Saltar ao contido

Sant Cugat del Vallès

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sant Cugat del Vallès
 Nome oficial
    Sant Cugat del Vallès (ca) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
Santcugatenc (ca)
santcugatenca (ca) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua oficial
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Capital
 Contén división administrativa
Valldoreix (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
534 (1717) rexistro civil
1.010 (1787) rexistro civil
2.483 (1857) rexistro civil
2.543 (1860) rexistro civil
2.548 (1877) rexistro civil
2.523 (1887) rexistro civil
2.120 (1900) rexistro civil
2.368 (1910) rexistro civil
2.874 (1920) rexistro civil
5.190 (1930) rexistro civil
6.045 (1936) rexistro civil
5.904 (1940) rexistro civil
6.195 (1945) rexistro civil
6.992 (1950) rexistro civil
9.034 (1955) rexistro civil
11.884 (1960) rexistro civil
15.727 (1965) rexistro civil
20.669 (1970) rexistro civil
29.889 (1975) rexistro civil
31.184 (1981) rexistro civil
35.090 (1986) rexistro civil
38.834 (1991) rexistro civil
55.825 (2001) rexistro civil
59.837 (2002) rexistro civil
63.132 (2003) rexistro civil
65.061 (2004) rexistro civil
70.514 (2005) rexistro civil
73.774 (2006) rexistro civil
74.345 (2007) rexistro civil
76.274 (2008) rexistro civil
79.253 (2009) rexistro civil
81.745 (2010) rexistro civil
83.337 (2011) rexistro civil
84.946 (2012) rexistro civil
100.000 (2013) rexistro civil
87.118 (2014) rexistro civil
87.830 (2015) rexistro civil
88.921 (2016) rexistro civil
89.516 (2017) rexistro civil
90.664 (2018) rexistro civil
91.006 (2019) rexistro civil
92.977 (2020) rexistro civil
94.012 (2021) rexistro civil
95.725 (2022) rexistro civil
97.530 (2023) rexistro civil
98.621 (2024) rexistro civil
97.983 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   46.809 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   44.197 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Número de fogares
126 (1553)
100 (1497)
119 (1515) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   48,2 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   124 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal08172–08174 Editar o valor en Wikidata
Código INE08205 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap347540 Editar o valor en Wikidata
VIAF133707842 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/048jty Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
BNE: XX452076
Wikidata C:Commons

Sant Cugat del Vallès é unha cidade e municipio catalán da provincia de Barcelona. Pertence á comarca do Vallès Occidental. Situado entre a Serra de Collserola e a Serra de Galliners, limita con Barcelona polo sueste.

Ten 81.745 habitantes segundo cifras oficiais do INE do ano 2010. É a terceira cidade máis poboada do Vallès Occidental logo das capitais Sabadell e Terrassa e a décima máis poboada da provincia de Barcelona.

Mosteiro de Sant Cugat.

Cara ao século IV, no lugar onde hoxe se atopa o mosteiro de Sant Cugat, xa se atopaba unha fortaleza romana, posteriormente coñecida como Castrum Octavianum, que protexía o cruzamento da Vía Augusta coa vía de Egara (Terrassa) a Barcino (Barcelona). A tradición cristiá sitúa neste lugar onde, no ano 313 foi martirizado Cucuphas (Cugat), vindo de África para predicar a fe cristiá en territorio romano. A construción do mosteiro no século IX contribuíu ao crecemento do pobo durante a idade media. A principios do século XX, a chegada dos Ferrocarrís de Cataluña en 1917 induciu que o pobo cambiase o seu carácter rural por un máis urbano e estival, coa creación de varios núcleos de casas de veraneo. Durante a República, entre 1936 e 1939 o nome oficial da poboación foi Pins del Vallès.

Trala transición, o municipio acolleu varias institucións importantes, como os estudos de Televisión Española en Cataluña, a sede do C.A.R. (Centro de Alto Rendemento), no que se adestran deportistas de elite, e a sede do Arquivo Nacional de Cataluña.

Actualmente Sant Cugat ten un dos PIB per cápita máis altos de España, así como un elevado índice de natalidade.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Na primeira década do século XXI Sant Cugat creceu preto de 30.000 habitantes. No ano 2000 tiña 52.654 habitantes empadroados, mentres que en 2010 a súa poboación é de 81.745 habitantes, 11.600 deles estranxeiros.

A poboación española creceu, pero ao mesmo tempo a poboación de nacionalidade estranxeira tamén creceu notablemente. No 2000 representaba o 4,4% da súa poboación e en 2010 o 14,2%. Destes 11.600 estranxeiros o 46% é procedente de América Latina.

Evolución demográfica
1900193019501970198120002008
2.1205.1906.99220.66931.18452.65476.274

Distritos

[editar | editar a fonte]
Barrios de Sant Cugat del Vallès.

Sant Cugat del Vallès está formado por cinco barrios ou distritos: Sant Cugat del Vallès, Mira-sol, Valldoreix, La Floresta e Les Planes.

O barrio de les Planes está dividido en dous, unha parte pertencente a Sant Cugat e a outra a Barcelona.

Lista de poboación por distritos:

Distrito Habitantes (2010)
Sant Cugat del Vallès
56.555
Mira-sol
11.928
Les Planes
1.217
La Floresta
4.446
Valldoreix
7.599
Fonte: INE

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
A Casa Lluch.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]