Sergio Portela
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1970 Madrid |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | escultor, arquitecto, pintor, fotógrafo |
| Familia | |
| Pais | César Portela |
Sergio Portela Campos, nado en Madrid en 1970 e criado en Pontevedra desde 1971, onde reside, é un pintor, escultor e arquitecto galego, fillo dos tamén arquitectos César Portela e Pascuala Campos de Michelena.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Comezou na pintura pero pronto paso a outras áreas (escultura, arquitectura e fotografía), e existen esculturas súas en diferentes cidades galegas, como Pontevedra (Centro Social Caixanova), Vigo (Museo do Mar), Tui, Lalín, Redondela (Monumento ao Capitán Nemo[1]), Vilalba, Santiago ou A Coruña, así como noutras cidades españolas.
Outras das súas actuacións foron a reconstrución do foxo do lobo no Concello de Cotobade así como de muíños de auga e de vento no mesmo concello.
Obra en Lalín
[editar | editar a fonte]No ano 2002 construíu en Lalín un conxunto escultórico na carballeira da Crespa que no ano 2008 foi trasladado á carballeira do Rodo, próxima ó casco urbano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Monumento ó Capitán Nemo (2003)". Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2017. Consultado o 23 de febreiro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sergio Portela |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sergio Portela na Colección Afundación.
- «A veces son tan importantes las obras como el lugar donde están hechas», entrevista de María Conde en La Voz de Galicia, 4 de xullo de 2009 (en castelán).