Saltar ao contido

Río Esla

Río Esla
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Conca hidrográfica
 Desembocadura
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Lonxitude
   285 km Editar o valor en Wikidata
 Superficie cunca hidrográfica
   16.163 km² Editar o valor en Wikidata
 Caudal
   135 m³/s Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap1226495 Editar o valor en Wikidata
VIAF242299804 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0641p2z Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Esla é un río das provincias de León e Zamora, no noroeste da Península Ibérica. É un afluente do Douro, que nace na Cordilleira Cantábrica e ten 285 km de percorrido, cruzando de norte a sur as provincias de León e Zamora. É o afluente máis caudaloso do Douro, de xeito que cando desemboca neste, leva máis caudal que o propio Douro (de aquí o tradicional dito "el Esla lleva el agua y el Duero la fama", análogo ao que se di do Pisuerga e tamén o Douro, ou do Sil e o Miño).

Sobre o nacemento do Esla hai controversias, desde quen asegura que nace en San Glorio, Pandetrave e Arcenorio; mentres outros aseguran que nace no Porto de Tarna, no val de Burón.

Datos históricos

[editar | editar a fonte]

Este río era o Astura dos romanos (pronunciado seguramente Ástura), do cal os antigos ástures tomaran o nome (os ástures poboaban ambos os lados dos Montes Cantábricos, dividíndose de acordo con eles en ástures transmontanos, os que vivían entre o cordal e o mar Cantábrico, e ástures cismontanos, que eran os da Meseta leonesa actual e terras bercianas e galegas achegadas).

Durante a Idade Media o nome evoluciona para Estola (Éstola), para finalmente por un paso intermedio *Ést-la, dar lugar á actual forma Esla.

Afluentes

[editar | editar a fonte]

Os seus principais afluentes son: