Teresa Añón
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1951 Santiago de Compostela |
| Morte | 17 de abril de 2014 Covas |
| Actividade | |
| Ocupación | escultora, pintora |
| Xénero artístico | Arte figurativa |
| Movemento | Expresionismo |
| Sitio web | teresaanhon.blogspot.com |
Mercedes Teresa Añón Peón, nada en Santiago de Compostela en 1951 e finada en Covas (Ferrol) o 17 de abril de 2014[1], foi unha pintora e escultora principalmente figurativa galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na súa obra hai raíces expresionistas, xunto con visións persoais. A súa escultura en gres ou bronce presenta figuras idealizadas con lembranzas do gótico, e contrastes de luz e sombra. Na súa pintura e escultura os seres humanos son os protagonistas, destacando faces e presenza maioritaria de mulleres.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica Arquivado 05 de febreiro de 2018 en Wayback Machine., Diario de Ferrol, 3/12/2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Blog persoal da autora
- Bibliografía Arquivado 01 de marzo de 2019 en Wayback Machine. en PintoresGallegos.com (en castelán).
Este artigo sobre unha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |