Saltar ao contido

Polideuco (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Polideuco
 Designación provisional
    S/2004 S 5 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Astro pai
Implicados
 Inventor/a ou descubridor/a
Datas
 Descuberta / invención
21 de outubro de 2004 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Diámetro
   3,06 km Editar o valor en Wikidata
 Radio
   1,3 km Editar o valor en Wikidata
 Volume
   9 km³ Editar o valor en Wikidata
 Masa
   4,5 Pg Editar o valor en Wikidata
 Excentricidade orbital
   0,0192 Editar o valor en Wikidata
 Inclinación orbital
   0,1774 ° Editar o valor en Wikidata
 Período orbital
   2,736915 d Editar o valor en Wikidata
 Semieixo maior
   377.390 km Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/050zn4 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Polideuco (ou en grego Πολυδεύκης) pequena lúa de Saturno que é co-orbital con Dione e está situada no punto de Langrage de cola (retagarda) de Dione (L5). O seu diámetro está estimado en 3,5 km.[1]

Polydeuco foi descuberto polo Equipo de Imaxes da Cassini o 24 de outubro do 2004,[2] a partir de imaxes tomadas o 21 de outubro dese mesmo ano[1][3] e recibiu a designación temporal de S/2004 S 5. Procuras posteriores en fotografías tomadas con anterioridade pola propia Cassini amosaban a Polideuco en imaxes do 9 de abril do 2004[2]. Polideuco tamén é coñecido coma Saturno XXXIV.

Das catro lúas troianas do sistema de satélites de Saturno, Polideuco é a que está máis afastada do seu punto de Langrage. A libración desta lúa lévaa a estar afastada do punto L5 31,4° na dirección contraria a Dione, e 26,1° en dirección cara Dione nun período de 790,931 días (en comparación con L5 que está 60° por detrás de Dione).[4] A libración desta lúa é unha clara evidencia da simetría neste tipo de órbitas entre o afastamento e achegamento da lúa a Dione. No curso dun ciclo, o radio orbital de Polydeuco varía ± 7660 kms respecto do de Dione.[2]

O nome de Polideuco foi aprobado polo Grupo de Traballo no Sistema de Nomenclatura Planetaria da UAI o 21 de xaneiro do 2005.[5] Na mitoloxía grega, Polideuco ou Póllux, era o irmán xemelgo de Cástor, fillo de Zeus e Leda.

  1. 1 2 Porco, C. C.; et al.; Cassini Imaging Science: Initial Results on Saturn's Rings and Small Satellites, Science, Vol. 307, No. 5713 (25 de febreiro do 2005), pp. 1226-1236
  2. 1 2 3 Murray, C. D.; e o seu equipo. (2005). "S/2004 S 5: A new co-orbital companion for Dione". Icarus 179: 222. doi:10.1016/j.icarus.2005.06.009.
  3. ↑ C.C. Porco, et al., IAUC 8432: Satellites and Rings of Saturn Arquivado 29 de maio de 2012 en Archive.is 8 de novembro do 2004 (descubrimento)
  4. ↑ Spitale, J. N.; Jacobson, R. A.; Porco, C. C.; e Owen, W. M., Jr. (2006). "The orbits of Saturn's small satellites derived from combined historic and Cassini imaging observations". The Astronomical Journal 132 (2): 692. doi:10.1086/505206. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 04 de xuño de 2010.
  5. ↑ IAUC 8471: Satellites of Saturn 21 de xaneiro do 2005 (bautizo da lúa)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]