 2025 ás 11:54 (UTC)Responder

Visión de mapas

[editar a fonte]

Ola, O Breixo. Feliz ano. Unha pregunta. Hai algúns artigos de territorios de historia antiga ou, agora veño de ver, de aeródromos que deixaron de selo nos que, no cadro de modelo da dereita, non se ve ben o mapa de localizción (non aparece). Sabes a que se pode deber? Saúdos. MAGHOI (conversa) 1 de xaneiro de 2026 ás 19:01 (UTC)Responder

Ola, @MAGHOI, feliz ano!
Si, xa me din conta que as veces non termina de cargar o mapa. Ás veces simplemente con cambiar de buscador ou esperar a que se rexenere o caché da páxina xa volve funcionar. Pero si, isto non acontecía antes. Sospeito que pode ser debido aos "modelos fillos", antes o código do mapa ía directamente no modelo e agora está aniñado no modelo fillo que a súa vez vai no modelo principal, isto pode facer que o mapa tarde máis en cargar causando que ás veces directamente non termine de cargar. Teño que facer probas pero supoño que volvendo a poñer ese código directamente no modelo pode ser suficiente. De tódolos xeitos o mapa que estou collendo é unha copia do código do modelo de xeografía e teño pendente facer un propio, principalmente porque tamén quero que o tamaño se adapte mellor ao recadro de ser posible.
Se puideras compartir algunha páxina onde sexa recorrente podo irlle botando un ollo.
Un saúdo, O Breixo (conversa) 2 de xaneiro de 2026 ás 09:38 (UTC)Responder
@MAGHOI Por exemplo en Vicecondado de Carcasona a min tampouco me carga o mapa.. parece ser un problema do código principal... O Breixo (conversa) 2 de xaneiro de 2026 ás 19:34 (UTC)Responder
Boas. Perdoa a tardanza en respostar. Por exemplo, ocorre aquí: Eparquía católica greco-melquita de Newton e aquí Panonia Secunda. Saúdos MAGHOI (conversa) 5 de xaneiro de 2026 ás 11:08 (UTC)Responder
@MAGHOI
Si, eu pensaba que era por culpa modelos fillos, pero semella que non ten nada que ver. Debe ser algo do código orixinal dos modelos de xeografía, quizais @Amadalvarez saiba como poder arranxalo. Quizais un tipo de coordenada dada en Wikidata que non estea soportada polo código? Seguirei observando a ver se atopo o patrón, de tódolos xeitos a miña lista de tarefas no referente aos modelos é a seguinte:
- Acabar de aplicar, organizar e actualizar os modelos modulares. Inda queda..
- Rematar a guía de uso e aplicala a tódolos modelos. Ordenar as páxinas de modelos.
- Mellorar o sistema de imaxes do modelo, incluír tódolos tipos de imaxe: planta, vista nocturna, etc
- Mellorar o mapa do modelo, facer que só apareza o mapa interactivo e que se adapte mellor ao recadro. E por suposto a ver se conseguimos arranxar o problema de que non se vexa.
- ...
A partir dagora a páxina que vou usar como índice para editar os modelos vai ser Modelo:Modelos modulares, así deixo libre Modelo:Modelos para facer unha lista de modelos independentemente do funcionamento. Para comentar calquera cousa dos modelos podemos facelo dende esa páxina e conversa, tamén intentarei incluír a lista de tarefas para que saibades que estou a facer en cada momento e poidades comentar ou facer propostas.
Unha aperta, O Breixo (conversa) 5 de xaneiro de 2026 ás 13:35 (UTC)Responder
Ok. Graciñas. Dame suores con toda esa planificación. :) MAGHOI (conversa) 5 de xaneiro de 2026 ás 14:33 (UTC)Responder
@MAGHOI, @O Breixo. Feliz Aninovo!. Falamos do problema cos mapas aquí. O módulo base que debuxa os mapas non os representa se lle pediron que debuxase unha superficie e esta non foi creada en OSM, como se describe en phab:T269984#7462961. As chamadas que fan as infocaixes (tal e como as programamos) incorporan unha capa para representar o contorno da unidade xeográfica. A priori non pode verificar que información hai en OSM, polo tanto, cando esta información existe funciona ben, e cando non a existe, funciona mal. Exemplo: os concellos (Vigo) funcionan e os montes, normalmente, non (Serra do Fial das Corzas).
En calquera caso, ao premer nel, o mapa móstrase correctamente.
@O Breixo Parabéns polo teu traballo nos Modelo:Modelos modulares.
Salut ! Amadalvarez (conversa) 5 de xaneiro de 2026 ás 17:04 (UTC)Responder
@Amadalvarez Bon any nou!
Grazas polas aclaracións! O Breixo (conversa) 7 de xaneiro de 2026 ás 14:09 (UTC)Responder
@Amadalvarez. Coma sempre, molt gracies. MAGHOI (conversa) 7 de xaneiro de 2026 ás 14:13 (UTC)Responder

Modelo:Obra

[editar a fonte]

Boas @O Breixo, quería facerche unha petición sinxela. Hai pouco observei que os filmes só amosan na táboa a propiedade imaxe e non a de póster do filme (P3383), Sería posible arranxalo para que apareza o póster e que sexa de maneira preferente? Moitas grazas meu. Un saúdo. Breogan2008 (conversa) 10 de febreiro de 2026 ás 21:37 (UTC)Responder

Boas @Breogan2008! Estou niso!
Agora, a imaxe de póster, xa está incluída no novo sistema de imaxes (o sistema permite seleccionar que imaxe ver facendo clic nos títulos resaltados debaixo, igual que nos modelos de xeografía política) pero non se ve porque o sistema só soporta ata seis imaxes diferentes e o póster é a sétima.
Estou traballando en facer unha copia do modelo base con este máximo aumentado, xa que ademais quero incluír bastantes tipos de imaxe máis. Non debería tardar moito en telo.
Un saúdo, O Breixo (conversa) 11 de febreiro de 2026 ás 00:11 (UTC)Responder

Thank you for being a medical contributors!

[editar a fonte]
The 2025 Cure Award
In 2025 you were one of the top medical editors in your language. Thank you from Wiki Project Med for helping bring free, complete, accurate, up-to-date health information to the public. We appreciate you and the vital work you do!

Wiki Project Med Foundation is a thematic organization whose mission is to improve our health content. Consider joining for 2026, there are no associated costs.

Additionally one of our primary efforts revolves around translating health content. We invite you to try our new workflow if you have not already. Our dashboard automatically collects statistics of your efforts and we are working on tools to automatically improve formating.

Look forwards to collaborating in the year ahead. Thanks again :-) -- Doc James along with the rest of the team at Wiki Project Med Foundation 14 de febreiro de 2026 ás 07:42 (UTC)Responder

(Esta mensaxe foi enviada a "Usuario:O Breixo" e publícase aquí debido a unha redirección.)

Axuda

[editar a fonte]

Ola, @O Breixo. Outra comenencia. quería pedirche axuda porque non dou con into. Explícome. Estou a refacer o artigo de Lista de emperadores romanos que estaba incompleto e no apartado da "Tetrarquía", no primeiro emperador, Diocleciano, dado que empeza a haber unha división quería colorear un cadro; é o que está marcado cun "X". Intentei meter código de mil xeitos pero éme imposible, quizais porque orixinalmente era un cadro, e foi dividido.

Cando teñas un minutiño, agradeceríache que lle meteses cor, para despois eu, copiar noutros cadros. Dende xa, moitas grazas. MAGHOI (conversa) 9 de marzo de 2026 ás 20:44 (UTC)Responder

@MAGHOI Listo, calquera cousa dime. O Breixo (conversa) 9 de marzo de 2026 ás 21:43 (UTC)Responder
Grazas mil. MAGHOI (conversa) 10 de marzo de 2026 ás 12:03 (UTC)Responder

Gralla nun modelo

[editar a fonte]

Ola, O Breixo. Hai unha gralla no modelo:Organización; se entras no artigo dunha empresa verás que hai un apartado onde pon "Ten en propiendade". Poderías corrixilo? Mark Gasoline (conversa) 11 de marzo de 2026 ás 19:07 (UTC)Responder

@Mark Gasoline Listo, graciñas polo aviso! O Breixo (conversa) 11 de marzo de 2026 ás 19:20 (UTC)Responder

Nomenclátor

[editar a fonte]

Ola, @O Breixo. Acudo de novo a ti por unha consulta. Na Taberna, abrín un fío en "Propostas" para ver de organizar-las mudanzas do novo Nomenclátor. En Academia.gal indican que, en breve, AMTEGA modificará a base de datos para incuír eses cambios. Supoño que facer os cambios tanto de título como no interior, será imposible facelos cun bot, non? Saúdos. MAGHOI (conversa) 30 de marzo de 2026 ás 19:01 (UTC)Responder

Ola @MAGHOI, pois a verdade descoñezo se se pode facer, nunca me puxen a facer un. Seguramente @Breogan2008 saiba mellor ca min se é posible automatizalo dalgún xeito. Parece que Estevo xa ten centralizados os cambios a facer en Wikipedia:Wikiproxecto Nomenclátor 2026.
Agora estou centrado en rematar o dos modelos, pero cando poida irei botándolle un ollo ao tema dos bots.
Un saúdo, O Breixo (conversa) 30 de marzo de 2026 ás 19:45 (UTC)Responder
Boas, eu uso o bot coa ferramenta JS Wiki Browser, e podo axudar a facer cambios automáticos e mover categorías masivamente, mais non o uso para mover artigos, pola miña conta podo facelo a man. Pero contade comigo para facer cambios sistemáticos. Breogan2008 (conversa) 30 de marzo de 2026 ás 20:27 (UTC)Responder
Grazas aos dous, @Breogan2008 e @O Breixo. A ver se damos pensado como se pode facer da mellor maneira. MAGHOI (conversa) 31 de marzo de 2026 ás 11:40 (UTC)Responder
@MAGHOI, @O Breixo e @Breogan2008: a tal hora eu confiaría no criterio de @Manolo da Televinte para ir facendo os cambios. Coido que os movementos deben ser manuais, pero os bots poden ser útiles para corrixir redireccións. Sería fabuloso se @Maria zaos axudase a orientar como debería ser o proceso en Wikidata para referenciar as modificacións. --Estevo(aei)fálame aquí 31 de marzo de 2026 ás 11:47 (UTC)Responder

Portada

[editar a fonte]

Ola, @O Breixo. Cando teñas un ratiño, podes botar un ollo á portada? o reusmo do artigo "Galaxia" aparece case todo en negras. No artigo orixinal aparecía, antes, un modelo para uso de vocábulos en grego, pero xa o eliminei cambiando un pouco a expresión do parágrafo. Agora, debería estar ben, pero segue sen modificarse a portada. Grazas de antemán. MAGHOI (conversa) 11 de maio de 2026 ás 17:17 (UTC)Responder

Boas @MAGHOI
Agora, en canto se actualice o cache da portada, debería aparecer ben. Este erro ten que ver que ao transcluír cambia " por ' causando algúns erros puntuais. Vou mirar se podo retocar ou facer unha versión propia do modelo Extracto e personalizalo para que funcione o mellor posible no noso caso, pero vaime levar un chisco.
Un saúdo, O Breixo (conversa) 11 de maio de 2026 ás 18:33 (UTC)Responder
Grazas. MAGHOI (conversa) 12 de maio de 2026 ás 08:37 (UTC)Responder

Modelos

[editar a fonte]

Ola, @O Breixo. Estaba mirando uns artigos de partículas (protón, neutrón...) e algunhas manteñen o modelo antigo de "ficha de partículas". Coloqueilles o modelo de "composto químico" para probar o resultado e non o teño moi claro. Entón, quería saber a túa opinión: vale o modelo anterior, hai algún outro que eu non considere ou cómpre que lle fagas un modelo específico. Sen présas. Saúdos. MAGHOI (conversa) 17 de xuño de 2026 ás 11:57 (UTC)Responder

Ola, O Breixo e @MAGHOI:. Métome onde non me chaman. O outro día decateime de que existe o Modelo:Ficha de partícula pero que non toma información de Wikidata, entón engadino en Wikipedia:Wikiproxecto modelos na lista de espera de cara a crear nalgún momento Modelo:Partícula, cando poida ser. Saúdos a ambos! --Estevo(aei)fálame aquí 17 de xuño de 2026 ás 12:06 (UTC)Responder
Ola boas! @MAGHOI @Estevoaei
Pois si, defeito hai un montón de propiedades específicas para partículas en Wikidata. Intentarei poñerme un día con isto entón, penso que si merece a pena facer un modelo específico. Cada vez me queda menos co de Xeografía, en canto o teña, pasarei ao de Partícula logo.
Por certo, quería volver insistir (xa que non me respondistes na conversa de @Breogan2008) en como debería facer para substituír o modelo actual de Xeografía co novo (agora en Modelo:Xeografía política/probas). Neste caso penso que non merece a pena facer un Modelo:Xeografía unificado (xuntando política e física), principalmente porque diría que ninguén de nós ten ganas de cambiar o modelo en todos os artigos (a non ser que se use algún bot). Polo que penso que actualizalo nos modelos que xa están en uso é a mellor opción.
De "actualizar" os modelos actuais substiutiría o traballo de @Amadalvarez, polo que me gustaría ter a aprobación e o respaldo da comunidade antes de cambiar as fichas de todos os artigos de xeografía. Tampouco sería unha substitución total xa que o novo bebe moito do vello, pero polo menos que os máis implicados xa estean informados a priori de algún xeito. A miña dúbida principal é como proceder, abro unha proposta na Taberna?
Un saúdo, O Breixo (conversa) 17 de xuño de 2026 ás 16:25 (UTC)Responder
Eu creo que o mellor espazo para comentalo son as conversas dos propios modelos, Conversa modelo:Xeografía política. --Estevo(aei)fálame aquí 17 de xuño de 2026 ás 21:05 (UTC)Responder
Ola @O Breixo. En primeiro lugar, gustaríame felicitarte polo traballo duro que supuxo crear unha colección de submodelos que permite unha programación máis estruturada. Alégrome de saber que hai editores dispostos a facer esta tarefa de mantemento.
En CAwiki, esta metodoloxía utilizouse orixinalmente (antes de WD) e era moi útil cando había poucos requisitos de estilo entre as infocaixas de diferentes temas. Pero coa chegada de WD e a facilidade de mostrar máis información que cando todo tiña que introducirse manualmente, a comunidade quería ter a información ordenada e estruturada, pero non necesariamente igual entre diferentes temas. Polo tanto, era difícil conseguir un código de submodelo "resistente" en todas as situacións.
Comezáronse a facer variantes dos submodelos. Por exemplo: as seccións deben ter sempre o mesmo contido para calquera tema, ou, por exemplo coas datas, deberían aparecer algunhas ao principio e outras máis abaixo?.
Por iso optamos por facer uns bloques de código moi elaborados, como os que tu fixeches nos modelos modulares, que se copian cando unha infocaixa require este tratamento. Se evoluciona máis tarde cos seus propios requisitos, é máis doado xestionalo.
Xa coñeces as vantaxes da metodoloxía que aplicaches e eu subscriboas ao 100 %. Déixame sinalar algúns inconvenientes cos que debes ter coidado:
  • Os submodelos son omniinclusivos, polo tanto deben recoller todas as situacións posibles en todos os infocaixas que os usan. Mesmo se o código do infocaixa é moi simple, a lonxitude total do código que se debe cargar e procesar é a suma de todos os submodelos chamados.
  • Os valores manuais desapareceron. Xa sabes que non me gustan. Non obstante, os parámetros manuais con valor = "NONE" impiden que se recupere o valor de WD. Dado que non podemos controlar o contido de WD ao 100 %, a miúdo é necesario.
  • Para facelo máis estándar, escolleches un formato non moi comprimido e aparecen infoboxes moi longos que resultan inconvenientes cando se accede a través do móbil.
Algunhas melloras fáciles de incorporar:
  • O modelo:Modelos modulares/Dimensión reúne todo tipo de dimensións; físicas, químicas, económicas, estatísticas de lonxitude, peso ou temperatura. Para iso, chama a máis de 160 propiedades por cada consulta realizada por un lector. Falta aínda o Modelo:Obxecto_astronómico, que debe ser de 60-70 máis. Poderíase facer 1 submodelo por tipo de dimension. Tamén se podería usar o Módulo:Dimensións que mostra de forma sintética un conxunto de dimensións comúns en edificios, obras e xeografía física e converte as unidades ao sistema métrico (ex.: Ponte_Golden_Gate vs ca:Pont_Golden_Gate)
En resumo: creo que a idea é boa e teremos que estar atentos para refinar os problemas que xurdan. Ningún é irresoluble!.
Grazas por liberarme da responsabilidade de manter as táboas de información.
CC: @Estevoaei, @MAGHOI
Salut ! Amadalvarez (conversa) 20 de xuño de 2026 ás 11:28 (UTC)Responder
Ola @Amadalvarez
Totalmente dacordo!! E moitas grazas por tomarte o tempo en axudar con isto. Efectivamente, xa notei que as páxinas que teñen os modelos tardan un chisco máis en cargar. Tamén tiña esa idea, quería primeiro facer grandes categorizacións para ter unhas bases de como organizar e despois facer varias subdivisións e redeseños de compactación. Vou facer isto a miña prioridade actual antes de avanzar máis.
Un saúdo, O Breixo (conversa) 20 de xuño de 2026 ás 13:48 (UTC)Responder
Se podo axudarche en algo, só tes que pedilo.
Aproveitei a oportunidade para propoñer un código alternativo para o IF co que comezan os modelos modulares para saber se hai contido. Está en Modelo:Modelos modulares/Datas. É un truco un pouco máis eficiente. Todo suma.
Salut ! Amadalvarez (conversa) 20 de xuño de 2026 ás 20:56 (UTC)Responder
Ola @Amadalvarez, desculpa a miña rápida resposta anterior, aquí entro un pouco máis en detalle:
Código
Polo momento prefiro ter a lista co número de propiedades ao lado do nome para poder ter trazabilidade e facer movementos de propiedades entre os modelos rapidamente. Inda que sexa código máis longo, é máis claro para min nesta fase.
Eu non son programador profesional senón enxeñeiro de deseño, o máis importante para min e conseguir un deseño limpo, recoñecible entre artigos e, como ti comentas, omniinclusivo que dependa das propiedades collidas de Wikidata. Calquera recomendación de código, sobre todo orientada a optimización, é máis que benvida.
Omniinclusividade
A verdade, intentei ter isto en mente dende o comezo do deseño dos modelos. Penso que sobre todo axuda non facer moitas subcategorizacións e ter categorías básicas con nomes xerais como "Características", "Dimensións". Pensar como categorizar as propiedades propiedades dun xeito simple e amplo pero que sirva para ter certa orde visual no modelo.
Os casos máis duros penso que son certas propiedades: por exemplo P186 que é usado tanto como "material" como "ingrediente", e no modelo de comida non queda nada ben poñer "material", aquí solucioneino simplemente poñendo "material ou ingrediente". Co deseño actual podo incluír un "nome de propiedade" máis amplo en contraposición coas labels que ocupan máis espazo vertical cando este ten máis dunha palabra.
Versión móbil
No móbil podes conectarte de dous xeitos, vía app e vía web móbil. Vía app xa non existe este problema xa que todo o modelo ven pregado en unha pestana chamada "datos rápidos". Vía web móbil, as propiedades con moita extensión deberían aparecer pregadas igual que nun pc. Sei que hai cousas que non se visualizan correctamente como as pestanas das imaxes, vense todas unha detrás de outras, ou o mesmo deseño vese con máis espaciado do que debería, etc.
Penso que se queremos modelos en pc, vai ser algo que indepedentemente do deseño do modelo sempre vai a ver páxinas perxudicadas por isto, practicamente ningún modelo se visualiza igual en web móbil. A app funciona perfectamente para ler e consultar cousas rápidas e xa ten incluídos eses cambios de formatos estilísticos específicos para pantallas de móbil. E tamén hai unha terceira opción que é abrir web escritorio no móbil, case todos os buscadores permiten isto. En calquera caso, penso que é algo que está fóra das miñas mans.
Axuda
A min personalmente o que máis me pode axudar son listas de erros/cambios a solucionar. Tamén calquera proposta de como compactar e mellorar a presentación da información, como o que comentaches do sistema métrico, queda apuntado.
Grazas!
Salut! O Breixo (conversa) 21 de xuño de 2026 ás 19:37 (UTC)Responder

Discord Account

[editar a fonte]

Hey, heads up, your discord account has been compromised. LuniZunie (conversa) 2 de agosto de 2026 ás 20:44 (UTC)Responder

I was hit by the same hack recently, I would suggest changing all of your passwords ASAP. Also expect password and username combos to be uploaded online when the original hackers are done. LuniZunie (conversa) 2 de agosto de 2026 ás 20:48 (UTC)Responder
@LuniZunie Thanks for de advice, changing passwords right now. O Breixo (conversa) 2 de agosto de 2026 ás 21:15 (UTC)Responder

Erro nun modelo

[editar a fonte]

Ola, O Breixo. Hai un erro no modelo:Organización, é este que corrixiches hai uns meses. Non o entendo, por que apareceu outra vez? Non te reverterían? Mark Gasoline (conversa) 11 de agosto de 2026 ás 05:26 (UTC)Responder

Feito, grazas por avisar! O Breixo (conversa) 11 de agosto de 2026 ás 10:49 (UTC)Responder
Vale. Un saúdo. Mark Gasoline (conversa) 11 de agosto de 2026 ás 13:27 (UTC)Responder

Pirámide Vermella

[editar a fonte]

Ola, O Breixo. Veño a avisarche de que esqueciches engadir un dato en Pirámide Vermella, ao principio do artigo. Poderías solucionalo? Grazas. Mark Gasoline (conversa) 20 de agosto de 2026 ás 14:13 (UTC)Responder

Feito, movéraa para o inicio. Graciñas! O Breixo (conversa) 20 de agosto de 2026 ás 15:34 (UTC)Responder
Non hai de que. Saúdos. Mark Gasoline (conversa) 20 de agosto de 2026 ás 15:48 (UTC)Responder

Dúbidas

[editar a fonte]

Ola, @O Breixo. Un par de dúbidas. Para colocar o modelo do principio a un satélite artificial (ollo non ao foguete que o coloca en órbita), cal coidas que sería o modelo axeitado.

E, en segundo lugar, para o modelo que aínda existe "foguete", compriría actualizalo ou facer un novo, ou debería quedar como está. Xa me comentas cando poidas. Saúdos. MAGHOI (conversa) 30 de agosto de 2026 ás 15:11 (UTC)Responder

Ola @MAGHOI para os dous penso que se debería de usar Modelo:Produto (vehículos, barcos, avións, armas, naves, produtos eléctricos, etc), o tema é que o último que me queda por integrar nos Wikipedia:Modelos modulares son precisamente as propiedades de Modelo:Obxecto astronómico. Que inclúen datos orbitais, etc
O modelo de foguete ten algunhas propiedades moi especificas que non sei se estarán dispoñibles en wikidata. Coma sempre ir substituindo os que den menos información e no futuro trasladar esa información ao corpo do texto ou a wikidata. Polo momento eu non substituiría os máis completos ata que faga a última revisión de datos astronómicos nos módulos.
Se ves unha propiedade específica que falte ou que corra máis presa faimo saber. A ver se en setembro consigo atopar un día para rematar iso e optimizar un pouco máis os modelos antes de continuar facendo máis. Así xa deixariamos ben pechado o tema.
O que si estiven pensando que pode ser interesante facer diferenciado é o de Modelo:Premio ou Modelo:Medalla, xa que "acontecemento" é un pouco extraño de relacionar penso eu. Creo que foras ti quen me falara disto no pasado.
Agora cos modelos modulares estes, facer novos nomes de modelos é fácil xa que todos os modelos funcionan co mesmo sistema de base. Só queda pensar ben estes nomes e onde aplicalos. Por exemplo sería interesante un Modelo:Documento que separase documentación como tratados, constitucións, diplomas, etc de Modelo:Obra. Calquera proposta ou recomendación neste sentido é benvida.
Un saúdo, O Breixo (conversa) 30 de agosto de 2026 ás 21:41 (UTC)Responder
Grazas pola aclaración. O do modelo:Medalla, tamén, paréceme un acerto porque, grazas a Moedagalega, temos un monte de artigos é moi potentes, ademais. Saúdos. MAGHOI (conversa) 31 de agosto de 2026 ás 15:00 (UTC)Responder

Modelos

[editar a fonte]

Ola, Breixo! Como vai todo?

Quería pedirche axuda. O artigo MV Erkowit emprega o Modelo:Produto, e d:P:1093 ("tonelaxe bruta") aparece como "tonelaxe *bruto. Non dou atopado en cal modelo modular editar a información. Como podo sabelo?

Mil grazas polo teu labor cos modelos! Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 22 de setembro de 2026 ás 12:20 (UTC)Responder

Boas @Estevoaei!
Podes mirar como están organizados os modelos modulares en Wikipedia:Modelos modulares. Neste caso sería na categoría de "Cifras e dimensións" polo tanto estará en {{Modelos modulares/Dimensión}}, concretamente en * {{Modelos modulares/Dimensión/Ciencia}}. Cando faga o último pase intentarei que os nomes se correspondan cos títulos das categorías visibles no modelo.
Xa queda corrixido, unha aperta! O Breixo (conversa) 22 de setembro de 2026 ás 12:29 (UTC)Responder