Saltar ao contido

Piñeiro de Chile

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piñeiro de Chile
 Nome taxon
    Araucaria araucana
Karl Koch 1873 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    A. araucana (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Basónimo
Características
 Fonte de
 Conservación
Especie en perigo
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 ClasePinopsida
 OrdePinales
 FamiliaAraucariaceae
 XéneroAraucaria
 EspecieAraucaria araucana Editar o valor en Wikidata
K.Koch, 1873 Araucaria araucana Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Usado por
Fontes e ligazóns
TasteAtlasaraucaria-pine-nut Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/014jmt Editar o valor en Wikidata
MeSHD000080059 Editar o valor en Wikidata
ITIS183482 Editar o valor en Wikidata
OTT963047 Editar o valor en Wikidata
UICN31355 Editar o valor en Wikidata
CoLG67B Editar o valor en Wikidata
EOL1034857 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-0000260165 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O piñeiro de Chile , araucaria de Chile ou pehuén (Araucaria araucana) — é unha especie arbórea pertencente a xénero de coníferas Araucaria da familia Araucariaceae. É unha especie arbórea endémica do distrito do Pehuén dos bosques subantárticos, no extremo noroeste da Patagonia arxentina e no centro-sur de Chile, estando distribuída en zonas moi restrinxidas do cordal dos Andes e, en menor grao, na cordal da Costa chileno.

Araucaria araucana (poboación andina).
Araucaria araucana (poboación da cordilleira de Nahuelbuta).
Piñeiros de Chile no inverno, no Parque Nacional Conguillío.

Distribución

[editar | editar a fonte]
Araucaria araucana en Nahuelbuta.
Araucaria araucana (poboación andina).
Araucaria araucana (poboación andina) no Parque Nacional Conguillío.

Distribúense en dúas poboacións:

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

A especie está protexida en grandes áreas de conservación en ambos os dous países onde tamén está prohibida a talla. O maior risco son os incendios forestais. En Chile foi declarada Monumento Natural. Na Patagonia arxentina é protexida no parque nacional Lanín, e nos parques provinciais Copahue, Chañy, Batea Mahuida, e Boca del Chimehuin.[1]

En Chile protéxese dende hai anos polos mapuches e pehuenches, que a coidaban coma un ben alimenticio polo pehuen, o seu froito, e que despois coa nacionalización e expansión de Chile se continúa protexendo en grandes extensións mediante parques, reservas e monumentos naturais de Chile, por mor á súa reducida distribución. Protéxese nos Parques Nacionais Conguillío, Tolhuaca, Laguna del Laja, Huerquehue, e en Villarrica.

Ecoloxía

[editar | editar a fonte]

Vexeta en terreos arxilosos,[2] rochosos e areentos con boa drenaxe, polo común de orixe volcánica, en alturan onde a neve fica no chan boa parte do inverno, e xeralmente en locais de baixas temperaturas estivais.

Áchase asociada a bosques mixtos de lenga, ñirre e coihue, mais polo xeral ten tendencia a formar bosques puros.

Por mor a medraren tan amodo téñense rexistrado araucarias que acadan os 1000 anos de idade.

Nos Andes atópase medrando unicamente a máis de800 msnm, e de xeito óptimo en cotas de 1000 msnm, chegando até os 1700 msnm.[2] Tamén posúe outra poboación en Chile, que medra no Cordal de Nahuelbuta, na zona costeira da Rexión de Araucanía, onde se distribúe dende os 600 aos 1400 msnm,[2] presentando os exemplares desa cordilleira chilena, pequenas diferenzas respecto da poboación dos Andes, aínda que non o suficiente para constituír outra variedade taxonómica.[2] Téñense descrito 8 cultivares.

Características

[editar | editar a fonte]

É unha árbore perenne, de até 50 m de altura, co tronco recto, cilíndrico, ás veces moi groso (3 ou máis metros). A ramificación comeza a varios metros do chan; nos exemplares máis vellos, disponse en verticilos de 5 pólas que se estenden perpendiculares ao toro; estas pólas son flexíbeis e teñen follas agrupadas cara aos extremos.

As follas son de extrema dureza e están provistas dun mucrón (espiño) na punta, de cor verde escura. As follas son de 3 a 4 cm de longo e están dispostas de xeito imbricado sobre a póla, onde fican por varios anos.

Existen plantas masculinas e femininas, con diferenzas morfolóxicas nas placas que forman a casca e nas flores, sendo moito máis vistosas as femininas.

Mapa do Distrito fitoxeográfico do Pehuén.

Importancia económica e cultural

[editar | editar a fonte]

A madeira da araucaria é compacta, liviá, doada de traballar e dunha cor abrancazada amarelenta, por iso é moi apreciada para labores de construción e carpintaría; antigamente os toros rectos e cilíndricos empregábanse para a fabricación de mastros para embarcacións. Hoxe en día a talla está prohibida.

Ornamental

[editar | editar a fonte]

É unha árbore de xardín moi popular, polo curioso efecto que xeran as súas pólas largas, con aspecto de réptil e cunha grande aparencia simétrica. Prefire climas oceánicos con abundante choiva, tolera temperaturas de até −20 °C. É o membro máis resistente do xénero, podendo medrar ben até no norte das Illas Feroe e Ålesund[3] en Noruega occidental, a costa oeste de América do Norte (ao norte nas Haida Gwaii (Illas da Raíña Carlota) no Canadá, en Nova Zelandia e Australia. Dáse moi ben tamén no norte da Península Ibérica, medrando perfectamente en Galiza, Asturias ou Cantabria).[4] É tolerante á salinidade da beiramar, mais sensíbel á polución.

Árbores senlleiras en Galiza

[editar | editar a fonte]

Como dixemos, o piñeiro de Chile adáptase moi ben ao clima húmido galego. Atopamos araucarias monumentais en moitos parques e arboredos de Galiza. O piñeiro de Chile do Castelo de Soutomaior, en Soutomaior (Pontevedra), figura no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Alimentaria

[editar | editar a fonte]

As semente, chamadas popularmente piñóns, son comestíbeis e teñen un alto valor nutricional. Constitúen a base da dieta dos pehuenches (pobo indíxena de montaña que forma parte da cultura mapuche e mora a ambos lados do cordal dos Andes no centro sur de Chile e suroeste da Arxentina). Por isto, a especie ten futuro potencial como cultura alimentaria, prosperando en climas con veráns oceánicos frescos (ex. Norte de Galiza, Escocia occidental) e onde outros cultivos de noces non medran ben. O inconveniente é que non produce sementes até os 25 anos de idade.

É unha especie importante para a cultura mapuche, moi especialmente para a etnia pehuenche (mapundungun «xente do pehuén», nome nativo desta especie arbórea). É a árbore símbolo da provincia arxentina de Neuquén, onde incluso dende o ano 1958 integra o escudo provincial]].[5]

Escudo da Provincia de Neuquén.

En Chile foi declarado monumento natural o 26 de abril de 1976.[6]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Araucaria araucana foi descrita por Juan Ignacio Molina e K. Koch, e publicado en Dendrologie 2(2): 206, no ano 1873.[7]

Sinonimia
  • Abies araucana (Molina) Poir.
  • Abies columbaria Desf.
  • Araucaria araucana subsp. conguillioensis Silba
  • Araucaria chilensis Mirb.
  • Araucaria dombeyi A.Rich.
  • Araucaria imbricata Pav.
  • Araucaria imbricata var. variegata Gordon
  • Columbea imbricata (Pav.) Carrière
  • Columbea imbricata var. densa Carrière
  • Columbea imbricata var. denudata Carrière
  • Columbea imbricata var. distans Carrière
  • Columbea imbricata var. latifolia Carrière
  • Columbea imbricata var. striata Carrière
  • Columbea imbricata var. variegata (Gordon) Carrière
  • Columbea quadrifaria Salisb.
  • Dombeya araucana (Molina) Raeusch.
  • Dombeya chilensis Lam.
  • Pinus araucana Molina[8]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ Chebez, J. C. (2005) Guía de las reservas de la Argentina. Tomo I: Patagonia Norte. Editorial Albatros.
  2. 1 2 3 4 Rodríguez R., Roberto; Matthei, O. & Quezada, Max (1983). Flora Arbórea de Chile. Editorial da Universidade de Concepción, Chile. p. 408. páxina 65
  3. ↑ "Araucaria araucana en Ålesund, Noruega". Scanpalm. Arquivado dende o orixinal o 09-10-2009. Consultado o 27-06-2009.
  4. ↑ "Araucaria araucana en Cantabria".
  5. ↑ "El escudo de Neuquén en el sitio web oficial de la provincia.". Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2012. Consultado o 19 de xuño de 2013.
  6. ↑ Ministerio de Agricultura de Chile (26 de abril de 1976). "Decreto 29 de 1976 del Ministerio de Agricultura" (HTML). Consultado o 28 de febreiro de 2011.
  7. ↑ Piñeiro de Chile en Trópicos
  8. ↑ Piñeiro de Chile en PlantList

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bailey, L. H. & E. Z. Bailey. 1976. Hortus Third i–xiv, 1–1290. MacMillan, Nova York.
  • Hokche, O., P. E. Berry & O. Huber. 2008. Nuev. Cat. Fl. Vas. Venezuela 1–860. Fundación Instituto Botánico de Venezuela, Caracas, Venezuela.
  • Killeen, T. J., E. García Estigarribia & S. G. Beck. (eds.) 1993. Guía Arb. Bolivia 1–958. Herbario Nacional de Bolivia & Missouri Botanical Garden, La Paz.
  • Marticorena, C. & M. Quezada. 1985. Catálogo de la Flora Vascular de Chile. Gayana, Bot. 42: 1–157.
  • Zuloaga, F. O., O. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Catálogo de las Plantas Vasculares del Cono Sur (Argentina, Sur de Brasil, Chile, Paraguay y Uruguay). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107(1): i–xcvi, 1–983; 107(2): i–xx, 985–2286; 107(3): i–xxi, 2287–3348.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]