Saltar ao contido

Rexión de Atacama

Rexión de Atacama
 Xentilicio
atacameño (es)
atacamegni (it) Editar o valor en Wikidata
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Características
 Lingua usada
Implicados
 Xefe do goberno
 Órgano lexislativo
Localización
 Situado en
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
183.407 (1982) censo
230.873 (1992) censo
254.336 (2002) censo
286.168 (2017) censo
299.180 (2024) 2024 census of Chile (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   75.176,2 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   1.800 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap271889 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0jm0y Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
BNE: XX5342165
Wikidata G:Commons C:Commons

Atacama é unha das dezaseis rexións nas que se encontra dividido Chile. Limita ao norte coa Rexión de Antofagasta, ao sur coa Rexión de Coquimbo, ao leste coas provincias de Catamarca, La Rioja e San Juan da República Arxentina e ao oeste co océano Pacífico. A súa capital, Copiapó está localizada a 806 km ao norte da capital de Chile, Santiago.

Diego de Almagro toma posesión do reino de Chile no val de Copiapó.

Durante moitos anos, esta rexión estivo habitada por tribos dieguitas. O descubridor Diego de Almagro chegou ao val de Copiapó en 1536, dando inicio ao descubrimento de Chile.

Durante a colonia, foi coñecida como o límite setentrional do país. O 8 de decembro de 1744 fundouse a cidade de San Francisco de la Selva, hoxe en día Copiapó. En 1789 fundouse por orde do Gobernador Ambrosio O'Higgins, a cidade de Vallenar.

Xa durante o período da República, Juan Godoy descobre o mineral de prata de Chañarcillo en 1832. Grazas a este descubrimento Chile converteuse nun dos principais produtores deste metal no mundo que permite que poidese brotar a súa propia economía nacional. Para mellorar o transporte do mineral cara ao exterior construíuse a primeira liña férrea do país, feita por William Wheelright, mercante mariño norteamericano, unindo a Copiapó con Caldera (1851). Co transcurso do tempo, Santiago, a capital de Chile, comeza a cobrar un imposto á minaría atacameña, dando comezo a un conflito bélico entre Atacama e Santiago, a Revolución de 1859. A pesar de que o bando rexionalista (Exército da revolución constituíntes de Atacama) foi derrotado na Batalla de Cerro Grande 1859, o conflito propiciou a fin da República Conservadora.

En 1916 comezou a explotación do chumbo en Potrerillos, forxando unha buliciosa cidade, que actualmente encóntrase deshabitada e que sobrevive basicamente dos restos da fundición dos minerais, agora explotados na mina de El Salvador.

División administrativa da Rexión

[editar | editar a fonte]

A Rexión de Atacama, para efectos de goberno e administración interior, divídese en 3 provincias:

ProvinciaÁrea
en km2
PoboaciónCapital
Chañaral24.436,232.132Chañaral
Copiapó32.538,5155.713Copiapó
Huasco18.201,566.491Vallenar

Para fins de administración local, as provincias subdivídense en 9 comunas.

Provincia Capital Comuna
Chañaral Chañaral 1 Chañaral
2 Diego de Almagro
Copiapó Copiapó 3 Caldera
4 Copiapó
5 Tierra Amarilla
Huasco Vallenar 6 Alto del Carmen
7 Freirina
8 Huasco
9 Vallenar

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]