Vicente Sierra Martínez

xurista español

Vicente Sierra Martínez, nado en Pontecesures o 21 de abril de 1900 e finado no mesmo concello o 19 de xuño de 1981, foi un avogado e político galego.

Modelo:BiografíaVicente Sierra Martínez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor en Wikidata
Pontecesures Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xuño de 1981 Editar o valor en Wikidata (80/81 anos)
Pontecesures Editar o valor en Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas

1 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Pontevedra
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata
Premios

Arquivo Histórico de Deputados: 109370

Traxectoria

editar

Cursou o bacharelato no Colexio dos Xesuítas de Camposancos. Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela con premio extraordinario. Ingresou no Corpo de Avogados do Estado en 1925, sendo destinado a Delegación de Facenda de Córdoba. Traballou como avogado do Estado na Subdelegación de Facenda de Vigo dende 1927. Como político, foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra polo Partido Republicano Radical nas eleccións xerais de 1933. Presentouse ás eleccións xerais de 1936 pero non saíu elixido. Finou en Ponteareas o 19 de xuño de 1981.[1]

Recoñecementos

editar

Foille concedida a Gran Cruz do Mérito Civil en 1970.

Vida persoal

editar

Casou con María Luisa Docet Ríos e foi pai de Vicente, María del Pilar, José Luis, María Luisa e María Guadalupe Sierra Docet.

  1. ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-6-1981, p. 19.

Véxase tamén

editar