Premio Princesa de Asturias dos Deportes
| Premio Princesa de Asturias dos Deportes | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Premio Princesa de Asturias | |||||
| |||||
| |||||
| |||||
| Wikidata |
O Premio Princesa de Asturias de Deportes (denominado até 2014 Premio Príncipe de Asturias de Deportes) é concedido dende 1981, á persoa, institución, grupo de persoas ou institucións que, ademais da exemplaridade da súa vida e obra, conseguiran novas metas na loita do home por superarse a si mesmo e contribuíran co seu esforzo, de maneira extraordinaria, ó perfeccionamento, cultivo, promoción ou difusión dos deportes.
Dende o a denominación estaba en masculino, príncipe de Asturias, mais, en outubro de 2014, o padroado da Fundación Príncipe de Asturias aprobou que tanto a institución como os premios pasasen a denominarse «Princesa de Asturias» por mor da proclamación de Filipe de Borbón como rei, Filipe VI, polo que a súa herdeira, a infanta Lionor, pasou a ser Princesa de Asturias e herdeira da Coroa de España e Presidenta de Honor da Fundación Princesa de Asturias, e tódolos premios pasaron a empregar a forma feminina.[1][2][3]
Lista de galardoados
[editar | editar a fonte]| Ano | Imaxe | Persoa ou institución galardoada | Nacionalidade | Actividade
deportiva |
Motivo |
|---|---|---|---|---|---|
| 1987 | Sebastian Coe[4] | Atletismo
(1500 metros e 800 metros) |
"... polo exemplar historial deportivo e olímpico de Sebastian Coe, así como a súa personalidade, representativa das preocupacións dos atletas e a súa decidida participación na promoción do deporte".[4] | ||
| 1988 | Juan Antonio Samaranch[5] | Presidente do COI de 1980 a 2001 | "...pola súa vida dedicada á promoción do deporte nacional e internacional, e especialmente nun ano olímpico no que conseguiu superar as enormes dificultades para manter a universalidade do olimpismo."[5] | ||
| 1989 | Severiano Ballesteros[6] | Golf | "... o desenvolvemento dunha personalidade a través do deporte que conseguiu alcanzar o posto número un no golf mundial nos últimos anos."[6] | ||
| 1990 | Sito Pons[7] | Motociclismo | "... pola súa contribución persoal ás campañas promovidas contra as drogas e a súa presenza activa en todas as manifestacións a favor da seguridade viaria."[7] | ||
| 1991 | Sergei Bubka[8] | Atleta
(salto con pértiga) |
"... pola longa carreira de Bubka na súa constante loita por romper barreiras, superarse a si mesmo e acentuar eses valores máis sólidos e exemplares que acompañan á práctica deportiva."[8] | ||
| 1992 | Miguel Induráin[9] | Ciclismo | "Máis aló do seu innegable talento como ciclista profesional, Miguel Induráin posúe unhas calidades humanas extraordinarias que se puxeron de manifesto ao longo da súa carreira deportiva e que sempre foron eloxiadas polos seus compañeiros de equipo e competidores. A súa personalidade, carácter e temperamento, así como o seu carisma, sinxeleza e modestia, sempre brillaron tanto como a súa destreza atlética."[9] | ||
| 1993 | Javier Sotomayor[10] | Atletismo
(salto de altura) |
"Este carismático atleta cubano de 26 anos é o actual campión olímpico de salto de altura. Tamén é campión do mundo e plusmarquista mundial, un logro que acadou en Salamanca o 27 de xullo cun salto de 2,45 metros."[10] | ||
| 1994 | Martina Navrátilová[11] | Tenis | "Unha lendaria campioa de tenis que, con dezaoito títulos de Grand Slam, dominou o tenis mundial durante máis dunha década.
Tamén se distinguiu polo seu traballo humanitario, especialmente pola creación dunha Fundación de Axuda á Infancia."[11] | ||
| 1995 | Hassiba Boulmerka[12] | Atletismo
(1500 metros) |
"(...) polos valores deportivos da atleta e as calidades humanas que a adornan son notables. Boulmerka representa un país e un mundo onde as oportunidades para que as mulleres practiquen deporte non son as máis favorables."[12] | ||
| 1996 | Carl Lewis[13] | "Considerado un dos mellores atletas de todos os tempos.
Posúe dez títulos olímpicos, nove medallas de ouro e unha de prata, gañadas nos catro Xogos Olímpicos nos que participou: Os Ánxeles, Seúl, Barcelona e Atlanta. O xurado tamén valorou, ademais do seu impresionante palmarés que lle valeu o alcume de "o fillo do vento", a súa exemplar participación na loita contra a dopaxe."[13] | |||
| 1997 | Equipo español de Maratón[14] | "O Xurado valorou para a concesión do Premio o alcance internacional dalgúns atletas que, sucesivamente, gañaron o Campionato de Europa de 1994 (primeiro, segundo e terceiro), o Campionato do Mundo de 1995 (Martín Fiz), o Campionato do Mundo de 1997 (Abel Antón) e a Copa do Mundo de 1997 ao rematar Ábel Antón primeiro, Martín Fiz segundo, Fabián Roncero sexto e José Manuel García décimo quinto."[14] | |||
| 1998 | Arantxa Sánchez Vicario[15] | Tenis | "A tenista española gañou por terceira vez o torneo de Roland Garros en 1998. Como deportista, é un exemplo de constancia e sacrificio e un modelo a imitar polos profesionais de todo o mundo. Tamén se distinguiu polas súas condicións humanas.
Arantxa Sánchez Vicario creou unha Fundación para axudar aos tenistas mozos, un caso raro entre as grandes estrelas do deporte mundial."[15] | ||
| 1999 | Steffi Graf[16] | Tenis | "En 1987, converteuse na gañadora máis nova do Aberto de Francia, derrotando a Martina Navratilova, e en 1988 gañou o Aberto de Australia, o Aberto de Francia, Wimbledon e o Aberto dos Estados Unidos, converténdose na terceira muller da historia do tenis en conseguir un Grand Slam.
Tras a súa retirada, Steffi Graf anunciou a creación dunha fundación chamada "Children for Tomorrow", á que dedicará unha atención significativa. A fundación ten como obxectivo axudar ás vítimas novas da violencia, a persecución e a guerra, facilitando o seu acceso á rehabilitación física e terapéutica."[16] | ||
| 2000 | Lance Armstrong[17] | Ciclismo | "O dúas veces gañador do Tour de Francia, Lance Armstrong, representa, desde o mundo do deporte, a loita da humanidade por superar enfermidades a miúdo consideradas terminais. Armstrong padeceu un cancro metastásico, pero non renunciou á vida nin ao deporte. Despois de someterse a cirurxía e tratamentos de quimioterapia, volveu á competición en contra do consello de moitos expertos. É un exemplo universal de como unha persoa pode enfrontarse con éxito a unha enfermidade tan temible.
Lance Armstrong non se limitou a ser un campión; tamén creou unha fundación nos Estados Unidos para axudar aos que padecen esta devastadora enfermidade."[17] | ||
| 2001 | Manuel Estiarte[18] | "É un caso único no deporte español e mundial, xa que participou en seis Xogos Olímpicos consecutivos, así como en Campionatos Mundiais e Europeos. Gañou medallas de prata e ouro como parte da selección española de wáter-polo nos Xogos de Barcelona de 1992 e Atlanta de 1996, respectivamente. Foi campión do Mundo, campión de España e tamén campión en Italia, onde participou en torneos oficiais. Foi o máximo goleador en numerosas ocasións, tanto en competicións nacionais como internacionais. O ano pasado, foi elixido polos atletas participantes nos Xogos Olímpicos de Sydney como membro do Comité Olímpico Internacional, unha mostra da súa destreza deportiva e do seu carácter. Estiarte foi un exemplo no deporte mundial e tamén foi o abandeirado dunha Selección Española de Wáter-polo que alcanzou os seus maiores logros deportivos na década de 1990."[18] | |||
| 2002 | Selección brasileira de fútbol[19] | Fútbol | |||
| 2003 | Tour de Francia[20] | Ciclismo | |||
| 2004 | Hicham El Guerrouj[21] | ||||
| 2005 | Fernando Alonso[22] | Automobilismo | |||
| 2006 | Selección Española de baloncesto 2006[23] | Baloncesto | |||
| 2007 | Michael Schumacher[24] | Automobilismo | |||
| 2008 | Rafael Nadal[25] | Tenis | |||
| 2009 | Yelena Isinbayva[26] | ||||
| 2010 | Selección española de fútbol[27] | Fútbol | |||
| 2011 | Haile Gebrselassie | ||||
| 2012 | Iker Casillas e | Fútbol | |||
| Xavi Hernández | |||||
| 2013 | José María Olazábal | Golf | |||
| 2014 | Maratón de Nova York | ||||
| 2015 | Pau Gasol e | Baloncesto | |||
| Marc Gasol | |||||
| 2016 | Javier Gómez Noya | ||||
| 2017 | Selección de rugby de Nova Zelandia | Rugby | |||
| 2018 | Reinhold Messner e | Alpinismo | |||
| Krzysztof Wielicki[28] | |||||
| 2019 | Lindsey Vonn[29] | Esquí | |||
| 2020 | Carlos Sainz[30] | Sainz foi elixido o mellor piloto de rally de todos os tempos. Gañou o Campionato Mundial de Rally dúas veces e o Rally Dakar tres veces, converténdose no piloto de máis idade en conseguir esta fazaña aos 57 anos. O carismático piloto español sempre demostrou un notable espírito de superación da adversidade e competitividade, combinado con esforzo, disciplina e solidariedade, o que tamén se reflectiu no seu apoio constante aos pilotos novos ao longo da súa longa e exitosa carreira deportiva.[30] | |||
| 2021 | Teresa Perales[31] | "(por ser...) unha atleta extraordinaria e unha icona do movemento paralímpico internacional. Ao longo da súa longa e brillante carreira, que a levou a participar en cinco Xogos Paralímpicos e nos que se mantivo no cumio do deporte ata o día de hoxe, acumulou un historial excepcional de logros, só igualado polo seu profundo, activo e valente compromiso social. O seu carácter exemplifica os valores deportivos máis admirables. Este premio recoñece o esforzo e a resiliencia de toda unha comunidade en todo o mundo."[31] | |||
| 2022 | Fundación e Equipo Olímpico de Refuxiados[32] | "por la oportunidad que brinda a los deportistas en zonas de conflicto y lugares donde los derechos humanos se ven vulnerados de desarrollar su actividad deportiva y personal."[32] | |||
| 2023 | Eliud Kipchoge[33] | "(por ser)... o único home da historia que superou a barreira das dúas horas na maratón de 42,195 quilómetros, un récord non recoñecido oficialmente.
Ademais dos seus logros deportivos, leva a cabo un importante traballo social a través da súa fundación, dedicada a facilitar o acceso á educación infantil e á protección ambiental."[33] | |||
| 2024 | Carolina Marín[34][35] | Bádminton | "A primeira e única atleta non asiática en gañar unha medalla de ouro olímpica nesta disciplina, así como a mellor xogadora de bádminton da historia de España e unha das mellores do mundo, é un exemplo de superación da adversidade, unha fonte de inspiración e unha transmisora de valores, tanto dentro como fóra da pista."[34] | ||
| 2025 | Serena Williams[36] | Tenis | "... pola súa extraordinaria carreira deportiva e a súa mentalidade competitiva, Serena Williams sempre foi unha firme defensora da igualdade de xénero e da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no deporte e, en xeral, na sociedade."[36] | ||
| 2026 | Leo Messi[37][38] | Fútbol | "... polo seu rechamante talento, da súa excepcional carreira deportiva e do seu formidable e continuo traballo benéfico para promover o acceso á educación e á atención sanitaria dos nenos máis desfavorecidos."[37] |
Galardoados por país
[editar | editar a fonte]| País | Número de galardoados |
|---|---|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "S.A.R. LA PRINCESA DE ASTURIAS". fpa.es (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2021.
- ↑ "Fundación Príncipe de Asturias". fundacionprincipedeasturias.org (en castelán). Consultado o 1 de xullo de 2021.
- ↑ "La fundación. Origen y fines" (PDF). fpa.es (en castelán). 2022. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de xullo de 2023. Consultado o 5 de xullo de 2023.
- 1 2 Acta do xurado Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en castelán).
- 1 2 Acta do xurado Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en castelán).
- 1 2 Acta do xurado Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en castelán).
- 1 2 Acta do xurado Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en castelán).
- 1 2 Acta do xurado Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en castelán).
- 1 2 Acta do xurado (2 de setembro de 1992). "Miguel Induráin. Premio Príncipe de Asturias de los Deportes 1992". fpa.es (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2026.
- 1 2 Acta do xurado (3 de setembro de 1993). "Javier Sotomayor.Premio Príncipe de Asturias de los Deportes 1993". fpa.es (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2026.
- 1 2 Acta do xurado (9 de setembro de 1994). "Martina Navratilova. Premio Príncipe de Asturias de los Deportes 1994". fpa.es (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2026.
- 1 2 Acta do xurado (8 de setembro de 1995). "Hassiba Boulmerka. Premio Príncipe de Asturias de los Deportes 1995". fpa.es (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2026.
- 1 2 Acta do xurado (19 de setembro de 1996). "Carl Lewis. Premio Príncipe de Asturias de los Deportes 1996". fpa.es. Consultado o 8 de xuño de 2026.
- 1 2 Acta do xurado (9 de setembro de 1997). "Equipo español de Maratón. Premio Príncipe de Asturias de los Deportes 1997". fpa.es (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2026.
- 1 2 Acta do xurado (3 de setembro de 1998). "Arantxa Sánchez Vicario. Premio Príncipe de Asturias de los Deportes 1998". fpa.es (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2026.
- 1 2 Acta do xurado (23 de setembro de 1999). "Steffi Graf. Premio Príncipe de Asturias de los Deportes 1999". fpa.es (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2026.
- 1 2 Acta do xurado (1 de setembro de 2000). "Lance Armstrong. Premio Príncipe de Asturias de los Deportes 2000". fpa.es (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2026.
- 1 2 Acta do xurado (12 de setembro de 2001). "Manuel Estiarte. Premio Príncipe de Asturias de los Deportes 2001". fpa.es (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2026.
- ↑ Acta do xurado Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ Acta do xurado Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ Acta do xurado Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ Acta do xurado Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ Acta do xurado Arquivado 18 de maio de 2007 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ Acta do xurado Arquivado 23 de marzo de 2010 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ Acta do xurado Arquivado 23 de marzo de 2010 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ Acta do xurado Arquivado 23 de marzo de 2010 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ Acta do xurado Arquivado 10 de setembro de 2010 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ "Reinhold Messner y Krzysztof Wielicki, premio Princesa de Asturias de los Deportes". elmundo.es. 15 de maio de 2018. Consultado o 15 de maio de 2018.
- ↑ "A esquiadora estadounidense Lindsey Vonn, premio Princesa de Asturias dos Deportes 2019". CRTVG. 15 de maio de 2019. Consultado o 15 de maio de 2019.
- 1 2 Acta do xurado (16 de xuño de 2020). "Carlos Sainz. Premio Princesa de Asturias de los Deportes 2020". fpa.es (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2026.
- 1 2 Acta do xurado (2 de xuño de 2021). "Teresa Perales. Premio Princesa de Asturias de los Deportes 2021". fpa.es (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2026.
- 1 2 Acta do xurado (25 de maio de 2022). "Fundación Olímpica para los Refugiados y el Equipo Olímpico de Refugiados. Premio Princesa de Asturias de los Deportes 2022". fpa.es (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2026.
- 1 2 Acta do xurado (18 de maio de 2023). "Eliud Kipchoge. Premio Princesa de Asturias de los Deportes 2023". fpa.es (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2026.
- 1 2 Acta do xurado (8 de maio de 2024). "Carolina Marín. Premio Princesa de Asturias de los Deportes 2024". fpa.es (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2026.
- ↑ García, Andrés (8 de maio de 2024). "Carolina Marín, premio Princesa de Asturias de los Deportes 2024". marca.com (en castelán). Consultado o 9 de setembro de 2024.
- 1 2 Acta do xurado (28 de maio de 2025). "Serena Williams, Premio Princesa de Asturias de los Deportes 2025". fpa.es (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2026.
- 1 2 Acta do xurado (3 de xuño de 2026). "Leo Messi. Premio Princesa de Asturias de los Deportes 2026". fpa.es (en castelán). Consultado o 6 de xuño de 2026.
- ↑ Irigoyen, Juan I. (3 de xuño de 2026). "Leo Messi, Premio Princesa de Asturias de los Deportes 2026". elpais.com (en castelán). Consultado o 4 de xuño de 2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |
























