Saltar ao contido

Púrpura (medicina)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Púrpura
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención! Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, consúltello ao médico.
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Características
 Especialidade médica
 Factor de risco
Fontes e ligazóns
Freebase/m/04c2m8 Editar o valor en Wikidata
MeSHD011693 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC78787 Editar o valor en Wikidata
CIAP-2B83 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB25619 Editar o valor en Wikidata
CIE-111332805370 Editar o valor en Wikidata
CIE-10D69.2 Editar o valor en Wikidata
CIE-9287 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus003232 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2910405079 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A púrpura[1] é un conxunto de manchas de cor vermella escura ou púrpura que aparecen na pel, nas mucosas ou nas serosas durante o curso de múltiples enfermidades e se caracterizan por non desapareceren ao exercer presión sobre elas. Aparece con decoloracións que poden ser causadas por hemorraxias subcutáneas. As pequenas manchas chámanse petequias,[2] mentres que as máis grandes poden ser equimoses ou hematomas.[3]

Asóciase habitualmente co tifo, pero tamén pode estar presente coa meninxite ou outras doenzas.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Existen varias clasificacións das púrpuras. A púrpura está clasificada na Clasificación Internacional de doenzas CID-10 como d65 e d69, no CID-9 (287) e tamén se pode referenciar na base de datos DiseasesDB co código 25619.[4]

A púrpura é un sinal común e inespecífico, pero o mecanismo que a causa normalmente implica:

  • Trastornos das plaquetas:
    • púrpura trombocitopénica primaria;
    • Púrpura trombocitopénica secundaria.
  • Trastornos vasculares:
    • Lesións microvasculares, como se observa na púrpura senil (dos anciáns), na que os vasos sanguíneos se lesionan máis facilmente;
    • estados hipertensivos;
    • Vasculite, como no caso da púrpura de Henoch-Schönlein.
  • trastornos da coagulación
    • Coagulación intravascular diseminada (CID).
  1. ↑ "púrpura". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2023-08-07.
  2. ↑ "petequia". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2023-08-07.
  3. ↑ "equimose". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2023-08-07.
  4. ↑ "Lista Tabular de Enfermedades. Capitulo 03". eciemaps.mscbs.gob.es (en castelán). Consultado o 2023-08-07.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.