Patriot Act

lei antiterrorista estadounidense

A US Patriot Act ("Lei Patriota" en inglés), é un texto legal estadounidense promulgado o 26 de outubro do 2001. Foi aprobada por maioría tanto pola Cámara de Representantes como polo Senado estadounidense despois dos atentados do 11 de setembro de 2001.

Patriot Act
 Instancia de
 Causado por
Implicados
 Asinantes
George W. Bush (26 de outubro de 2001) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
Localización
 Xurisdición
 País
Fontes e ligazóns
VIAF180875257 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/07x98 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2778886770 Editar o valor en Wikidata
 Obra dispoñible en
Wikidata G:Commons

O obxectivo desta lei é ampliar a capacidade de control do Estado sobre a cidadanía co gallo de combater o terrorismo, mellorando a capacidade das distintas axencias federais de seguridade estadounidenses ó coordinalas e dotalas de maiores poderes de vixilancia contra os delitos de terrorismo. Do mesmo modo a lei tamén promulgou novos delitos e endureceu as penas por delitos de terrorismo[1].

A Lei Patriótica foi duramente criticada por diversos organismos e organizacións de dereitos humanos, debido á enorme restrición de liberdades e garantías constitucionais que supuxo para a cidadanía, tanto estadounidense como estranxeira[2][3][4][5].

A renovación do 2005

editar

As estipulacións máis restritivas de dereitos desta lei foron inicialmente sancionadas como normas provisorias de emerxencia ata o 31 de decembro de 2005. Nos meses previos á data límite, os sectores defensores da Lei Patriótica comezaron a meter presión para que as limitacións dos dereitos e garantías constitucionais fosen permanentes. A mediados de 2005 as dúas cámaras do Congreso aprobaron proxectos de reforma radicalmente distintos: mentres que o Senado deixaba sen efecto a maior parte das limitacións, a Cámara de Representantes mantiña a lei orixinal case sen alteracións, dándolle carácter permanente. Ambos os proxectos foron finalmente compatibilizados nunha comisión bicameral, eliminándose a maior parte das normas de restablecemento dos dereitos que contemplaba o proxecto do Senado, sendo sancionada polo Congreso o 2 de marzo de 2006 e promulgada como lei polo presidente George Walker Bush o 9 de marzo. Senadores de ambos os partidos criticaron duramente a emenda, sostendo que afectaba ás liberdades constitucionais.[6].

  1. ↑ "USA PATRIOT". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2010. Consultado o 22 de maio de 2012.
  2. ↑ National Public Radio. "The Patriot Act: Alleged Abuses of the Law" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2012. Consultado o 17 de julio de 2009.
  3. ↑ Amnistía Internacional Estados Unidos. "Civil Rights and the "War on Terror"" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2010. Consultado o 17 de julio de 2009.
  4. ↑ Human Rights First. "Assessing the New Normal: Liberty and Security for the Post-September 11 United States" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2007. Consultado o 17 de julio de 2009.
  5. ↑ American Civic Liberties Union. "USA PATRIOT Act" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2009. Consultado o 17 de julio de 2009.
  6. ↑ ""SAFE Act Co-Sponsors say PATRIOT Act Conference Report Unacceptable."". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2007. Consultado o 22 de maio de 2012.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar

McCarthy, John. "From Democracy to Dictatorship (Civil Liberties vs. Patriot Act & Martial Law)". John McCarthy, 2005. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2012. Consultado o 31-dic-2007. 

Ligazóns externas

editar