Premio Nacional de Narrativa de España
O Premio Nacional de Literatura na modalidade de Narrativa é un galardón literario de longa traxectoria que outorga anualmente o Ministerio de Cultura de España.[1] Premia a mellor obra na modalidade de narrativa escrita por un autor español, en calquera das linguas españolas, entre tódalas obras deste xénero publicadas en España no ano anterior. Está dotado con 30.000 euros.
Historia
[editar | editar a fonte]O antecendente a este premio pode estar no Concurso Nacional de Literatura que se outorgou entre 1923 e 1977 e que ía variando de xéneros; premiábanse novelas, mais tamén ensaios, poesía ou crítica.[2]
O premio pasou por dúas etapas:
- De 1949 a 1976: en que se chamou Premio Nacional de Literatura "Miguel de Cervantes" para novela. Foi convocado a partir dunha Orde do 25 de xaneiro de 1949.[3] Daquela a contía do premio era de 25 000 pesetas[4] e, en 1963 pasa a ser de 50 000 pesetas e, en 1971, 100 000 e, no 1976, 200 000. [4]Dende 1966, tamén se aceptan “libro de contos ou narracións para lectores adultos”.[4]
- E a terceira, e actual, a partir de 1977, coa denominación de Premio Nacional de Narrativa.
Os seus anos de historia permitíronlle asistir á renovación da novela española.
Só un autor conseguiu senllos premios na 1ª e 2ª etapa, Miguel Delibes en 1955 (Diario de un cazador) e 1999 (El hereje). E na segunda etapa, só hai un autor que o gañase en dúas ocasións: Antonio Muñoz Molina en 1988 e 1992. Nesta mesma terceira etapa, o escritor Javier Marías, en 2012, rexeitouno por non aceptar galardóns de carácter oficial ou institucional outorgados polo estado español.[5][6]
Linguas non castelás
[editar | editar a fonte]O premio tense outorgado en cinco ocasións a obras escritas en lingua galega: Xa vai o griffón no vento de Alfredo Conde en 1986; Que me queres, amor? de Manuel Rivas en 1996; Trece badaladas de Suso de Toro en 2003; Virtudes (e misterios) de Xesús Fraga en 2021; e As malas mulleres de Marilar Aleixandre en 2022.
Tamén se ten premiado en 3 ocasións a obras en éuscaro: en 1989 a Bernardo Atxaga por Obabakoak, en 2002 a Unai Elorriaga por Un tranvía cara a SP e en 2009 a Kirmen Uribe por Bilbao-New York-Bilbao. Só se ten premiado nunha soa ocasión a obras en catalán: en 1995, Carme Riera por Dins el darrer blau.
Galardoados
[editar | editar a fonte]2.ª época do galardón: Premio Nacional de Literatura "Miguel de Cervantes" para novela
[editar | editar a fonte]| Ano | Imaxe | Gañador/Gañadora | Obra |
|---|---|---|---|
| 1949 | Miguel Larreta[7] | Orillas del Ebro | |
| 1950 | Concha Espina | Un valle en el mar | |
| 1951 | Ramón Ledesma Miranda | La casa de la Fama | |
| 1952 | José Antonio Giménez-Arnau | De pantalón largo | |
| 1953 | José María Gironella | Los cipreses creen en dios | |
| 1954 | Tomás Salvador | Cuerda de presos | |
| 1955 | Miguel Delibes | Diario de un cazador | |
| 1956 | Carmen Laforet | La mujer nueva | |
| 1957 | Alejandro Núñez Alonso | El lazo de púrpura | |
| 1958 | José Luis Castillo-Puche | Hicieron partes | |
| 1959 | Ana María Matute | Los hijos muertos | |
| 1960 | Daniel Sueiro | Los conspiradores | |
| 1961 | Manuel Halcón | Monólogo de una mujer fría | |
| 1962 | Juan Antonio Zunzunegui | El premio | |
| 1963 | Salvador García de Pruneda | La encrucijada de Carabanchel | |
| 1964 | Declarado deserto | ||
| 1965 | Ignacio Agustí | 19 de Julio | |
| 1966 | Tomás Borrás | Historias de coral y de jade | |
| 1967 | Luis de Castresana[8] | El otro árbol de Guernica | |
| 1968 | Carlos Rojas | Auto de Fe | |
| 1969 | Luis Berenguer | Marea escorada | |
| 1970 | Ramón Solís Llorente | La eliminatoria | |
| 1971 | Ángel Palomino | Torremolinos Gran Hotel | |
| 1972 | Non se convocou | ||
| 1973 | José Luis Martín Abril | El viento se acuesta al atardecer | |
| 1974 | Aquilino Duque | El mono azul | |
| 1975 | Non se outorgou | ||
| 1976 | Non se outorgou | ||
3.ª época do galardón: Premio Nacional de Narrativa
[editar | editar a fonte]| Ano | Imaxe | Gañador/Gañadora | Obra | Motivo |
|---|---|---|---|---|
| 1978 | Carmen Martín Gaite | El cuarto de atrás | ||
| 1979 | Jesús Fernández Santos | Extramuros | ||
| 1980 | Alonso Zamora Vicente | Mesa, sobremesa | ||
| 1981 | Gonzalo Torrente Ballester | La isla de los jacintos cortados | ||
| 1982 | José Luis Castillo-Puche | Conocerás el poso de la nada | ||
| 1983 | Francisco Ayala | Recuerdos y olvidos: 1. El exilio | ||
| 1984 | Camilo José Cela | Mazurca para dos muertos | ||
| 1985 | Non se outorgou nesta modalidade | |||
| 1986 | Alfredo Conde | Xa vai o griffón no vento | ||
| 1987 | Luis Mateo Díez | La fuente de la edad | ||
| 1988 | Antonio Muñoz Molina | El invierno en Lisboa | ||
| 1989 | Bernardo Atxaga | Obabakoak | ||
| 1990 | Luis Landero | Juegos de la edad tardía | ||
| 1991 | Manuel Vázquez Montalbán | Galíndez | ||
| 1992 | Antonio Muñoz Molina | El jinete polaco | ||
| 1993 | Luis Goytisolo | Estatua con palomas | ||
| 1994 | Gustavo Martín Garzo | El lenguaje de las fuentes | ||
| 1995 | Carme Riera | Dins el darrer blau | ||
| 1996 | Manuel Rivas | Que me queres, amor? | ||
| 1997 | Álvaro Pombo | Donde las mujeres | ||
| 1998 | Alfredo Bryce Echenique | Reo de nocturnidad | ||
| 1999 | Miguel Delibes | El hereje | ||
| 2000 | Luis Mateo Díez[9] | La ruina del cielo | ||
| 2001 | Juan Marsé | Rabos de lagartija | ||
| 2002 | Unai Elorriaga | Un tranvía cara a SP | ||
| 2003 | Suso de Toro | Trece badaladas | ||
| 2004 | Juan Manuel de Prada | La vida invisible | ||
| 2005 | Alberto Méndez | Los girasoles ciegos | ||
| 2006 | Ramiro Pinilla | Las cenizas del hierro | ||
| 2007 | Vicente Molina Foix | El abrecartas | ||
| 2008 | Juan José Millás | El mundo | ||
| 2009 | Kirmen Uribe | Bilbao-New York-Bilbao | ||
| 2010 | Javier Cercas | Anatomía de un instante | ||
| 2011 | Marcos Giralt Torrente | Tiempo de vida | ||
| 2012 | Javier Marías | Los enamoramientos (rexeitado) | ||
| 2013 | José María Merino | El río del Edén | ||
| 2014 | Rafael Chirbes | En la orilla | ||
| 2015 | Ignacio Martínez de Pisón[10] | La buena reputación | ||
| 2016 | Cristina Fernández Cubas | La habitación de Nona | ||
| 2017 | Fernando Aramburu[11] | Patria | ||
| 2018 | Almudena Grandes[12] | Los pacientes del Doctor García | ||
| 2019 | Cristina Morales | Lectura fácil | ||
| 2020 | Juan Bonilla[13] | Totalidad sexual del cosmos | ||
| 2021 | Xesús Fraga[14][15] | Virtudes (e misterios) | porque "con esta novela contemplamos a inmigración, coa súa luz e a súa escuridade, das súas dúas beiras, a dos que marchan e a dos que se quedan".[15] | |
| 2022 | Marilar Aleixandre[16][17] | As malas mulleres | ||
| 2023 | Pilar Adón[18][19] | De bestias y aves | ||
| 2024 | Raúl Quinto | Martinete del rey sombra | ||
| 2025 | Paco Cerdà | Presentes[20][21] | ||
| 2026 | Julio Llamazares | El viaje de mi padre | ||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Modificación da Orde de 22 de xuño de 1995 pola que se regulan os Premios Nacionais do Ministerio de Cultura de 27 de marzo de 2007" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de novembro de 2014. Consultado o 04 de setembro de 2007.
- ↑ "CONCURSO NACIONAL DE LITERATURA (1923-1973)" (PDF). culturaydeporte.gob.es (en castelán). Consultado o 8 de novembro de 2023.
- ↑ Ibáñez Martín (Subsecretario de Educación Popular) (6 de febreiro de 1949). "ORDEN de 25 de enero de 1949 por la que se instituye el Premio Nacional de Literatura « Miguel de Cervantes»" (PDF). boe.es (en castelán). Consultado o 8 de novembro de 2023.
- 1 2 3 "PREMIO NACIONAL DE LITERATURA “MIGUEL DE CERVANTES” PARA NOVELA (1949-1973)" (PDF). culturaydeporte.gob.es (en castelán). Consultado o 8 de novembro de 2023.
- ↑ Kochw, T.; Sabogal, Manrique (25 de outubro de 2012). "Marías: “Si hubiera estado el PSOE en el poder habría hecho lo mismo”". elpais.com (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023.
- ↑ W.M.S. (29 de outubro de 2012). "Javier Marías rechaza el Nacional de Narrativa por ‘Los enamoramientos’". elpais.com (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023.
- ↑ Larreta renunciou ao premio económico e a contía destinou en 1950, a un premio extraordinario co seu nome.
- ↑ "Luis de Castresana". culturaydeporte.gob.es (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023.[Ligazón morta]
- ↑ Mora, Miguel (4 de outubro de 2000). "Luis Mateo Díez obtiene el Nacional de Narrativa por su fábula 'La ruina del cielo". elpais.com (en castelán). Consultado o 9 de novembro de 2022.
- ↑ «Martínez de Pisón, la familia siempre cuenta», El País, 25 de noviembre de 2013.
- ↑ «'Patria' de Aramburu, Premio Nacional de Narrativa», El Mundo, 17 de ocrubre de 2017.
- ↑ Redacción / EFE (23 de outubro de 2018). "Almudena Grandes gana el Premio Nacional de Narrativa". publico.es (en castelán). Consultado o 27 de novembro de 2021.
- ↑ "Juan Bonilla, Premio Nacional de Narrativa 2020". Ministerio de Cultura e Deporte.
- ↑ País, El (2021-10-14). "Xesús Fraga, Premio Nacional de Narrativa". El País (en castelán). Consultado o 2021-10-14.
- 1 2 Redacción (14 de outubro de 2021). "Xesús Fraga, galardonado con el Premio Nacional de Narrativa 2021". eldiario.es (en castelán). Consultado o 4 de novembro de 2023.
- ↑ Marilar Aleixandre, Premio Nacional de Narrativa 2022
- ↑ "A académica Marilar Aleixandre gaña o Premio Nacional de Narrativa coa novela 'As malas mulleres'". academia.gal. 25 de outubro de 2022. Consultado o 5 de novembro de 2022.
- ↑ Redacción (23 de outubro de 2023). "Pilar Adón, galardonada con el Premio Nacional de Narrativa 2023". elpais.com (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023.
- ↑ Barranco, Justo (23 de outubro de 2023). "La fuerza del lenguaje de Pilar Adón gana el Nacional de Narrativa". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023.
- ↑ Amat, Jordi (2025-10-10). "Paco Cerdà, premio Nacional de Narrativa 2025". El País (en castelán). Consultado o 2025-10-10.
- ↑ Redacción (10 de outubro de 2025). "Paco Cerdà, Premio Nacional de Narrativa 2025 por su obra «Presentes»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2025.







































