Xosé María Castroviejo

xornalista e escritor galego

Xosé María Castroviejo Blanco-Cicerón, nado en Santiago de Compostela o 4 de marzo de 1909 e finado en Tirán (Moaña) o 23 de marzo de 1983[2], foi un xornalista e escritor galego.

Modelo:BiografíaXosé María Castroviejo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1909 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Morte23 de marzo de 1983 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Tirán Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, xornalista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoComunión Tradicionalista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMaría Francisca Bolívar Sequeiros Editar o valor en Wikidata
Fillosonce [1] Editar o valor en Wikidata
PaiAmando Castroviejo Nobajas Editar o valor en Wikidata
IrmánsConcha Castroviejo Editar o valor en Wikidata
ParentesRicardo Blanco-Cicerón, avó Editar o valor en Wikidata

Enciclopedia Galega Universal: 96905 Galiciana: 5563 BNE: XX4579392 BUSC: 981013405380107712

Traxectoria

editar

Fillo de Amando Castroviejo e irmán de Concha Castroviejo, así como neto por parte de nai do arqueólogo carlista Ricardo Blanco-Cicerón[3][4]. Pasou a súa infancia e mocidade no lugar de Paizás (parroquia de Trobe, no concello de Vedra)[5], e sobre esa etapa escribiu o libro de recordos Memorias dunha terra (Ed. Galaxia, 1973).

Amando Castroviejo con Xosé María, Concha, Pilar e Ana María. 1926.

Estudou dereito e filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Lión[6], onde estivo cunha bolsa de ampliación de estudos en 1931. Durante a súa época de estudante en Santiago pertenceu á Federación Universitaria Escolar. Na súa mocidade foi carlista, como o seu avó, e formou parte do grupo cruzadista.[7] Posteriormente foi membro das Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (JONS)[8][9] e de Falanxe. Está considerado un dos intelectuais que formaron parte do núcleo inicial de Falange.[10]

Desde 1935 exerceu como profesor de economía política e facenda pública da Universidade de Santiago de Compostela. Logo do golpe de estado de 1936 uniuse ás forzas franquistas, e combateu no exército «nacional».[11] Desde 1937 foi director do xornal El Pueblo Gallego,[12][8] pertencente á Prensa do Movemento. Colaborou con outras publicacións falanxistas, como Vértice,[13] Amanecer,[14] La Voz de España,[15] ou a revista Escorial,[16][17]. Recibiu varios premios polos seus traballos xornalísticos.[6]

A súa obra literaria adoita ser incluída na chamada Antoloxía poética do Alzamento.[18] Unha das súas primeiras publicacións, Altura (1939),[19] tivo unha boa acollida no momento da súa publicación.[11] Tamén cultivou a prosa, seguindo o estilo de Álvaro Cunqueiro,[20] con quen escribiu o libro Viaje por los montes y chimeneas de Galicia.[2]. Xunto a Cunqueiro publicou tamén a obra gastronómica Teatro venatorio y coquinario gallego (1958).[21] Castroviejo escribiu tamén unha peza teatral, Don Quijote.[22] Colaborou na revista Nós (nº 91, xullo de 1931), co poema "Noroeste". Defendeu o uso da lingua galega fronte a Juan Aparicio, director xeral de Prensa, que consideraba un snobismo que Ramón Piñeiro e Celestino Fernández de la Vega traducisen a este idioma o filósofo nacionalsocialista Martin Heidegger.

En galego

editar

En castelán

editar
  • Altura, 1939
  • Mar del Sol, poemas de un diario a bordo, 1940
  • Los paisajes iluminados, 1945
  • Apariciones en Galicia, 1955, Porto y Cía. Editores
  • La burla negra, 1955
  • El pálido visitante: Ejemplares relatos de avisos y apariciones en el Finisterre, 1960, Porto y Cía.[23]
  • Galicia: guía espiritual de una tierra, Madrid, 1960
  • Las tribulaciones del cura de Noceda, Barcelona, 1970

Obras colectivas

editar

Vida persoal

editar

Casou en 1938 con María Francisca Bolívar Sequeiros, filla de Tomás Bolívar Massó.[24]

  1. ↑ Entre eles Javier Castroviejo Bolívar.
  2. 1 2 Ánxel Vence (26 de marzo de 1983). "La muerte de Castroviejo priva a Galicia de uno de los supervivientes peculiares de su cultura literaria". El País (en castelán).
  3. ↑ "Castroviejo y Nobajas, Amando Ricardo (1874-1934)". Diccionario de catedráticos españoles de Derecho (1847-1943). Universidad Carlos III de Madrid. 19 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 14 de maio de 2020.
  4. ↑ "Los recuerdos: Luz y sombra del carlismo". La Vanguardia Española: 13. 3 de decembro de 1972. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2020. Consultado o 14 de maio de 2020.
  5. ↑ "Parroquia a parroquia: Santo André de Trobe". Concello de Vedra. Consultado o 19 de febreiro de 2019.
  6. 1 2 Bleiberg, Ihrie & Pérez 1993, p. 355.
  7. ↑ "Desde Santiago". El Cruzado Español: 2. 29 de novembro de 1932.
  8. 1 2 Rodríguez Puértolas 2008a, p. 220.
  9. ↑ Michonneau & Núñez Seixas 2014, p. 130.
  10. ↑ Martín Puerta 2013, pp. 241-242.
  11. 1 2 Arellano & et al. 2004, p. 680.
  12. ↑ Santos Gayoso 1990, p. 565.
  13. ↑ Fernández Soria 1984, p. 234.
  14. ↑ Fernández de Miguel 2012, p. 184.
  15. ↑ Pike 2008, pp. 107, 176.
  16. ↑ Fuentes 2006, p. 74.
  17. ↑ Martín Puerta 2013, p. 263.
  18. ↑ Blanco Aguinaga & et al. 2000, p. 351.
  19. ↑ Blanco Aguinaga & et al. 2000, p. 361.
  20. ↑ Rodríguez Puértolas 2008a, p. 561.
  21. ↑ Rodríguez Puértolas 2008b, p. 682.
  22. ↑ Gómez García 1998, p. 169.
  23. ↑ En 2004 foi incluído na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia
  24. ↑ David García (5 de novembro de 2013). "Fallece a los 98 años la viuda de José María Castroviejo". Faro de Vigo (en castelán).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar