Saltar ao contido

Rivas-Vaciamadrid

Rivas-Vaciamadrid
 Nome oficial
    Rivas-Vaciamadrid (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
Fotomontaxe
 Instancia de
 Parte de
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Continente
 Contén núcleo de poboación
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
32.228 (2001) rexistro civil
35.660 (2002) rexistro civil
45.099 (2004) rexistro civil
49.696 (2005) rexistro civil
53.459 (2006) rexistro civil
59.426 (2007) rexistro civil
64.808 (2008) rexistro civil
68.405 (2009) rexistro civil
70.840 (2010) rexistro civil
72.896 (2011) rexistro civil
75.444 (2012) rexistro civil
78.133 (2013) rexistro civil
80.483 (2014) rexistro civil
81.473 (2015) rexistro civil
82.715 (2016) rexistro civil
83.767 (2017) rexistro civil
85.893 (2018) rexistro civil
88.150 (2019) rexistro civil
90.973 (2020) rexistro civil
92.925 (2021) rexistro civil
96.690 (2022) rexistro civil
100.275 (2023) rexistro civil
101.949 (2024) rexistro civil
103.148 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   44.454 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   43.696 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   67 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   590 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal28521, 28522, 28523 y 28524 Editar o valor en Wikidata
Código INE28123 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap343293 Editar o valor en Wikidata
VIAF129211824 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/047dwhd Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
BNE: XX454157
Wikidata C:Commons

Rivas-Vaciamadrid é un concello español da Comunidade de Madrid. A súa poboación é de 75.444 habitantes (INE 2012). Está situado xunto á confluencia do río Jarama e o Manzanares. Esta cidade é a poboación que máis rápido creceu de España nos últimos 20 anos. Situada a 15 km da Porta do Sol de Madrid e a 21 km do centro da cabeceira comarcal, Alcalá de Henares, xunto á A-3, limita ao norte con Madrid (zona do distrito de Vicálvaro) e con San Fernando de Henares, ao sur con Arganda del Rey e San Martín de la Vega, ao leste con Mejorada del Campo e Velilla de San Antonio, e ao oeste con Xetafe e Madrid (distrito de Villa de Vallecas).

Características

[editar | editar a fonte]

Rivas Vaciamadrid é un municipio de grandes contrastes e insólitas peculiaridades. É en realidade un municipio da periferia da Capital, pero é tamén unha paraxe de inestimable valor ecolóxico; tres cuartas partes do termo municipal forman parte do Parque Rexional do Sueste. Alí conflúen, entre cantís xesíferos de gran beleza, os ríos Jarama e Manzanares. Xunto ás súas contaminadas canles fóronse formando, como consecuencia dunha prolongada actividade de extracción de áridos, numerosas lagoas onde aniñan incontables especies de anátidas que conviven cunha colonia de duascentas cegoñas e cos falcóns e millafres dos riscos.

Rivas é tamén insólito desde o punto de vista sociolóxico. A súa poboación creceu vertixinosamente desde os escasos 500 veciños de 1980 aos actuais 60.000, dando lugar a un asentamento de aluvión que é considerado como o de maior expansión demográfica de Europa. As principais barriadas (Covibar e Pablo Iglesias) foron construídas por cooperativas vinculadas aos sindicatos Comisións Obreiras e UXT.

Rivas é un municipio singular, moi sensible aos problemas ecolóxicos derivados da expansión urbanística e a deterioración do medio natural.

Ten varios centros comerciais e tamén con outro de recente construción, H2Ocio, cuxa característica máis importante é que está situado nun lago artificial.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Cantidade de poboaciónAno30.00040.00050.00060.00070.00080.00090.000100.000110.000200020052010201520202025Rivas-VaciamadridEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]