Saltar ao contido

Wikipedia en éuscaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wikipedia en éuscaro
 Nome oficial
    Euskarazko Wikipedia (eu) Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua
 Alfabeto
 Produto ou servizo
 Licenza
Implicados
 Propietario/a
 Operador/a
Datas
 Fundación / creación
6 de decembro de 2001 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0dgfwj Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Twitter: euwikipedia Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Wikipedia en éuscaro (en éuscaro: Euskarazko Wikipedia;[1] ou Euskal Wikipedia), é a edición en éuscaro da Wikipedia. O 18 de xullo de 2018 acadou os 300.000 artigos. Esta versión da enciclopedia contén 497.385 artigos e 201.535 usuarios, dos cales 761 son activos.[2]

A portada púxose en marcha o 7 de novembro do 2003, aínda que anteriormente o primeiro artigo xa se realizara o 6 de decembro do 2001.

O 25 de xaneiro do 2008 a Wikipedia en éuscaro recibiu o premio ou galardón Sareko Argia do 2008 concedido pola revista Argia, pola súa achega á presenza do éuscaro en Internet.

O 18 de abril do 2011 superou os 70.000 artigos. Ese mesmo día a Wikipedia en éuscaro superou en cantidade os artigos da Wikipedia en galego (70.762 artigos), tornándose a cuarta Wikipedia das escritas en linguas que se falan na Península Ibérica trala Wikipedia en castelán, a Wikipedia en portugués e a Wikipedia en catalán. A Wikipedia en vasco sitúase no terceiro lugar de Wikipedias en linguas que se falan en Francia por detrás da Wikipedia en francés e da Wikipedia en catalán, por diante da Wikipedia en bretón, a Wikipedia en occitano ou a Wikipedia en corso.

O 19 de setembro do 2014 chegou aos 200.000 artigos.

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

En xullo do 2009 reorganizouse a sección Txokoa ("O Recuncho", similar á sección "A Taberna" doutras wikipedias) da Wikipedia e trala correspondente proposición e votación engadíronse a esta novas seccións.

A inicios do ano 2010 a Wikipedia en éuscaro tiña 12 portais realizados polos seus usuarios, centrados en países, linguas e historia.

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Número de artigos Ano
1.000 2004
10.000 2006
20.000 2007
30.000 2008
50.000 2009
60.000 2010
120.000 2011
130.000 2012
200.000 2014
250.000 2016
300.000 2018

Á parte do logo principal superior, a Wikipedia en éuscaro adoita utilizar diferentes logos, xa sexa pola Euskal Astea ou para celebrar calquera outro acontecemento ou celebración importante no País Vasco:

  1. ↑ Idoia Etxeberria (24 de abril de 2008). "Jakintza eta auzolana". Berria. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 10 de outubro de 2009.
  2. ↑ All Wikipedias ordered by number of articles
  3. ↑ Argia.com

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]