Descrición
Query Monitor é o panel de ferramentas para desenvolvedores de WordPress e WooCommerce. Permite depurar consultas á base de datos, erros de PHP, hooks e accións, bloques do editor de bloques, scripts e follas de estilo en cola, chamadas á API HTTP e moito máis.
Inclúe algunhas características avanzadas como a depuración de chamadas Ajax, chamadas á API REST, comprobacións de capacidades de usuario e compatibilidade completa con temas de bloques e a edición completa do sitio. Inclúe a capacidade de filtrar gran parte da súa saída por plugin ou tema, o que permite determinar rapidamente que plugins, temas ou funcións teñen un mal rendemento.
Query Monitor céntrase en presentar a súa información de forma útil, por exemplo mostrando as consultas agregadas á base de datos agrupadas polos plugins, temas ou funcións que as provocan. Engade un menú á barra de ferramentas de administración que mostra unha visión xeral da páxina actual, e a información de depuración completa móstrase en paneis cando seleccionas un elemento do menú.
Query Monitor é compatible con versións de WordPress de ata tres anos de antigüidade e con PHP 7.4 ou superior.
Para obter información completa, consulta a web de Query Monitor.
Esta é unha visión xeral do que se mostra en cada carga de páxina:
- Consultas á base de datos, incluíndo avisos de consultas lentas, duplicadas ou erróneas. Permite filtrar por tipo de consulta (
SELECT,UPDATE,DELETE, etc.), compoñente responsable (plugin, tema, núcleo de WordPress) e función que fai a chamada, e ofrece vistas agregadas separadas para cada un. - O nome do arquivo do modelo, a xerarquía completa de modelos e os nomes de todas as partes de modelo que se cargaron ou non (para temas de bloques e temas clásicos).
- Erros de PHP presentados de forma clara xunto co seu compoñente responsable e a pila de chamadas, e unha advertencia visible na barra de ferramentas de administración.
- Uso de funcionalidades «Doing it Wrong» ou obsoletas no código do teu sitio.
- Bloques e propiedades asociadas dentro do contido das entradas e dentro da edición completa do sitio (FSE).
- Regras de reescritura coincidentes, cadeas de consulta asociadas e variables de consulta.
- Scripts e follas de estilo en cola, xunto coas súas dependencias, dependentes e alertas de dependencias rotas.
- Axustes de idioma e arquivos de tradución cargados (arquivos MO e JSON) de cada dominio de texto.
- Solicitudes da API HTTP, co código de resposta, o compoñente responsable e o tempo empregado, con alertas para solicitudes fallidas ou erróneas.
- Comprobacións de capacidades de usuario, xunto co resultado e os parámetros pasados á comprobación.
- Información do contorno, incluíndo información detallada sobre PHP, a base de datos, WordPress e o servidor web.
- Os valores de todas as funcións condicionais de WordPress como
is_single(),is_home(), etc. - Datos transitorios que se actualizaron.
- Uso de
switch_to_blog()erestore_current_blog()en instalacións Multisite.
Ademais:
- Sempre que se produce unha redirección, Query Monitor engade unha cabeceira HTTP que contén a pila de chamadas, para que poidas usar o teu inspector HTTP favorito ou as ferramentas de desenvolvemento do navegador para rastrexar o que provocou a redirección.
- A resposta de calquera solicitude Ajax iniciada con jQuery na páxina conterá varia información de depuración nas súas cabeceiras. Os erros de PHP tamén se envían á consola de desenvolvemento do navegador.
- A resposta dunha solicitude identificada da API REST de WordPress conterá nas súas cabeceiras unha visión xeral da información de rendemento e dos erros de PHP, sempre que o usuario identificado teña permiso para ver a saída de Query Monitor. Unha solicitude da API REST con envoltorio incluirá aínda máis información de depuración na propiedade
qmda resposta.
Por defecto, a saída de Query Monitor só se mostra aos administradores en instalacións dun só sitio e aos Super Administradores en instalacións Multisite.
Ademais, podes establecer unha cookie de identificación que che permite ver a saída de Query Monitor cando non estás conectado (ou se estás conectado como un usuario que non é administrador). Consulta o panel de Axustes para obter máis detalles.
Extensión de navegador
Query Monitor tamén está dispoñible como extensión opcional para as ferramentas de desenvolvemento do navegador. É unha alternativa ao panel integrado na páxina que se mostra na barra de ferramentas de administración.
Usar a extensión de navegador ten algunhas vantaxes fronte ao panel integrado na páxina:
- O panel de Query Monitor non ocupa espazo na páxina que estás a inspeccionar
- O panel pódese redimensionar, desacoplar e mover como calquera outro panel das ferramentas de desenvolvemento
Aquí podes atopar información sobre a extensión de navegador de Query Monitor.
Outros plugins
Manteño varios plugins máis para desenvolvedores. Bótalles un ollo:
- User Switching permite cambiar instantaneamente entre contas de usuario en WordPress.
- WP Crontrol permíteche ver e controlar o que sucede no sistema WP-Cron
Grazas
O tempo que dedico a manter este plugin e outros está patrocinado en parte por:
Declaración de privacidade
Query Monitor é privado por defecto e sempre o será. Non almacena de forma persistente ningún dos datos que recolle. Non envía datos a terceiros nin inclúe recursos de terceiros. Aquí podes atopar a declaración de privacidade completa de Query Monitor.
Declaración de accesibilidade
Query Monitor pretende ser totalmente accesible para todos os seus usuarios. Aquí podes atopar a declaración de accesibilidade completa de Query Monitor.
Capturas







Preguntas frecuentes
Este plugin funciona con PHP 8?
Si, está probado activamente e funciona ata PHP 8.5.
Quen pode ver a saída de Query Monitor?
Por defecto, a saída de Query Monitor só se mostra aos administradores en instalacións dun só sitio e aos Super Administradores en instalacións Multisite.
Ademais, podes establecer unha cookie de identificación que che permite ver a saída de Query Monitor cando non estás conectado, ou cando estás conectado como un usuario que normalmente non pode ver a saída de Query Monitor. Consulta o panel de Axustes para obter máis detalles.
Query Monitor afecta por si mesmo ao tempo de xeración da páxina ou ao uso de memoria?
Resposta curta: Si, pero só un pouco.
Resposta longa: Query Monitor ten un pequeno impacto no tempo de xeración da páxina porque se engancha a algúns lugares de WordPress do mesmo xeito que outros plugins. O impacto é insignificante.
Nas páxinas que teñen un número especialmente alto de consultas á base de datos (centos), Query Monitor usa actualmente máis memoria da que me gustaría. Isto débese á cantidade de datos que se capturan no rastro da pila de cada consulta. Estiven traballando e seguirei traballando para reducilo continuamente.
Podo evitar que Query Monitor recolla datos durante solicitudes de longa duración?
Si, podes chamar a
do_action( 'qm/cease' )para indicarlle a Query Monitor que deixe de funcionar durante o resto da xeración da páxina. Desvinculará a recollida de datos, descartará os datos recollidos ata o momento e omitirá a saída da súa información.Isto é útil para operacións de longa duración que realizan un número moi alto de consultas á base de datos, consomen moita memoria ou que non lle interesan a Query Monitor, por exemplo:
- Facer unha copia de seguridade ou restaurar o teu sitio
- Importar ou exportar unha gran cantidade de datos
- Executar análises de seguridade
Hai plugins complementarios para Query Monitor?
Aquí podes atopar unha lista de plugins complementarios para Query Monitor.
Ademais, Query Monitor é compatible de forma transparente cos complementos do plugin Debug Bar. Se tes instalado algún complemento de Debug Bar, desactiva Debug Bar e os complementos aparecerán no menú de Query Monitor.
Onde podo suxerir unha nova característica ou informar dun fallo?
Usa o xestor de problemas do repositorio de GitHub de Query Monitor, xa que é máis fácil facer o seguimento dos problemas alí que nos foros de soporte de wordpress.org.
Query Monitor xa está incluído no meu aloxamento?
Algúns aloxamentos web inclúen Query Monitor como parte da súa plataforma, co que non necesitas instalalo ti. Estes son algúns que coñezo:
- Altis Cloud.
- WordPress VIP, aínda que hai que conceder aos usuarios a capacidade
view_query_monitormesmo se son administradores. Consulta a documentación de WordPress VIP para obter máis detalles.
Podo facer clic nos rastros da pila para abrir o arquivo no meu editor?
Si. Podes activalo no panel de Axustes.
Como podo informar dun fallo de seguranza?
Podes enviar un informe privado de vulnerabilidade de seguridade a Query Monitor a través da pestana Security do repositorio de GitHub. O proceso de GitHub Security Advisory facilita a colaboración privada en problemas de seguridade. Recibirás o crédito por un informe válido e un CVE se fose necesario.
Non informes de problemas de seguridade nos foros de soporte de WordPress.org nin por correo electrónico. Grazas.
Aceptades doazóns?
Acepto patrocinios a través do programa GitHub Sponsors. Se traballas nunha axencia que desenvolve con WordPress, pídelle á túa empresa que ofreza patrocinio para investir na súa cadea de subministración. As ferramentas que mantéño probablemente aforran tempo e cartos á túa empresa, e agora o patrocinio en GitHub pódese facer a nivel de organización.
Ademais, se che gusta o plugin, encantaríame que deixases unha valoración. Fálalle del tamén a todos os teus amigos!
Comentarios
Colaboradores e desenvolvedores
“Query Monitor” é un software de código aberto. As seguintes persoas colaboraron con este plugin.
Colaboradores“Query Monitor” foi traducido a 28 idiomas. Grazas aos desenvolvedores polas súas contribucións.
Traduce “Query Monitor” ao teu idioma.
Interesado no desenvolvemento?
Revisa o código, bota unha ollada aorepositorio SVN, ou subscríbete ao log de desenvolvemento por RSS.
Rexistro de cambios
4.0.7 (20 de xuño de 2026)
- Confirma a compatibilidade con WordPress 7.0
- Fai melloras no menú da barra de administración
- Mostra as consultas á base de datos na liña de tempo mesmo cando db.php non está presente
- Engade máis resaltado de erros para problemas coas dependencias de JavaScript e CSS en cola
- Engade algo de retrocompatibilidade para versións antigas do navegador Chrome
4.0.6 (11 de abril de 2026)
A versión 4 de Query Monitor engade unha nova vista de liña de tempo e pasa de renderizar os seus paneis no servidor en PHP a renderizalos de forma eficiente no cliente con Preact.
A versión 4.0.6 corrixe un problema de compatibilidade co tema GeneratePress.
Máis información en querymonitor.com/4.
4.0.5 (10 de abril de 2026)
A versión 4 de Query Monitor engade unha nova vista de liña de tempo e pasa de renderizar os seus paneis no servidor en PHP a renderizalos de forma eficiente no cliente con Preact.
A versión 4.0.5 corrixe o seguinte:
- Garante que as etiquetas de peche de script dentro dos datos non rompan a saída
- Engade datos de «Doing it Wrong» á vista da liña de tempo
Máis información en querymonitor.com/4.
4.0.4 (10 de abril de 2026)
A versión 4 de Query Monitor engade unha nova vista de liña de tempo e pasa de renderizar os seus paneis no servidor en PHP a renderizalos de forma eficiente no cliente con Preact.
A versión 4.0.4 corrixe o seguinte:
- Garante que o panel Scripts continúe visible cando non hai scripts en cola na cabeceira
- Corrixe a visualización do formato dos números en algúns idiomas
Máis información en querymonitor.com/4.
4.0.3 (9 de abril de 2026)
A versión 4 de Query Monitor engade unha nova vista de liña de tempo e pasa de renderizar os seus paneis no servidor en PHP a renderizalos de forma eficiente no cliente con Preact.
A versión 4.0.3 corrixe o seguinte:
- Mellora a compatibilidade con plugins que realizan consultas non UTF8 ou fan outro uso de datos non UTF8
- Evita unha advertencia de PHP por arquivo e número de liña sen definir en alguns fotogramas do rastro da pila
- Simplifica e estandariza o formato dos nomes usados para as funcións de retorno de chamada das clausuras
- Mellora o estilo e a estrutura da vista da liña de tempo
Máis información en querymonitor.com/4.
4.0.2 (9 de abril de 2026)
A versión 4 de Query Monitor engade unha nova vista de liña de tempo e pasa de renderizar os seus paneis no servidor en PHP a renderizalos de forma eficiente no cliente con Preact.
A versión 4.0.2 corrixe o seguinte:
- Engade máis retrocompatibilidade para plugins de terceiros que len dos recolectores de datos de QM e mostran os seus propios paneis
- Engade as actualizacións de datos transitorios á vista da liña de tempo
Máis información en querymonitor.com/4.
4.0.1 (7 de abril de 2026)
A versión 4 de Query Monitor engade unha nova vista de liña de tempo e pasa de renderizar os seus paneis no servidor en PHP a renderizalos de forma eficiente no cliente con Preact.
- A versión 4.0.1 corrixe un problema de retrocompatibilidade con plugins que rexistran os seus propios menús ou submenús en Query Monitor.
Máis información en querymonitor.com/4.
4.0.0 (7 de abril de 2026)
A versión 4 de Query Monitor engade unha nova vista de liña de tempo e pasa de renderizar os seus paneis no servidor en PHP a renderizalos de forma eficiente no cliente con Preact. Este novo enfoque ofrece varios beneficios:
- O rendemento increméntase enormemente, en particular en sitios onde se realizan moitas consultas, se provocan moitos erros de PHP ou se recollen moitos datos noutro dos paneis.
- Facilítanse futuras melloras, como mostrar métricas do cliente, carga diferida de datos, mostrar datos de diferentes solicitudes e máis remezclas de datos en diferentes vistas.
- Reduciuse o tamaño e o uso de memoria dos datos en bruto recollidos por Query Monitor, e agora expóñense á páxina como JSON. Bota un ollo ao obxecto
QueryMonitorDatana consola do navegador para probalo.
Máis información en querymonitor.com/4.
3.20.4 (19 de marzo de 2026)
- Esta é unha versión de seguridade que corrixe unha vulnerabilidade XSS reflectida no panel Request. Todos os detalles no aviso de seguridade.
3.20.3 (17 de marzo de 2026)
- Facer clic en QM na barra de ferramentas de administración por segunda vez pechará o panel
- Melloras na accesibilidade dos botóns de alternancia
- As solicitudes GET da API HTTP fallidas agora mostran unha ligazón en que se pode facer clic
Versións anteriores
Para o rexistro de cambios das versións anteriores, consulta a páxina de versións en GitHub.
