Saltar ao contido

Palio, Lalín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palio
Igrexa de Santa Baia de Palio.
ConcelloLalín[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°45′19″N 8°06′17″O / 42.755414, -8.104686
Área3,2 km²
Poboación63 hab. (2013)
Densidade19,69 hab./km²
Entidades de poboación2[1]
[ editar datos en Wikidata ]

Santa Baia de Palio é unha antiga parroquia do concello de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2013 tiña 63 habitantes (30 homes e 33 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución respecto ao ano 2004 cando tiña 79 habitantes.

Xentilicio

[editar | editar a fonte]

O seu xentilicio é palouco/a[2].

Santa Baia de Palio foi parroquia ata o plan de arranxo da diocese lucense de 1890, cando foi suprimida e integrada nas de San Xiao de Rodís e Santiago de Cercio[3]. Con todo, en 2018 o goberno lalinés seguía a contar Palio como parroquia a nivel organizativo municipal, así como desde o punto de vista social, posuíndo deste xeito o seu correspondente alcalde de barrio.[4][5]

Estaba formada polos lugares de Santa Baia, Palio de Abaixo, Palio de Arriba e parte do de Xirón[3].

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa de Santa Baia de Palio é protorrománica. Presenta o aspecto dos primitivos templos visigóticos rurais, pero con elementos do incipiente románico: nave reducida, ábsida rectangular e dúas portas (a principal con tímpano oval e a lateral rectangular).

A casa-torre de Palio, fundada no século XVII polo capitán Diego Arias de Somoza, conserva un torreón de dúas plantas, as gárgolas dunha desaparecida cheminea e un pequeno escudo coas armas dos Deza, Varela e Arias.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
  2. ↑ "Xentilicios_0.pdf" (PDF). p. 20. Consultado o 22 de xullo de 2021.
  3. 1 2 "Reforma paroquial do bispado de Lugo (1890)" (PDF). 1891. p. 420. Consultado o 2025-11-16.
  4. ↑ Ramos, Rocío (24 de xaneiro de 2016). "Lalín inicia el día 10 el proceso de elección de alcaldes de barrio". La Voz de Galicia (en castelán).
  5. ↑ Cajaraville, Héctor (2018). "Cal é o concello galego con maior número de parroquias rurais?" (PDF). cajaraville.eu. pp. 9–12. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xuño de 2020. Consultado o 23 de xuño de 2020.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Palio

[editar | editar a fonte]
Lugares da antiga parroquia de Palio no concello de Lalín (Pontevedra)

Palio de Abaixo | Palio de Arriba | Santa Baia | Xirón

Parroquias de Lalín

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Lalín

Albarellos (Santa María) | Alemparte (Santa María) | Anseán (Santiago) | Anzo (San Xoán) | Barcia (Santo Estevo) | Bendoiro (San Miguel) | Bermés (Santa María) | Botos (San Xoán) | Busto (San Fagundo) | Cadrón (Santo Estevo) | Camposancos (San Cristovo) | Cangas (Santa Mariña) | Castro de Cabras (San Pedro) | Catasós (Santiago) | O Cello (San Martiño) | Cercio (Santiago) | Cristimil (Sanxurdo) | Doade (San Pedro) | Donramiro (Santa María) | Donsión (Santa Baia) | Filgueira (Santa María) | Galegos (San Miguel) | Goiás (San Miguel) | Gresande (Santiago) | Lalín (Santa María das Dores) | Lebozán (Santiago) | Lodeiro (San Paio) | Losón (Santa Baia) | Maceira (San Martiño) | Madriñán (Santo Adrao) | Méixome (Santiago) | Moimenta (San Lourenzo) | Moneixas (Santo Adrao) | Noceda (Santa María) | Palmou (San Xoán) | Parada (Santa María) | Prado (San Martiño) | Rodís (San Xiao) | Santiso (San Román) | Sello (Santiago) | Soutolongo (Santa María) | Val do Carrio (Santo André) | A Veiga (San Ramón) | Vilanova (San Xoán) | Vilatuxe (San Lourenzo) | Xaxán (Santa María da Saleta) | A Xesta (San Fiz) | Zobra (Santa Mariña)

Antigas parroquias: Alperiz (San Pedro) | Erbo (San Pedro) | Fontecabalos (San Mamede) | Lalín de Arriba (San Martiño) | Palio (Santa Baia)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]