Saltar ao contido

RMS Queen Mary 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
RMS Queen Mary 2
 Nome oficial
    Queen Mary 2 (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Imaxe satelital
Imaxe
(2013)
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Caracterizado por
 Impulsado por
Implicados
 Deseñador/a
 Propietario/a
 Operador/a
 Fabricante
Datas
 Entrada en servizo
2004 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Acontecementos importantes
Localización
 Lugar de creación
 País de rexistro
 Porto de orixe
 Porto de rexistro
Cifras e dimensións
 Custo
   870.000.000 € Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   345,03 m Editar o valor en Wikidata
 Tonelaxe bruta
149.215
148.528 Editar o valor en Wikidata
 Capacidade
   2.620 Editar o valor en Wikidata
 Carga útil
   19.189 porte (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Velocidade máxima
   30 kn Editar o valor en Wikidata
 Velocidade de cruceiro
   30 kn Editar o valor en Wikidata
 Manga
   41 m Editar o valor en Wikidata
 Calado
   10,3 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
VIAF151618562 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01wy28 Editar o valor en Wikidata
Número de cascoG32 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O Royal Mail Ship Queen Mary 2 é un transatlántico pertencente á compañía Cunard Line.[1] Foi construído no estaleiro galo "Chantiers de l'Atlantique" en Saint-Nazaire en 2003,[2] daquela propiedade de Alstom, cun custo superior a 800 millóns de dólares estadounidenses (550 millóns de libras esterlinas). É tamén o transatlántico máis grande, máis luxoso e caro construído na historia marítima.

O Queen Mary 2 está destinado para a ruta do Atlántico Norte, mais tamén é parcialmente utilizado para cruceiros. Botouse ao mar o 12 de xaneiro de 2004. Daquela era o barco de pasaxeiros maior do mundo, até o ano 2006, cando a empresa naval Royal Caribbean International lanzou ao mar o Freedom of the Seas, que malia ser 6 metros máis curto ca o Queen Mary 2, ten 15 metros máis de manga. Dende setembro de 2009, cando o Oasis of the Seas (tamén da empresa Royal Caribbean International) terminou de ser construído, o Queen Mary 2 pasou a ser o terceiro barco de pasaxeiros máis grande do mundo, aínda que segue a ser o transatlántico máis grande do mundo xa que os dous anteriores non son transatlánticos senón cruceiros.[3]

O Queen Mary 2 na Ría de Vigo.

Hoxe en día, a rivalidade entre as empresas navais de pasaxeiros non é contar co buque máis rápido, xa que estes non son usados máis coma un medio de transporte, senón contar co máis grande e luxoso. O Queen Mary 2 deu este título á Cunard en 2004, e foi o primeiro transatlántico que se construíu dende o Queen Elizabeth 2 de 1969.

Digno sucesor de grandes mitos da historia marítima, coma os primeiros transatlánticos de luxo alemáns de antes da primeira guerra mundial, que introduciron o concepto de hotel de luxo na navegación marítima, e transatlánticos famosos como o Titanic, o Mauretania, o Queen Mary, o Queen Elizabeth e mailo Queen Elizabeth 2; o Queen Mary 2 é 44,8 metros máis longo ca a Torre Eiffel e tres veces e medio máis ca a torre de Westminster (Big Ben). Ademais, é só 35,7 metros máis curto ca o edificio Empire State de Nova York. En decembro de 2011 cambiou o seu porto de rexistro a Hamilton, nas Bermudas.

Dende os seus comezos o Queen Mary 2 abarloou en numerosas ocasións no porto de Vigo.

  1. ↑ QM2 en Cunard.com Arquivado 05 de novembro de 2012 en Wayback Machine., Consulatado o 5 de decembro de 2010
  2. ↑ QM2 en STX Europe Arquivado 28 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., Consultado o 5 de decembro de 2010
  3. ↑ "Nota de prensa da inauguración do Freedom of the Seas". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2010. Consultado o 08 de abril de 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]