Caracterízase pola súa cor semellante á do tisne, a súa mancha de cor branca na parte superior á cola, e polas súas pequenas dimensións: mide 20 cm de lonxitude, 45cm de envergadura e pesa tan só 45 g.
Vive en mar aberto, penetrándose só na costa para criar, e, aínda así, de noite. Durante as treboadas pode ser arrastrado a terra.
O seu niño é unha cavidade entre as rochas; un membro da parella chóca o ovo, mentres o outro está no mar. Só aniña unha vez ao ano, de abril a xullo, poñendo un único ovo.