Tiberio II
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 520 Tracia |
| Morte | 14 de agosto de 582 Constantinopla |
| Emperador do Imperio Romano de Oriente | |
| 574 – 582 ← Xustino II – Mauricio → | |
| Senador romano | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Cristianismo calcedonio |
| Actividade | |
| Ocupación | gobernador, político, emperador |
| Período | Imperio Bizantino e Byzantine Egypt (en) |
| Familia | |
| Familia | Dinastía Xustiniana |
| Cónxuxe | Ino Anastácia |
| Fillos | valor descoñecido, Constantina, Charito |
| Pai | valor descoñecido Xustino II |
| Irmáns | Arábia |
| Descrito pola fonte | Pequeno dicionario enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Tiberio II Constantino foi emperador bizantino entre o 578 e o 582, elevado en decembro de 574 á categoría de César durante o reinado de Xustino II grazas á influencia da súa esposa Sofía. Ela exerceu o goberno durante os últimos anos del, que estiveron marcados pola inhabilitación mental do emperador, a guerra persa e a persecución monofisita.

O emperador foi moi popular. Reducíronse os impostos; detívose o acoso á herexía monofisita; os poderes do senado e o dos partidos Verdes e Azuis aumentaron. Formouse un corpo de elite no exército, formado por quince mil bárbaros que co tempo se converteu na chamada garda varega.
Demasiado liberal co tesouro, pois o utilizou para establecer alianzas cos francos e cos longobardos (579), aínda que non puido impedir que os ávaros penetrasen en Tracia e Tesalia (582). Morreu o 13 de agosto de 582 envelenado, segundo se rumoreou, tras comer un prato de amoras. Unha semana antes de morrer nomeou o seu sucesor, o emperador Mauricio.
| Imperio Bizantino | ||
|---|---|---|
Segue a: Xustino II |
Tiberio II | Precede a: Mauricio, emperador |
| Dinastía Xustiniana | ||