Saltar ao contido

Verve Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Verve Records
Logotipo
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Discografía
 Industria
Implicados
 Fundador/a
 Matriz
Datas
 Fundación / creación
1956 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Fontes e ligazóns
VIAF135198222 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01xyqk Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Facebook: ververecords Twitter: vervemusic Instagram: vervemusic Souncloud: ververecords Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Verve Records é unha discográfica americana especializada en jazz, fundada por Norman Granz en 1956 absorbeu os catálogos de Norgran Records e Clef Records.

O catálogo de Verve medrou ó longo dos anos 50 e dos anos 60 para incluír a maioría das figuras principais do jazz, aínda que Granz tendeu a gravar artistas xa establecidos, por veces en declive, máis que buscar talentos novos. Tamén recoñeceu o potencial dos álbums da comedia, producindo o primeiro LP de Spike Jones, Dinner Music For People Who Aren't Very Hungry, en 1956 e varios álbums éxitos de venda que ofrecían actuacións en directo de Shelley Berman a comezos dos 60. Granz vendeu Verve a MGM en 1961 por 3 millóns de dólares. Creed Taylor converteuse no novo produtor, levando a bossa nova ós Estados Unidos. En 1967 Creed deixou Verve, e as novas gravacións comezaron a declinar e cesarían en conxunto nos anos 70. Nos mediados dos anos oitenta comezou unha nova política que promovía novos lanzamentos, aínda que sempre dando preferencia á reedición do seu catálogo. Nos anos 70 pasou a formar parte de PolyGram, incorporando o catálogo do jazz de Mercury/EmArcy, que Phillips, os donos de parte de PolyGram adquiriran anteriormente. Verve Records transformouse en Verve Music despois de que PolyGram se unira ó Universal Music Group de Seagram en 1998.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]