A bufanda de don Xes�s

Francisco Castro
Francisco Castro ESCRITOR E M�SICO

OPINI�N

MABEL R. G.

Nestes tempos de pensamento feble, de votalitidade absurda, de opini�ns moles coma manteiga da mala, a fe rexa na raz�n, no compromiso, na verdade, de Xes�s Alonso Montero daba esperanza. Nesta �poca agre, onde os malos semellan ga�ar todas as partidas, onde a mediocridade se entroniza a base de discursos superficiais, a memoria ben armada, o argumento preciso, a palabra exacta, o dato fundamental nas verbas de Xes�s aliment�banos obrig�ndonos a pensar que a�nda era posible un mundo mellor, onde os xustos, os castigados da historia, tivesen a�nda un papel de gloria.

Era enciclop�dico. Non no senso banal de algu�n de memoria incrible, que tam�n. Era enciclop�dico no senso ilustrado da palabra. Sab�a o que cumpr�a saber, declar�base maior de idade para a liberdade e, por iso, nunca se someteu. Vendo a tanta xente que se vende por un prato de lac�n con grelos, o comportamento sempre �tico de Alonso era exemplo para os que nin de lonxe imos chegar nin a medio cent�metro da s�a grandura de xigante. E precisamente porque era as� de �ntegro, foi todo xenerosidade.

Co�ecino aos meus 23 anos. Para min era xa un mito daquela. Co�ecino, claro, escoit�ndoo falar nunha palestra na que en dez minutos xa me fixo entender m�is literatura galega que todos os libros que lera antes. Porque era un home apaixonado que nos apaixonaba aos demais. Apaixonado polas letras, as galegas e todas aquelas que destilaban verdades; por Antonio Machado, a quen el sempre chamou Don Antonio; por Curros, pola internacional dos homes libres e liberados da opresi�n. Por un bo xantar con amigos. Polos doces que comemos en Lugo unha vez. Pola m�sica. Era un gran cantor.

Xes�s Alonso Montero, e non � un t�pico, d�ixanos orfos. Non hai figura viva actual en Galicia que se lle poida achegar, nin dende un punto de vista intelectual, nin acad�mico, nin, por suposto, �tico. El sab�a que toda a terra, como dixo Rosal�a, � dos homes, e ese neno de Ventosela estaba a� para arrimar o ombreiro e, con todos, navegar cara un horizonte m�is amable.

A cultura galega perdeu este pasado xoves un referente. Algu�n en quen mirarse. Unha persoa a imitar. Non andamos sobrados de personaxes as�. Coma os m�is grandes, era humilde. E r�a. Abof� que r�a. Abof� que rimos moito con el. E xa saben o que dic�a Arist�teles: quen ri � intelixente. E don Xes�s era intelixente. Moito.

Na r�a Sanjurjo Bad�a, en Teis, a cen metros onde pasei a mi�a infancia, viviu unha chea de anos. Gust�bame saber que el viv�a al�. Unha das cousas que m�is lle gorentaba era tomar caf� nalgunha das cafetar�as, humildes, proletarias, que hai nesa r�a escura da cidade de Vigo. Hoxe al� hai un baleiro. E o recordo, para sempre, dunha bufanda roxa ao vento dun home, enteiro, que paseaba por al� cun libro debaixo do brazo.