Carlos Lema
Carlos Lema (San Sadurniño, 1958) escribiu os poemarios "O xeito de Freud" (Premio Johán Carballeira, Espiral Maior, 2008) e "Álbum da cuarta dimensión" (Chan da Pólvora, 2020). En "Poesía, linguaxe e acción (con René Char)" (Amastra-n-gallar, 2011) deu ao prelo un conxunto de textos arredor de Martin Heidegger, René Char e a facticidade da poesía. O libro "Indeterminacións" (Axóuxere, 2012) inclúe escritos sobre lectura, literatura e música. Como filósofo, é autor dos libros "A música das esferas (Xenealoxía da orde do mundo)" (2013) e "A monstruosidade moderna" (2019). É o tradutor de Quentin Meillassoux para o galego e introdutor do realismo especulativo en Galicia. Tamén traduciu "Sobre a lectura, seguido de 'Días de lectura' ", de Marcel Proust, publicado xunto co seu ensaio “Proust e a lectura” (Trifolium, 2011).
Forma parte, como fundador e presidente, do Padroado da Fundación Euseino?
Foi socio fundador de Anosar, primeira empresa galega dedicada exclusivamente á tradución doutras linguas para o galego en todos os ámbitos (literario, comercial, técnico, etc.).
Como editor, tivo o cargo de director de publicacións en Sotelo Blanco Edicións, onde traballou de 1990 a 2001. De 2002 a 2022 foi director de edicións de Editorial Galaxia, anos durante os que tamén foi membro do consello de redacción da revista Grial.
En Sotelo Blanco, reorientou as principais liñas do catálogo, especialmente a colección Medusa de narrativa, na que publicou algúns dos máis anovadores narradores galegos da década de 1990, ademais de incluír traducións de autores coma Paul Auster e Richard Ford. Creou a colección Biblioteca de Traducións, con títulos de Laurence Sterne, Henry James, Antón Chékhov e a primeira novela de Virginia Woolf publicada en galego, e a colección doceXvintedous, baseada na cultura xuvenil e orientada aos "young adults", na que publicaron as súas primeiras novelas autores coma Rosa Aneiros, Jaureguizar, Xabier López e Manuel Darriba e para a que traduciu a novela negra "O estraño caso da rapazola que entrou polo meu despacho adiante", do portugués José Pinto Carneiro. Tamén iniciou a colección Didáctica, orientada á Educación Infantil, con material de apoio ao mestre e material de aula, e na que se van publicar anovadores métodos de lecto-escritura coma "Leo con Bubela". Publicou libros de texto de Educación Primaria, na que sería primeira incursión da editorial no ámbito escolar, para o que tamén ideou a colección Literatura e Crítica, co obxectivo de achegar a crítica literaria ao Ensino Secundario.
Na súa etapa en Editorial Galaxia, creou a Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, que publicou traducións de novidades ao mesmo tempo ca noutras linguas europeas, entre elas, novelas de Martin Amis, Alessandro Baricco, Andrea Camilleri, Anna Gavalda, Kazuo Ishiguro, Daniel Kehlmann, Tom McCarthy, Pierre Michon, Orhan Pamuk, Bernhard Schlink e Jean-Philippe Toussaint.
Tamén se fixo cargo da colección Clásicos Universais, na que publicou os contos completos de Franz Kafka e de Edgar Allan Poe, "O gatopardo" de Giuseppe Tomasi di Lampedusa, "Tres vidas" de Gertrude Stein, "O ruído e a furia" de William Faulkner, "Trópico de cáncer" de Henry Miller, "Molloy" de Samuel Beckett e "O oficio de vivir" de Cesare Pavese. Na colección Dombate de poesía publicou autores coma Xosé María Álvarez Cáccamo, Xiana Arias, Antón Blanco Casás, Helena de Carlos, María do Cebreiro, Manuel Forcadela, Oriana Méndez, Erín Moure, Manuel Outeiriño, Chus Pato, Xavier Rodríguez Baixeras, Ana Romaní e Paulino Vázquez.
Foi o editor galego de Paul Auster e de Haruki Murakami. Con el publicaron as súas primeiras novelas autores coma Xurxo Borrazás, Xabier López, Manuel Darriba, Aníbal Malvar, Xavier Queipo, Alberto Lema e Domingo Villar. Tamén editou as últimas obras de Anxo A. Rei Ballesteros e de Camilo Gonsar, autores dos que posteriormente se encargaría de publicar a Biblioteca Rei Ballesteros e a Biblioteca Camilo Gonsar. Ademais, foi editor de, entre outros autores, Rebeca Baceiredo, Begoña Caamaño, Berta Dávila, Miguel Anxo Fernández, Iván García Campos, Xosé Monteagudo, Miguel Anxo Murado, Chus Pato, Antonio Piñeiro, Manuel Portas, Arantza Portabales, Antón Riveiro Coello, Anxos Sumai, Domingo Villar e Isaac Xubín.
Address: Vigo, Galicia

less
InterestsView All (7)
Uploads
Books by Carlos Lema
Euseino? Editores, col. Casabranca 9
1ª edición, 1ª impresión: xuño de 2019
185 x 135 mm
Rústica con lapelas
316 páxs.
PVP 15 euros [14,40 + 4% IVE]
A realidade está sometida ao suxeito, só existe aquilo que este é quen de pensar, todo se organiza a partir da correlación entre suxeito e mundo. Esa é a razón de que o principio lexitimador da Idade Moderna sexa a liberdade, de aí a importancia que adquire a figura do artista.
Para achegarse a unha nova concepción da realidade que non dependa exclusivamente desa escisión entre suxeito e mundo, a argumentación que segue Carlos Lema neste libro organízase en tres partes, cada unha delas arredor dunha idea: comeza cunha teoría do suxeito como cidadán e artista, remata cunha reflexión sobre o que o autor denomina a consunción tardomoderna e sobre a absolutización da subxectividade na que se inclúe “o contrafío das mulleres”. No centro, vinculando as partes inicial e final, sitúase a representación como mediación que fai posible a relación entre a singularidade do cidadán-artista e o pacto moderno.
Co eixo situado na cuestión do pragmático, a primeira parte deste libro centra o debate en torno ao artista moderno. A continxencia, que todo o condiciona e todo o fai posible, transforma o pensamento en algo antidogmático e pragmático, de tal xeito que a deturpación pragmática da arte ten como resultado a produción da cousa mesma, é dicir, a representación como cousa que se emancipa de quen a pensa. Iso non significa que a pluralidade de perspectivas vaia ocupar o sitio da verdade, todo o contrario, esa pluralidade non sería posible sen unha norma de verdade potencialmente transcendente: a universalidade do disenso.
Na segunda parte, o libro introdúcese no siloxismo da representación a través da poesía, da infancia e da alma. O suxeito é porque di algo de si mesmo; nesa autorrepresentación é onde reside a potencia do enunciado da autopoiese como causa mundi. Chégase á terceira e última parte facendo unha historia da emancipación das mulleres por medio da cultura. O bios triunfa sobre a zoé feminina; a determinación de xénero reelabórase como identidade cultural.
A conclusión que se dá no ensaio final é que a pólis moderna xa non se articula directamente sobre o cidadán, como acontecía desde a Grecia arcaica, senón a partir das súas decisións verbo da representación. Estamos, polo tanto, diante do triunfo da correlación mundo-pensamento pois só a través do suxeito se pode acceder ao mundo, unicamente o suxeito ten poder constituínte, o dunha autosoberanía que, en forma de consunción, fai as veces de salvación. Nese labor que ten como obxectivo facer o sublime accesible, a consagración do ser humano como artista sinala definitivamente o triunfo da monstruosidade moderna.
Índice
9, Introdución. Cidadán e artista: as consecuencias ontolóxicas dunha reificación — 23, Parte 1. A monstruosidade moderna – 25, A deturpación pragmática do artista moderno, ou a representación do consenso sobre o suxeito – 25, O modelo Goethe e o disenso de Lessing: 25, § 1. Vida nacional; 28, § 2. Copertenza; 30, § 3. Tema actual; 31, § 4. Lessingzeit; 33, § 5. Estética; 37, § 6. Xenialidade; 41, § 7. Crítica; 42, § 8. Modelo; 48, § 9. Verdade e creación – 48, Xenialidade e diferenza como pragma: 48, § 10. Pacto social e irrupción do suxeito; 50, § 11. Modos de existencia; 51, § 12. Entendemento xeral; 55, § 13. Liberdade e disenso; 60, § 14. Instrumentalidade; 61, § 15. Pólis, política e límites da cidade; 63, § 16. Monstros da modernidade – 66, Unha transición: a polémica sobre a loucura: 66, § 17. Derrida e Foucault: historia dunha controversia; 67, § 18. O instante da decisión; 67, § 19. A linguaxe da razón; 68, § 20. Inconceptualidade; 70, § 21. Louvanza da loucura; 71, § 22. Xenealoxía; 72, § 23. Posibilidade e ficción; 73, § 24. Hipóstase; 73, § 25. Texto ou historicidade da exclusión; 75, § 26. O senso do ser; 76, § 27. A ampliación da razón – 76, A superación da polémica: o principio de irrazón: 76, § 28. Continxencia e irrazón; 79, § 29. Pensar un x independente; 84, A solución de Gabriel; 84, § 30. Sinnfelder; 85, § 31. O espazo das razóns; 87, § 32. Disenso e obxectividade; 90, § 33. Teoría da verdade como disenso – 92, Recapitulación: a masa paradoxal da inconceptualidade: 92, Reexposición dos antecedentes; 96, Reexposición dos consecuentes – 99, Teses sobre a representación do suxeito – 105, Un monstro. A xustificación estética da vida – 119, Teoría do suxeito. Situacións e relacións: 119, 1. Igualdade; 120, 2. Representación; 121, 3. Liberdade; 122, 4. Situación; 124, 5. Consciencia; 126, 6. O suxeito da Historia; 131, 7. Representación, devir e vida; 132, 8. Da presenza, os obxectos e o amor; 135, 9. Definición de vida; 136, 10. Homo faber, o suxeito produtor; 144, 11. A filiación libre — 147, Parte 2. O siloxismo da representación – 149, Vinte e unha teses sobre a poesía como representación – 159, Poesía e infancia: 160, O desvío materialista; 161, Fóra da correlación – 165, Alma e poesía. A afección do suxeito polo disenso —171 Parte 3. A consunción tardomoderna – 173, As fadas modernas. Primeiras autoras, infancia e literatura: 178, Contos de fadas, escritoras e razón; 188, Coñecemento e pedagoxía; 197, O matrimonio como liberdade; 198, Autoridade e lei; 202, Suxeito, amor e pacto social; 205, Mulleres con autoridade – 209, O contrafío das mulleres: 213, As mulleres daimónicas; 218, Símbolo e diábolo; 220, A monstruosidade moderna; 225, Arte como filiación libre; 229, Maternidade, filiación e afiliación – 235, A política como consunción tardomoderna: 235, 1. A política moderna: a representación como mediación; 237, 2. O uso político do entendemento xeral; 240, 3. Tardomodernidade: da consunción tardomoderna como inversión do moderno adiado; 251, 4. Lexitimidade e salvación: do cristianismo ao pacto moderno; 255, 5. Consumo ostentoso e consunción tardomoderna; 261, 6. A modernidade como consunción imposible; 271, 7. Lexitimidade e produción de subxectividade; 272, 8. Tres tipos de réximes — 275, Bibliografía — 289, Índices – 291, Índice temático – 305, Índice xeral
Desde a Grecia antiga á Revolución Francesa, desde os mitos e a descrición do mundo no Timeo á teúrxia e á teoloxía dos primeiros séculos da Era Cristiá, desde Agostiño de Hipona e Descartes ao culto do Ser Supremo na Francia de Robespierre, trázase aquí o percorrido da idea de orde aplicada ao mundo cunha finalidade transcendente; búscase a procedencia dese poder que logra reducir todo acontecer á inconsistencia.
A crítica á orde transcendente remóntase, pois, á relación de confianza da orientación cosmolóxica grega antiga e á súa reformulación nunha idea de cosmos que, nos tempos modernos, acabaría substituída pola crecente necesidade de dominar o mundo.
* * *
Índice: Adro.— 1. A harmonía das cousas.— 2. A mirada atrás.— 3. A orde do número.— 4. A constitución do mundo: 1. O quinto convidado – 2. A harmonía – 3. O produtor de orde – 4. A situación – 5. A esfera – 6. O mesmo e o outro no mundo – 7. A música – 8. Analoxía e máthema – 9. O tempo e a música das esferas.— 5. O platonismo ou a transcendencia.— 6. A filosofía domeada (da teúrxia á teoloxía).— 7. A cristianización do platonismo.— 8. A constitución do eu ou o mundo interior.— 9. A perfección do home.— 10. O culto do Ser Supremo.— Cabo.— Addenda. Orde do mundo, secularización e progreso.— Bibliografía.
* * *
ISBN 978-84-616-6171-8
Col. Casabranca 2
185 x 135 mm
Rústica con lapelas
280 páxs.
Nos ensaios deste libro búscase unha crítica desa determinación. Crítica da novela como relato, crítica do libro como institución do saber, crítica da música como arte e crítica da vida como cumprimento do tempo. A súa lectura, pois, debería permitir observar esa indeterminación inicial, non tematizada, na que a predicación queda sen efecto.
Índice: 7, Nota do autor: as indeterminacións da orde; 11, Contra a novela. Hipóteses sobre a narración como sentido; 39, O libro perfecto.; 61, Progreso musical. Unha reflexión crítica a partir da obra de Elliott Carter; 87, Instrucións para unha era posthumana. Tempo, traballo e suxeito nas ruínas do capitalismo.
144 páxs.
ISBN 978-84-939107-7-8
Axóuxere Editora
Poetry by Carlos Lema
Arredor do tema do verán, o poeta vai á procura do materialismo do tempo: todo o que se perde, permanece, o esquecido volve coma epifanías da inmanencia, os obxectos —as persoas, os sentimentos, as relacións e as cousas— deixan de depender dunha entidade que as pensa, a súa representación prescinde da obriga de acceder a esencia ningunha. Todo é continxente e, nesa liberdade á que nada obriga, elévase a igualdade ontolóxica do que existe, do que ten senso.
Os poemas achéganse á música tanto no título coma no uso dos tempi e do ritmo, con prolongacións non literais suxeridas por unha utilización dos signos gráficos concibida especialmente para estas composicións.
De aí a sensación de frases escintilantes, que raiolan ecos cálidos e acollen a lectura nas súas pausas, suspensións e prolongacións de senso, logradas polo emprego da metonimia.
As referencias sensitivas, múltiples e significativamente activas, traen a estas composicións as cores, os sons e as sensacións táctiles da vida corrente.
O poema non é un medio, é un obxecto inútil e, como tal, carente de uso, inzado de caducidade. Na sombra está a grandeza da luz. Unha anomalía, coma a plenitude do verán.
A obra intenta ser unha reflexión sobre a relación entre linguaxe e suxeito concibida desde uns poemas que abalan do agarimo á ironía, da proximidade ao afastamento, dos feitos ás lembranzas, como consciencia de vivir no tempo mais non derrotados polo tempo. A poesía quere abrir un buraco no sentido (e no tempo como sentido), un espazo de indeterminación que permita a lectura (e a vida como lectura) ao se situar entre o implícito e o explícito do significado mais sen chegar a coincidir totalmente con ningún dos puntos de fixación do discurso. Coma na música, un espazo perceptivo que favoreza a duración nos seus ritmos, silencios e pausas. Instantes de nugalla, tempo perdido que se expón á disolución da linguaxe, ás súas zonas baleiras, esa parte do suxeito non sometida á sucesión temporal.
Lyrics by Carlos Lema
En 2017, por cousas do traballo, coñecín a Ana Tuñas, falamos de música, díxome que tiña un gupo, escoiteilles unhas cantas cancións, como vin que lles prestaba cantar en inglés, díxenlle a Ana que eu tiña un poema nesa lingua e deille o texto. Meses despois, cadrei con Ana por casualidade e díxome que xa estaba gravada a canción.
O meu agradecemento a todos os compoñentes de Closer, pola música e a interpretación, e mais a John Thompson e a Erín Moure polas suxestións e correccións da versión en inglés.
Papers by Carlos Lema
Un artigo interpretativo da obra maior dun dos escritores galegos de gran difusión.
Tras a morte de Deus, figura na que se sumía todo acto na concepción relixiosa que está na base do Antigo Réxime, na Idade Moderna esa xustificación estética da vida estendeuse a todo suxeito desde o momento en que a liberdade se converteu no elemento constitutivo tanto do artista coma do pacto social. Na modernidade, cando dicimos arte estamos a falar de participación no pacto social como resultado dunha decisión libre: a aceptación do disenso como constitutivo da representación fai posible a liberdade. A xustificación estética da vida é a elaboración dun disenso propio —o tan traído e levado “mundo propio”— co que formar parte do pacto; por iso a sociedade moderna non é comunal senón que é acomún, pois está formada por singularidades baseadas na diferenza outorgada polo libre arbitrio.
A conclusión deste artigo, escrito en forma de carta ao autor da novela, é que precisamos dunha literatura que non se someta completamente aos criterios da actualidade e que evite o imperio do que Georg Lukács denominaba “vida nacional”, esixencias de difusión incluídas. Para iso é necesaria unha reflexión teórica sobre a estética, isto é, sobre o xeito no que se percibe e se representa o mundo.
Para realizar esta reflexión sobre o chamado “Discurso do reitorado”, Carlos Lema parte neste artigo da edición bilingüe alemá-francesa do discurso de Martin Heidegger, publicada en novembro de 2010 por Éditions Trans-Europ-Repress (T. E. R.), edición que recolle a realizada orixinalmente en 1933 por Verlag Wilh. Gottl. Korn, de Breslau, traducida para o francés por Gérard Granel.
Ao tempo, o autor pregúntase se as escritoras e os escritores actuais son eses monstros que pairan a contemplarnos desde a súa situación, na que, en palabras de Jean-Paul Sartre, “Natureza e liberdade son todo un: unha especie de graza ao revés".
Carlos Lema, autor de "A música das esferas", libro no que se dedican o capítulo titulado “O culto do Ser Supremo” e a addenda “Orde do mundo, secularización e progreso” a analizar o proceso da lexitimación moderna e a contrapoñer criticamente diferentes interpretacións, entre elas as de Blumenberg, Arendt, Agamben, Koselleck e Löwith, trata neste artigo novo ese mesmo asunto da divindade e da súa relación co mundo.
A partir da obra de Blumenberg sobre "A paixón segundo san Mateo" e do ensaio de Anna Longo “Dieu hors des limites de la critique kantienne”, no que se fai unha interpretación da tese de doutoramento escrita por Quentin Meillassoux sobre “A inexistencia divina”, Carlos Lema expón de xeito sintético a necesidade de superar a idea de ateísmo, precisamente por estar vencellada en exceso á existencia da relixión, isto é, porque é preciso postular unha concepción da divindade allea á relixión, que non teña función lexitimadora.
Faise aquí un convite á reflexión, unha incitación a pensar sobre a función da ficción (literaria e non literaria) na sociedade contemporánea.