Benjamin Biolay

Ton héritage - Galician translation

✕
Album:
La Superbe
Original lyrics
Translation

Ton héritage

A túa herdanza

Se che gustan as tardes de chuvia,
meu fillo, meu fillo,
as rúas de Italia
e os pasos dos peatóns,
a eterna letanía
das follas mortas no vento
que lanzan o derradeiro berro,
berra, meu fillo.
 
Se che gusta o ceo descuberto,
meu fillo, meu fillo,
bañarte a medianoite
no inmenso océano;
se che gusta a mala vida,
o teu reflexo no estanque;
se queres aos teus amigos
preto de ti, todo o tempo.
 
Se rezas cando cae a noite,
meu fillo, meu fillo,
se non levas flores ás sepulturas,
pero queres aos que xa non están;
se tes medo das bombas
e de que o ceo sexa demasiado grande;
se lle falas á túa sombra
de cando en vez.
 
Se che gusta a baixamar,
meu fillo, meu fillo,
o Sol no patio
e a Lúa baixo o vento,
se se che perde o rastro a miúdo
en canto chega a primavera,
Se a vida che é demasiado,
Pasa, meu fillo.
 
Non é a túa culpa,
é a túa herdanza,
e será aínda peor
cando teñas a miña idade;
non é a túa culpa,
é a túa carne, o teu sangue;
haberá que facer algo con iso
ou, aínda mellor, sen iso.
 
Se esqueces os nomes,
as direccións e a idade,
pero casi nunca o son
dunha voz, un rostro,
se che gusta o que é bo,
se ves espellismos,
se prefires París
cando a tormenta está chegando.
 
Se gostas do sabor agrio
e os invernos son moi brancos,
se gostas das últimas copas
e dos inquedantes misterios,
se gostas de oír á terra
e do xorder do volcán,
se tes medo do baleiro,
bótao fóra, meu fillo.
 
Non é a túa culpa,
é a túa herdanza,
e será aínda peor
cando teñas a miña idade;
non é a túa culpa,
é a túa carne, o teu sangue;
haberá que facer algo con iso
ou, aínda mellor, sen iso.
 
Se gostas de marchar antes,
meu fillo, meu fillo,
antes de que o outro acorde,
antes de que te abandone;
se tes medo do soño
e de que pase o tempo;
se gostas do vermello outono,
marabilla, escarlata sangue.
 
Se tes medo do xentío,
pero soportas á xente,
se os teus ideales van a pique
a tarde na que cumpres vinte anos;
se todo ocorre,
pero non como o planearas,
se só es un canto que rola,
rola, meu fillo.
 
Non é a túa culpa,
é a túa herdanza,
e será aínda peor
cando teñas a miña idade;
non é a túa culpa,
é a túa carne, o teu sangue;
haberá que facer algo con iso
ou, aínda mellor, sen iso.
 
Meu fillo...
You can thank submitter by pressing this button
expand collapse Translation details
Chen XiChen Xi
submitted on 17 Nov 2014 - 00:40
Log in or sign up to add a comment.
Log in Log in User Sign up