Unión Latina foi unha organización internacional conformada polos países que falan algunhas das denominadas linguas romances, coa función de promover e difundir a súa herdanza común e aquilo que identifica o mundo latino.
Foi creada en 1954 ao asinar un acordo constitutivo en Madrid, e recoñeceuse como unha institución formal en 1983. Unión Latina anunciou o 26 de xaneiro de 2012 a suspensión das súas actividades por mor de dificultades financeiras. O 31 de xullo de 2012 tivo lugar a disolución do secretariado Xeralxe o despedimento de todo o persoal da organización.[1]
O seu nome nas súas linguas oficiais era en castelán: Unión Latina; catalán: Unió Llatina; francés: Union Latine; italiano: Unione Latina; portugués: União Latina; romanés: Uniunea Latină.