Sendai (仙台市, せんだいし, Sendai-shi) é un concello da prefectura de Miyagi no Xapón. Está situado ó sur da rexión de Tōhoku e no centro da prefectura, ó noroeste da illa de Honshū. Ten 783,54km² de superficie, unha poboación de 1.032.256 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 1.320 hab./km².
O 11 de marzo de 2011 produciuse preto da súa costa un dos tremores de terra máis intensos dos que se teña rexistro, o terremoto de Sendai de 2011 (東北地方太平洋沖地震, Terremoto da rexión de Tōhoku e da zona costeira do océano Pacífico), que causou importantes danos no concello.