Benvido a EGU - Enciclopedia Galega Universal

Aínda non se creou contido para a páxina principal.

Abdera

Cidade da antiga Grecia, na costa de Tracia, preto da actual Adira, a 63 km de Kavala. O seu xacemento arqueolóxico comezouse a escavar de xeito sistemático en 1950.

Máis >
Iskenderun

Cidade do il de Hatay, Turquía (160.000 h [estim 2000]). Está situada no extremo NL do Mar Mediterráneo, ao pe dos montes de Amanos.

Máis >
Chaumette, Pierre Gaspard

Revolucionario francés. En 1792 chegou a ser procurador síndico da comuna de París. Loitou contra os xirondinos e os católicos. Organizou a primeira cerimonia de culto á deusa Razón en Notre-Dame e fixo pechar as igrexas de París. Á caída dos hebertistas, foi xulgado e executado.

Máis >
Gaunilón

Filósofo e monxe beneditino francés. Tesoureiro e preboste da igrexa de Saint Martin de Tours, ingresou no mosteiro de Marmoutier ao redor de 1604, onde escribiu o Liber pro insipiente co fin de refutar o argumento ontolóxico de santo Anselmo.

Máis >
Tasilón III de Baviera

Nobre xermánico. Duque de Baviera (748-788), fillo e sucesor do duque Odilón I. Casado con Liuberga, filla do rei longobardo Desiderio, en 764 tentou liberar da vasalaxe aos reis francos e retirouse do exército de Pipino I o Breve dirixido contra os aquitanos. En 788 Carlomagno apresouno e a Dieta de Ingelheim condenouno a morte por traidor, pero foi indultado.

Máis >
Vario Rufo, Lucio

Poeta. Autor de composicións épicas e tráxicas, consérvanse algúns fragmentos do seu poema De morte (40?) e da traxedia Tiestes (29).

Máis >
Lamela Castro, Anselmo

Pintor. Foi cofundador do grupo Nome, co que realizou diversas exposicións. Colaborou como ilustrador en Xofre: historieta galega (1979).

Máis >
Winkler, Clemens Alexander

Químico. Fixo investigacións sobre a análise de gases e desenvolveu novos métodos de análise gravimétrica e o método, chamado de contacto, para a produción de ácido sulfúrico (1878). En 1886 descubriu o xermanio.

Máis >
Puebla de la Calzada

Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado no val do Guadiana, ao L da capital provincial (5.522 h [2001]). A economía é agrícola e gandeira.

Máis >
Loading