Saltar ao contido

Xudite (nome)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xudite
 Nome orixinal
    Xudite (gl) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Lingua
 Alfabeto
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 199978
Wikidata

Xudite[1][2] é un nome propio feminino galego. Tamén ten as variantes Xudith e Xudit. A súa orixe é o hebreo Yehudit (יְהוּדִית), que quere dicir 'xudía, hebrea'.[2]

En xaneiro de 2023 existían 10 mulleres en Galicia co nome Xudit, cunha media de idade de 31,5 anos,[3] mais ningunha coas formas Xudite ou Xudith.[4]

Historia do nome

[editar | editar a fonte]

Segundo o relato bíblico recollido no Libro de Xudite, Xudite, viúva e de gran fermosura, xogou un papel decisivo durante o cerco da cidade xudía de Betulia polas forzas de Nabucodonosor, rei de Babilonia. Empregando a súa intelixencia e encanto, Xudite conseguiu acceder á tenda de Holofernes, o xeneral inimigo. Unha vez alí, fixo que este se confiase, embriagándoo, e finalmente decapitouno coa súa propia espada. A súa audaz intervención provocou o desconcerto entre os babilonios, que abandonaron o asedio, permitindo así a liberación de Betulia.

Xudite noutras linguas

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
  2. 1 2 Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Xudite". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/nomes>.
  3. ↑ Nome Xudit na web do Instituto Galego de Estatística
  4. ↑ Nome Xudite na web do Instituto Galego de Estatística
  5. ↑ EDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. (en castelán)
  6. ↑ mieres.es (ed.). "NOMES DE PERSONA N’ASTURIANO" (PDF). Consultado o 13 de febreiro de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]