Saltar ao contido

Salvaterra de Miño

Salvaterra de Miño
 Nome oficial
Salvaterra de Miño (gl) dende 1985
Salvatierra de Miño (es) dende 1916 ata 1985
Salvatierra (es) ata 1916 Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
    Salvaterrense (it) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Epónimo
 Lista do elemento
Implicados
Localización
 Situado en
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
8.320 (2001) rexistro civil
8.240 (2002) rexistro civil
8.019 (2004) rexistro civil
8.375 (2005) rexistro civil
8.505 (2006) rexistro civil
8.761 (2007) rexistro civil
9.140 (2008) rexistro civil
9.293 (2009) rexistro civil
9.456 (2010) rexistro civil
9.546 (2011) rexistro civil
9.677 (2012) rexistro civil
9.816 (2013) rexistro civil
9.626 (2014) rexistro civil
9.619 (2015) rexistro civil
9.566 (2016) rexistro civil
9.657 (2017) rexistro civil
9.691 (2018) rexistro civil
9.819 (2019) rexistro civil
9.990 (2020) rexistro civil
10.048 (2021) rexistro civil
10.079 (2022) rexistro civil
10.274 (2023) rexistro civil
10.471 (2024) rexistro civil
10.617 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   4.914 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   4.905 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   62 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   32 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal36450 Editar o valor en Wikidata
Código INE36050 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap341380 Editar o valor en Wikidata
VIAF316733183 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/09k5rl Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Enciclopedia Galega Universal: 182167 Galiciana: 29531 BNE: XX453723
Wikidata G:Commons C:Commons

Salvaterra de Miño[1] é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Condado. Segundo o IGE en 2024 tiña 10.459 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «salvaterrense».

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello, de 62,5 km², está situado ao sur da provincia de Pontevedra, na confluencia dos vales do río Tea e o Miño. Limita ao norte con Mondariz e Ponteareas, ao sur con Monção (na beira portuguesa do Miño), ao leste coas Neves (a través dos montes da Paradanta) e ao oeste con Salceda de Caselas e a parroquia tudense de Caldelas de Miño.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Cantidade de poboaciónAno800085009000950010.00010.50011.000200020052010201520202025Salvaterra de MiñoEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.
Evolución histórica da poboación
Distribución de idade da poboación
[editar | editar a fonte]
Censo total de habitantes 10459
Menores de 15 anos 1278
Entre 15 e 64 anos 6378
Maiores de 65 anos 2443

O 24 de maio de 991 o rei Vermudo II doou á Arquidiocese de Santiago de Compostela o señorío e val de Salvaterra, herdado do seu pai Ordoño III. A fundación da vila de Salvaterra foi promovida en 1218 polo rei Afonso IX. O obxectivo era facilitar a viláns e pecheiros os medios de burlar os excesos dos señores feudais. Tralas guerras entre Tareixa de Portugal e Urraca de Castela a comezos do século XIII, Salvaterra pertenceu a Portugal. En 1643 foi ocupada por tropas castelás no marco da Guerra de restauración portuguesa. O nome de Salvaterra aparece no século XIV, cando se substituíu o topónimo da vila de Lazoiro.[2]

Segundo relata Vasco da Ponte, logo da Gran Guerra Irmandiña, cando Pedro Madruga pasou a Portugal fuxindo do arcebispo de Compostela e do conde de Monterrei, asaltou a gornición de Salvaterra.

En 1568 o señor de Salvaterra, Diego Sarmiento, acudiu con 500 homes á defensa de Pontevedra contra as incursións do pirata Francis Drake, que xa desembarcara en Vigo.

Até 1916 recibía simplemente o nome de Salvaterra, pero coa reforma da nomenclatura municipal de España de 1916 pasou a chamarse Salvaterra de Miño para distinguilo doutros concellos de España, como Salvatierra-Agurain en Araba ou Salvatierra de Esca en Zaragoza[3].

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Pazo de Dona Urraca

[editar | editar a fonte]

O castelo de Salvaterra ou castelo de Dona Urraca é unha fortaleza medieval ao pé do río Miño. As súas orixes remóntanse aos séculos X e XI. Ocupa unha superficie de 9 700 m² conformados polo recinto amurallado coas súas garitas, a Casa do Conde, o Pazo de Dona Urraca e a Capela da Virxe da Oliva. Do século XII consérvanse as chamadas Covas de Dona Urraca, coa súa escaleira de caracol.

O castelo de Salvaterra e a súa contorna histórica foron declarados en 1949 Bens de Interese Cultural.

Etnografía

[editar | editar a fonte]

Festas e celebracións

[editar | editar a fonte]
[editar | editar a fonte]
  • Vilanova é do rei,/ Salvaterra da raíña;/ se eu fora filla do rei/ Vilanova érache miña [5].

Economía

[editar | editar a fonte]

Salvaterra ten características de cidade satélite de Vigo, da cal dependen economicamente a meirande parte dos seus habitantes. Preto do núcleo principal da vila atópase un pequeno polígono industrial. A partir de 2001 comezou a proxectarse a Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves (PLISAN), proxectada no leste do concello co obxectivo de aliviar a falta de solo industrial na Área Metropolitana de Vigo. Despois de vinte anos de litixios e construción[6] promovida polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, a Xunta de Galiza e o Porto de Vigo, espérase que se efectúe a construción de numerosas naves industriais de distintas firmas[7][8] nos vindeiros anos.

Alén disto, destacan tamén a produción de viño, a extracción de áridos no río Mendo, o turismo e a pesca da lamprea.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Salvaterra de Miño

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Salvaterra de Miño

Alxén (San Paio) | Arantei (San Pedro) | Cabreira (San Miguel) | Corzáns (San Miguel) | Fiolledo (San Paio) | Fornelos (San Xoán) | Leirado (San Salvador) | Lira (San Simón) | Lourido (Santo André) | Meder (Santo Adrián) | Oleiros (Santa María) | Pesqueiras (Santa Mariña) | Porto (San Paulo) | Salvaterra (San Lourenzo) | Soutolobre (Santa Comba) | Uma (Santo André) | Vilacova (San Xoán)

Lugares de Salvaterra de Miño

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Salvaterra de Miño vexa: Lugares de Salvaterra de Miño.

  1. ↑ Nomenclátor da Xunta de Galicia. Busca das parroquias de Salvaterra de Miño.
  2. ↑ Navaza, Gonzalo (2016). Universidade da Coruña, eds. "A orixe literaria do nome da Coruña". Revista Galega de Filoloxía 17: 119–164. ISSN 1576-2661. doi:10.17979/rgf.2016.17.0.1873.
  3. ↑ Méndez Fernández, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (377): 365–383. ISSN 1576-8767.
  4. ↑ "SCDCondado.org". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2009. Consultado o 20 de setembro de 2010.
  5. ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 161. San Salvador de Vilanova dos Infantes é parroquia de Celanova; Salvaterra de Miño, concello da provincia de Pontevedra.
  6. ↑ Prego, Carlos (2021-09-19). "La Plisan coge fuerza... en la veintena". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-05-14.
  7. ↑ Carneiro, José (2022-05-06). "O polo industrial pesqueiro da Plisan colle forza cunha terceira factoría de 12.000 m2". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-05-14.
  8. ↑ ue03523 (2020-08-31). "A matriz de Albo activa a “megaplanta” da Plisan para iniciar a súa actividade en 2022". Observatorio do solo empresarial. Consultado o 2022-05-14.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]