Saltar ao contido

Referendo de independencia de Cataluña de 2017

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Referendo de independencia de Cataluña de 2017
 ← 2014 Editar o valor en WikidataCataluña Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata
Data1 de outubro de 2017 Editar o valor en Wikidata
TipoReferendo de independencia Editar o valor en Wikidata
Parte deProceso independentista catalán e crise constitucional española de 2017-2018 Editar o valor en Wikidata
Páxina web oficialreferendum.cat Editar o valor en Wikidata
Cancelo#CatalanReferendum, #Votarem e #1Oct Editar o valor en Wikidata
Participación política
Electorado5.313.564 Editar o valor en Wikidata
2.286.217
   43.03٪
Número de votos válidos2.266.498    Número de votos en branco 44.913   Número de votos nulos 19.719
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata
Si
2.044.038   90.18٪
Gañador
Non
177.547   7.83٪

Editar o valor en Wikidata
Causa inmediata de
27 de outubro de 2017: Declaración de Independencia de Cataluña Editar o valor en Wikidata
Papeleta do referendo.

O referendo sobre a independencia de Cataluña é un referendo de carácter vinculante sobre a independencia e a creación dun Estado catalán. Celebrouse o 1 de outubro de 2017.[1][2][3] Foi organizado polo goberno catalán, formado tras as eleccións nas que os defensores do referendo teñen maioría no Parlamento de Cataluña. Porén, o Goberno do Reino de España opúxose á súa celebración e non deu por válido o resultado da votación.[4][5]

Maioría parlamentaria prorreferendo

[editar | editar a fonte]
Foto oficial do Goberno de Puigdemont.

O 27 de setembro de 2015 realizáronse as eleccións ó Parlamento de Cataluña. Estas eleccións deron unha maioría de forzas políticas prorreferendo (Junts pel Sí, Catalunya Sí que es Pot e Candidatura d'Unitat Popular - Crida Constituent) e fixo posible a creación dun goberno prorreferendo.

Anuncio do referendo

[editar | editar a fonte]

O anuncio da convocatoria deste referendo realizouno o presidente Carles Puigdemont, o 28 de setembro de 2016 dende o Parlamento de Cataluña, como resultado do bloqueo realizado polo Goberno de España.[6][7][8] Tamén se fixo público que a arquitectura do referendo e a súa organización sería responsabilidade do vicepresidente, Oriol Junqueras, e o conselleiro de Asuntos exteriores e de Relacións Institucionais e de asuntos Exteriores e de Transparencia, Raül Romeva.

Anuncio da data e pregunta do referendo

[editar | editar a fonte]

O 9 de xuño de 2017, o Goberno de Cataluña, xunto con todos os membros independentistas do Parlamento de Cataluña, anunciou a data e pregunta para o referendo nunha cerimonia solemne no Pati dels Tarongers do Palau de la Generalitat. A pregunta será: "Quere que Cataluña sexa un Estado independente en forma de república?" e será feita nas tres linguas oficiais faladas en Cataluña (en catalán, español e aranés). A data fixada para o referendo, foi o 1 de outubro de 2017.[9][10]

  1. ↑ Prim, Sara (28 de setembro de 2016). "Puigdemont to call a referendum next September if Spain doesn’t allow Catalans to vote". Catalan News Agency. Consultado o 2 de outubro de 2016.
  2. ↑ "Parliament approves calling a referendum with or without Spain’s consent". Catalan News Agency. 7 de outubro de 2016. Consultado o 8 de outubro de 2016.
  3. ↑ Calvo, Amanda (6 de outubro de 2016). "Catalan parliament votes yes to independence referendum next September". Reuters. Consultado o 8 de outubro de 2016.
  4. ↑ "Spanish Government rejects Puigdemont’s proposal to hold a binding referendum". Catalan News Agency. 30 de setembro de 2016. Consultado o 2 de outubro de 2016.
  5. ↑ "Catalan Referendum on Independence 'Not Possible' Says Spain PM". Voice of America. 30 de decembro de 2016. Consultado o 22 de xaneiro de 2017.
  6. ↑ "Puigdemont anuncia que convocarà el referèndum sobre la independència al setembre del 2017". Corporació Catalana de Mitjans Audiovisuals. 29 de setembro de 2016. Consultado o 2 outubro de 2016.
  7. ↑ Prim, Sara (28 de setembro de 2016). "Puigdemont to call a referendum next September if Spain doesn’t allow Catalans to vote". Catalan News Agency. Consultado o 2 de outubro de 2016.
  8. ↑ "Spanish Government rejects Puigdemont’s proposal to hold a binding referendum". Catalan News Agency. 30 de setembro de 2016. Consultado o 2 de outubro de 2016.
  9. ↑ ""¿Voleu que Catalunya sigui un Estat independent en forma de república?", la pregunta del referèndum de l'1 d'octubre". Ara.cat (en catalán).
  10. ↑ Cordero, Dani (9 de xuño de 2017). "Puigdemont anuncia para el 1 de octubre el referéndum sobre la independencia". EL PAÍS (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]