Saltar ao contido

Yukiko Motoya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaYukiko Motoya
Biografía
Nacemento14 de xullo de 1979 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Matto Editar o valor en Wikidata
EducaciónHakusan city Matto Junior High School (en) Traducir
Ishikawa Prefectural Kanazawa Nishikigaoka Senior High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, dramaturga, Intendente, actriz, novelista, seiyū, realizadora Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeKaito Okachimachi (2013–) Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webmotoyayukiko.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2470945 Allocine: 190895 Rottentomatoes: celebrity/yukiko_motoya
Facebook: 168037259912001 Twitter: gekidan_motoya Instagram: motoyayukiko Youtube: UCo0PpAvmpm_ztYctEtpoErg BNE: XX6028160 Discogs: 6068988 Editar o valor en Wikidata

Yukiko Motoya (en xaponés: 本谷 有希子, Motoya Yukiko), nada en Hakusan o 14 de xullo de 1979, é unha novelista, dramaturga e directora de teatro nipoa. Tamén traballou como actriz de voz. Gañou algúns dos premios literarios máis prestixiosos do seu país, como o Akutagawa, o Noma, o Mishima Yukio, o Kenzaburō Ōe, o Kishida Kunio ou o Tsuruya Nanboku. As súas obras foron adaptadas ao cinema.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Yukiko Motoya naceu en Hakusan, na prefectura de Ishikawa. De nena gustáballe ler os contos de misterio de Agatha Christie, Arthur Conan Doyle ou Edogawa Ranpo, así como mangas de terror.[1] Tras rematar a secundaria, trasladouse a Tokyo para estudar interpretación. Traballou como actriz de voz para a adaptación ao anime de Kare Kano, dirixida por Hideaki Anno, mais decidiu centrarse na escrita tras recibir boas críticas dun profesor por unha peza teatral curta que compuxo para a cerimonia de graduación da súa escola.[2][3] Así, fundou a súa propia compañía de teatro, Gekidan Motoya Yukiko, no ano 2000, e comezou a redactar e producir as súas propias obras. Apareceu acreditada como modelo nos créditos finais do anime FLCL.[4]

Como novelista

[editar | editar a fonte]

En 2002, por invitación do editor dunha revista literaria, Motoya debutou co relato "Eriko to zettai", que se converteu no título dunha escolma de contos publicada en 2003 por Kodansha. A súa novela Funuke domo kanashimi no ai o misero, de 2005, foi adaptada ao cinema por Daihachi Yoshida dous anos despois. Protagonizada por Eriko Sato e Hiromi Nagasaku, foi proxectada no Festival de Cannes.[5]

O seu seguinte libro, Ikiteru dake de ai, narra a relación dunha muller desempregada e con depresión co seu mozo. Publicada por Shinchosha en 2006, foi nomeada ao premio Akutagawa;[6] en 2018 saíu o filme homónimo.[7] En 2009 saíu do prelo Ano ko no kangaeru koto wa hen, tamén nomeada ao Akutagawa.[6] Tamén foi finalista deste premio a novela Nurui doku (2011), que conta a historia dunha rapaza e o seu mozo, un mentireiro patolóxico que afirma ser un antigo compañeiro do instituto;[6] esta obra gañou o 33.º premio Noma.[8][9] Posteriormente, Motoya recibiu o 7.º premio Kenzaburō Ōe pola súa compilación Arashi no pikunikku (2012),[10] así como o 27.º premio Mishima Yukio por Jibun wo suki ni naru houhou (2013).[11]

En 2016 gañou finalmente o premio Akutagawa polo seu relato Irui konin tan, no que unha muller descobre que o seu marido e mais ela parécense cada vez máis segundo envellecen xuntos.[12] Publicouse ao ano seguinte, xunto con outros contos, na editorial Kodansha.[13]

Como dramaturga

[editar | editar a fonte]

Motoya dirixiu e produciu numerosas pezas teatrais namentres escribía as súas novelas e contos. En 2006 chegou a ser a persoa máis nova en recibir o premio Tsuruya Nanboku, grazas á súa obra Sōnan.[3] Ese mesmo ano visitou os Estados Unidos como parte dun programa de intercambio da Japan Foundation.[14] A tradución inglesa dunha das súas obras, Ranbō to taiki, foi representada en 2008 no festival Best of Boroughs de Nova York.[15] En 2009 gañou o premio Kishida Kunio por Shiawase saiko arigatō maji de, sobre unha parella que recibe a visita dunha muller que afirma ser a amante do home.

Ranbō to taiki adaptouse á gran pantalla da man de Masanori Tominaga, coa participación de Tadanobu Asano, Minami Hinase e Eiko Koike.[16]

Aparicións nos medios

[editar | editar a fonte]

Nobuko Tanaka, do xornal The Japan Times, dixo que Motoya era "a favorita dos medios de comunicación xaponeses" polas súas frecuentes aparicións en revistas, televisión e radio.[3] Entre 2005 e 2006, Motoya presentou o programa de radio All Night Nippon, emitido os venres á noite pola Nippon Broadcasting System.[17][18] Dende 2014 presentou con regularidade a cuarta tempada do programa The Top 5 da TBS Radio. Dende 2017 copresenta a serie de documentais 7 Rules da Fuji TV.[19]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

En 2013 casou co poeta e director de cine Kite Okachimachi.[20] Tiveron unha filla en outubro de 2015.[21]

  • 2006: 10.º premio Tsuruya Nanboku
  • 2009: 53.º premio Kishida Kunio
  • 2011: 33.º premio Noma
  • 2013: 7.º premio Kenzaburō Ōe
  • 2014: 27.º premio Mishima Yukio
  • 2016: 154.º premio Akutagawa

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Narrativa

[editar | editar a fonte]

Traducións

[editar | editar a fonte]

En castelán

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ "作家の読書道 第100回:本谷有希子さん|作家の読書道|WEB本の雑誌". WEB本の雑誌. Consultado o 2025-08-21.
  2. ↑ "“芥川賞”本谷有希子氏、アニメ声優は「もうやらない」 『彼氏彼女の事情』に出演". ORICON NEWS. 2024-06-25. Consultado o 2025-08-21.
  3. 1 2 3 Tanaka 2007.
  4. ↑ "Yukiko MOTOYA - Anime News Network". www.animenewsnetwork.com. Consultado o 2025-08-21.
  5. ↑ Schilling 2007.
  6. 1 2 3 "第154回「芥川賞」に滝口悠生氏&本谷有希子氏". ORICON NEWS. 2024-06-25. Consultado o 2025-08-21.
  7. ↑ Schilling 2018.
  8. ↑ "野間文芸新人賞 過去受賞作 - 講談社". www.kodansha.co.jp. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2019. Consultado o 2025-08-21.
  9. ↑ "本谷有希子「ぬるい毒」が第33回野間文芸新人賞を受賞 | 演劇ニュース - シアターリーグ" (en xaponés). Consultado o 2025-08-21.
  10. ↑ 産経新聞 (2013-05-27). "大江健三郎賞 本谷有希子さん 短編集「嵐のピクニック」(1/2ページ)". 産経新聞:産経ニュース (en xaponés). Consultado o 2025-08-21.
  11. ↑ INC., SANKEI DIGITAL. "三島由紀夫賞に本谷有希子さん 山本周五郎賞に米澤穂信さん". 産経ニュース (en xaponés). Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2019. Consultado o 2025-08-21.
  12. ↑ Times, The Japan (2025-08-21). "Search results". The Japan Times (en inglés). Consultado o 2025-08-21.
  13. ↑ "芥川賞作家・本谷有希子が描き出す「人でなし」の魅惑と恐怖". 現代ビジネス (en xaponés). 2016-02-10. Consultado o 2025-08-21.
  14. ↑ Carl 2008.
  15. ↑ "Vengeance Can Wait - Performance Space New York" (en inglés). Consultado o 2025-08-21.
  16. ↑ "『乱暴と待機』美波、小池栄子、山田孝之 単独インタビュー|シネマトゥデイ". シネマトゥデイ (en xaponés). 2010-10-03. Consultado o 2025-08-21.
  17. ↑ "学芸カフェ". www.ojmm.net. Consultado o 2025-08-21.
  18. ↑ "本谷有希子のオールナイトニッポン". www.allnightnippon.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2019. Consultado o 2025-08-21.
  19. ↑ Inc, Natasha. "ドキュメンタリー新番組に本谷有希子「他人の人生が知りたくてしょうがない」". ステージナタリー (en xaponés). Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2019. Consultado o 2025-08-21.
  20. ↑ "本谷有希子、作詞家の御徒町凧と結婚 両氏ブログで報告". ORICON NEWS. 2018-02-14. Consultado o 2025-08-21.
  21. ↑ "人気劇作家の本谷有希子さんが10月に第1子女児出産「私そっくりだ」". スポーツ報知 (en xaponés). 2016-01-01. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2016. Consultado o 2025-08-21.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]