Sabela López Pato
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 14 de outubro de 1975 Ourense |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Director de tese | Arturo Casas |
| Actividade | |
| Ocupación | historiador da arte |
| Familia | |
| Pais | Anselmo López Carreira |
| Irmáns | Catuxa López Pato |
Sabela López Pato, nada en Ourense o 14 de outubro de 1975, é unha historiadora da arte e museóloga galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Comisariou as exposicións Da Terra de Lemos ao Reino de Galicia en 2009,[1] "Os que habitan en nós" (2010)[2] e "Vigo, cidade Babel" (con Fernando Ramallo) (2014).[3] Está especializada no estudo dos museos de Galicia. En 2018 comisariou a exposición Fóra dos museos.[4] Doutora en Estudos da Literatura e da Cultura pola USC en 2023 coa tese Museoloxías contemporáneas e sistemas culturais emerxentes: modelos, heurísticas, conceptos. Aplicación ao sistema museal galego. É investigadora posdoutoral do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da USC.
Obra
[editar | editar a fonte]- Museoloxías contemporáneas e sistemas culturais emerxentes: modelos, heurísticas, conceptos. Aplicación ao sistema museal galego (2025). Desigan Edenia. 800 páxs. ISBN 978-84-09-69345-0.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Aquí, de Hilde Domin, Noitarenga (1998). (con Silvia Montero Küpper).
- Insulto ó Público, de Peter Handke (2016). (con Catuxa López Pato).[5]
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Da terra de Lemos ao Reino de Galicia, en colaboración con Anselmo López Carreira (2009), Xunta de Galicia.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Ícarus de Artes e Humanidades 2024.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A Idade Media en Imaxes A mostra Da Terra de Lemos ao Reino de Galicia permítenos entender o noso Medievo
- ↑ Unha ollada a intevención do home na paisaxe
- ↑ Vigo, cidade Babel amosou o novo rumbo do Verbum
- ↑ Pezas "fóra dos museos" na Libraría NUMAX
- ↑ Ficha Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. na páxina web de Escenasdocambio.
- ↑ Os Premios Ícarus recoñeceron a viabilidade técnica e económica dunha vintena de teses de doutoramento e traballos académicos