Saltar ao contido

Proxecto de referendo constitucional das Illas Feroe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa das Illas Feroe.

O referendo para a aprobación dunha nova constitución nas Illas Feroe estaba previsto inicialmente para o 25 de abril de 2018.[1] Os votantes decidirían sobre unha proposta para crear unha constitución feroesa separada de Dinamarca, con vistas a unha futura independencia.[2] Así e todo, non se puido celebrar aínda por non se poñer de acordo o parlamento feroés no texto da nova constitución.[3]

O referendo foi anunciado no 2017 polo Primeiro Ministro das illas, Aksel V. Johannesen.[4]

  1. ↑ Faroes look at self-determination and closer EU relations EU Observer, 15 de febreiro de 2017
  2. ↑ Referendum on Faroese Constitution to be held on 25 April 2018, Government.fo (en inglés).
  3. ↑ Hannan, Martin (27-4-2018). The National, ed. "Faroe Islands delay their referendum on more independence" (en inglés). Consultado o 26 de xuño de 2018.
  4. ↑ "Faroes to hold referendum on new constitution in 2018" (en inglés). 12 de febreiro de 2017. Consultado o 9 de abril de 2017.