Saltar ao contido

Tarragona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tarragona
 Nome orixinal
    Tarragona (ca) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Tarragona (ca) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
tarraconense (es)
tarragoní (ca)
tarragonina (ca) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Parcialmente coincidente con
 Lingua oficial
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: alcalde de Tarragona Editar o valor en Wikidata
Rubén Viñuales (en) Traducir (2023 - )
Pau Ricomà i Vallhonrat (en) Traducir (2019 - 2023)
Josep Fèlix Ballesteros (2007 - 2019) Editar o valor en Wikidata
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
1834
1165 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
Localización
 Situado en
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
4.915 (1717) rexistro civil
9.909 (1787) rexistro civil
19.760 (1857) rexistro civil
20.228 (1860) rexistro civil
24.709 (1877) rexistro civil
29.043 (1887) rexistro civil
25.207 (1900) rexistro civil
25.009 (1910) rexistro civil
29.632 (1920) rexistro civil
32.379 (1930) rexistro civil
32.989 (1936) rexistro civil
37.120 (1940) rexistro civil
37.770 (1945) rexistro civil
40.084 (1950) rexistro civil
40.850 (1955) rexistro civil
45.273 (1960) rexistro civil
78.238 (1970) rexistro civil
101.619 (1975) rexistro civil
111.689 (1981) rexistro civil
109.557 (1986) rexistro civil
112.801 (1991) rexistro civil
115.153 (2001) rexistro civil
117.184 (2002) rexistro civil
123.584 (2004) rexistro civil
128.152 (2005) rexistro civil
131.158 (2006) rexistro civil
134.163 (2007) rexistro civil
137.536 (2008) rexistro civil
140.323 (2009) rexistro civil
140.184 (2010) rexistro civil
134.085 (2011) rexistro civil
133.954 (2012) rexistro civil
133.545 (2013) rexistro civil
132.199 (2014) rexistro civil
131.255 (2015) rexistro civil
131.094 (2016) rexistro civil
131.507 (2017) rexistro civil
132.299 (2018) rexistro civil
134.515 (2019) rexistro civil
136.496 (2020) rexistro civil
135.436 (2021) rexistro civil
134.883 (2022) rexistro civil
138.262 (2023) rexistro civil
141.151 (2024) rexistro civil
143.649 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   69.010 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   65.505 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Número de fogares
960 (1553)
637 (1497)
765 (1515) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   57,9 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   68 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal43001–43008 Editar o valor en Wikidata
Código INE43148 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap339887 Editar o valor en Wikidata
VIAF312587074 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0g7yd Editar o valor en Wikidata
 Código do catálogo
 Páxina WEB
Facebook: 100064550661448 Twitter: TGNAjuntament Instagram: tarragona_cat LinkedIn: ajuntament-de-tarragona Youtube: UChmPxD2NcAMlp5usVeudSgw Pinterest: AjuntamentTGN Flickr: 105459913@N02 BNE: XX450705 Souncloud: user-824938519-524443906 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Tarragona é unha cidade localizada ao sur de Cataluña, España, na costa mediterránea, na Costa Daurada. É capital da provincia de Tarragona e da comarca do Tarragonès.

Na época romana, foi capital da provincia Tarraconense, motivo polo que aínda conserva notables restos arqueolóxicos da época, como o anfiteatro ou as murallas. É xunto a outras doce poboacións españolas Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A cidade está na costa do mar Mediterráneo, na beira esquerda da desembocadura do río Francolí. O termo municipal, o máis extenso e poboado da comarca, limita ao norte con Constantí, els Pallaresos, el Catllar e la Riera de Gaià, polo leste con Altafulla, polo sur co Mediterráneo e polo oeste con Vila-seca e Reus. Tarragona está situada sobre un pequeno monte, e a catedral está situada a 69 metros de altitude respecto ao nivel do mar.

As orixes de Tarragona remóntanse ao século III a.C., cando existiu unha poboación ibera co nome Kesse, que deu nome á tribo que habitaba na zona.

Anfiteatro

Logo da conquista romana, Kesse foi ampliada e fortificada por Publio e Publio Cornelio Escipión o Africano que converteron a cidade na base contra os cartaxineses. Recibiu o nome de Tarraco e converteuse máis adiante na capital da provincia Tarraconense. Augusto pasou o inverno en Tarraco durante a campaña de Cantabria (27 aC), momento no que a cidade creceu e recibiu o título de Colonia Urbs Triumphalis Tarraconensis.

Despois da caída do Imperio Romano, chegaron os pobos xermánicos. O rei visigodo Eurico saqueou e destruíu a cidade o 480. Así, a maxestosa capital romana quedaría practicamente despoboada ao sur da nova capital, Barcelona. A cidade foi recuperando poboación ata ser unha das metrópoles máis importantes de Hispania, pero non chegou aos niveis da época romana. Foi importante a comunidade cristiá, dirixida polo arcebispo de Tarraco.

Os árabes chegaron a Tarraco no 719 e os exércitos de Mussa ibn Nussayr arrasaron a cidade. Cando desapareceu o Califato de Córdoba, formou parte da taifa de Zaragoza e posteriormente da taifa de Tortosa. Durante moitos anos, a fronteira entre cristiáns e musulmáns estableceuse entre os ríos Gaià e Llobregat, convertendo a zona de Tarragona en terra de ninguén.

O 1116 prodúcese a reconquista cristiá de Tarragona por parte das tropas de Ramón Berenguer III. A cidade empezou a crecer con poboadores procedentes da Cataluña Norte. A principios do século XIII, urbanízase a gran praza do foro romano e a cidade convértese nun importante centro de poder en Cataluña. Comezan a xurdir os primeiros barrios extramuros. En maio de 1348 chegou a peste negra, o que fixo que os habitantes volveran ó interior das murallas. A principios do século XV, a cidade recuperouse da peste ata que as guerras catalás deixárona moi afectada.

Entre os séculos XVI a cidade representou un centro importante de poder ao sur de Cataluña. Foron importantes as batallas entre as tropas castelás e catalás durante a Guerra dels Segadors e, especialmente, a represión posterior á Guerra de Sucesión.

A cidade tolerou o paso das tropas de Napoleón pola zona, pero rebelouse cando quixeron instalarse. A mediados do século XIX, comezou un proceso de industrialización e desenvolveuse o comercio.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Tarragona ten un total de 134.933 habitantes, segundo o INE 2010. Tarragona é capital dunha área metropolitana de 456.042 habitantes. É a sexta cidade en poboación de Cataluña, tras Barcelona, L'Hospitalet de Llobregat, Badalona, Terrassa e Sabadell, e xusto por diante de Lleida.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
Torre do Pretorio
Vista lateral da Catedral de Tarragona.

O conxunto arqueolóxico que forman as ruínas romanas de Tarraco foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 2000, con catorce lugares distintos.

  • A Zona Vella. Na parte alta da cidade, coincide co antigo Fórum Provincial de Tarraco. Está rodeada pola Muralla romana, cuxa lonxitude cara ao século III a.C. era duns 4 km. Con todo, na actualidade só se conserva ao redor de 1 km e unha porta adoelada orixinal. A zona vella, coñecida popularmente como "Part Alta", é hoxe en día unha das zonas máis visitadas tanto por turistas como por autóctonos grazas á oferta gastronómica e de lecer que esta ofrece.
  • O Anfiteatro de Tarraco. Do século I, no seu interior conserva tamén restos dunha basílica visigoda e unha igrexa románica.
  • O mercado central. Edificio modernista do ano 1915, deseñado polo arquitecto Josep Maria Pujol de Barberá.
  • O Balcón do Mediterráneo. Miradoiro situado sobre un cantil á beira do mar, ao final da Rambla Nova. Está bordeado por unha antiga varanda de ferro forxada por Joan Miquel Guinart, no inicio do século XX. Desde el pódese contemplar parte da cidade, o porto, a estación, o anfiteatro, a praia e A Punta do Milagre, ademais dunha magnífica panorámica do mar, sobre cuxo horizonte nos días claros, pódese apreciar a curvatura de a Terra. A Punta do Milagre é tamén o escenario onde se celebra cada ano no mes de xullo, durante seis noites, o famoso Concurso Internacional de Castelos de Fogos artificiais de Tarragona no que participan importantes empresas pirotécnicas españolas e estranxeiras, e que se converteu no certame de referencia do Mediterráneo[1].
  • O Circo romano de Tarraco. Dentro da zona vella da cidade, achamos hoxe en día os restos arqueolóxicos do que foi o circo, que ofrecía carreiras de carros. Poden visitarse en diferentes establecementos da cidade; así como o que se coñece como "capçalera", a curva final do percorrido. As "cárceres", que había a saída, áchanse baixo os cimentos do actual concello de Tarragona, na Plaça de la Font.
  • A catedral é un expoñente magnífico de templo relixioso cristián iniciado cara ao século XII. O seu estilo arquitectónico está dacabalo entre o románico e o gótico, achando neste peculiar edificio da cidade unha harmonía soante de estilos artísticos diferenciados entre si, que fan do conxunto un grande edificio digno dunha sede episcopal primada.
  • O Portal de Sant Antoni é unha porta da muralla construída en 1737, en pedra e mármore.
  • A Casa da Festa de Tarragona é un equipamento cultural que permite durante todo o ano coñecer os elementos identitarios das Festas de Santa Tecla de Tarragona e a súa secuencia ritual, declaradas Festa Tradicional de Interese Nacional pola Generalitat de Cataluña e Festa de Interese Turístico Nacional polo Goberno de España. Situada na Vía Augusta número 4, abre as súas portas en 2007 e de xeito permanente en 2008.
  • O Porto de Tarragona, un dos máis importantes de España.
  • Teatro Metropol, do arquitecto Josep Maria Jujol, discípulo de Gaudí.
  • Altar de Jesus i Maria, do arquitecto Antoni Gaudí.

Vistas da cidade

[editar | editar a fonte]
Vista desde a parte alta.
Vista desde el Fortí de la Reina.
Vista da zona noroeste da cidade.
Rambla Nova.

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]

Desde 1968, Tarragona mantén unha relación de irmandade con varias cidades:

  1. ↑ "Tarragona Piroart". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2012. Consultado o 28 de agosto de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]