O discreto engado da burguesía

filme de 1972 dirixido por Luis Buñuel

O discreto engado da burguesía (en francés Le Charme discret de la bourgeoisie) é un filme francés de 1972 dirixido polo realizador español Luis Buñuel. Como en moitas das súas longametraxes pódense observar escenas propias do surrealismo. Na 45ª edición dos Oscar gañou o Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa e foi candidato ao premio ao mellor guión orixinal.[1]

O discreto engado da burguesía
 Título
    Le Charme discret de la bourgeoisie (fr) Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe
Póster de filme
 Instancia de
Características
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Lingua orixinal
 Cor
Implicados
 Creador/a
 Produtor/a
 Director/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
1 de xullo de 1990 (Checoslovaquia)
14 de setembro de 1987 (Unión Soviética)
6 de setembro de 1979 (Hungría)
8 de decembro de 1975 (Polonia)
25 de maio de 1974 (Xapón)
22 de outubro de 1973 (Suecia)
17 de agosto de 1973 (Finlandia)
3 de agosto de 1973 (Irlanda)
1 de xuño de 1973 (Uruguai)
21 de maio de 1973 (Portugal)
21 de abril de 1973 (Madrid)
20 de abril de 1973 (Alemaña)
13 de abril de 1973 (Italia)
29 de marzo de 1973 (Países Baixos)
1 de febreiro de 1973 (Reino Unido)
18 de xaneiro de 1973 (Arxentina)
11 de novembro de 1972 (Dinamarca)
22 de outubro de 1972 (Estados Unidos)
13 de outubro de 1972 (Festival de Cinema de Nova York)
15 de setembro de 1972 (Francia) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
 Duración
   96 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
VIAF316751816 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-15AC-0000-I-0000-0000-K Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01ysd3 Editar o valor en Wikidata
 Puntuación da crítica
7.7/10 Internet Movie Database (10 de marzo de 2026)
98% Rotten Tomatoes (11 de xaneiro de 2026)
93/100 Metacritic (20 de xaneiro de 2024)
8.5/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt0068361 Filmaffinity: 816341 Allocine: 2191 Rottentomatoes: m/the_discreet_charm_of_the_bourgeoisie Allmovie: am13056 TCM: 73175 Metacritic: movie/the-discreet-charm-of-the-bourgeoisie TV.com: movies/the-discreet-charm-of-the-bourgeoisie Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Foi estreado en galego pola TVG o 4 de maio de 1991.[2]

Argumento

editar

Don Rafael Acosta, embaixador de Miranda, o matrimonio Thévenot e Florence, irmá de Madame Thévenot, están invitados a cear na casa do matrimonio Sénechal. Non obstante, hai unha confusión e Monsieur Sénechal saíu a outra cita. Como alternativa, propóñense ir a un restaurante próximo, mais ao chegaren descobren de que o dono do establecemento morreu. A partir dese momento as reunións do selecto grupo de burgueses vense interrompidas por unha serie de sucesos extraordinarios, algúns reais e outros produto da súa imaxinación.

Elenco

editar
  • Fernando Rey como Don Rafael
  • Paul Frankeur como M. Thevenot
  • Delphine Seyrig como Madame Thevenot
  • Bulle Ogier como Florence
  • Stéphane Audran como Alice Senechal
  • Jean-Pierre Cassel como M. Senechal
  • Julien Bertheau como Dufour
  • Milena Vukotic como Ines
  • Maria Gabriella Maione como Guerilla
  • Claude Piéplu como Coronel
  • Muni como Peasant
  • Pierre Maguelon como sarxento de policía
  • François Maistre como Delecluze
  • Michel Piccoli como ministro

Produción

editar

Tras anunciar que Tristana (1970) sería o seu último filme,[3] porque sentía que se repetía, Buñuel reuniuse co seu guionista Jean-Claude Carrière e discutiu sobre o tema da repetición. Pouco despois o produtor Serge Silberman faloulle dunha anécdota, na que esquecera unha cea e fora sorprendido por seis amigos esfameados que se atopaban na súa porta. Buñuel sentiuse de súpeto inspirado e Silberman acordou darlle 2000 dólares para escribir o guión con Carrière, combinando a anécdota coa idea da repetición. Escribiron a primeira versión en tres semanas e acabaran a quinta no verán de 1971. Silberman conseguiu os cartos para o filme en abril de 1972 e comezou a preprodución.[4][5]

Buñuel contratou varios actores cos que xa traballara como Fernando Rey e Michel Piccoli. A rodaxe comezou o 15 de maio de 1972 e durou dous meses. O director rodou poucas tomas e mesmo montaba o filme na cámara e durante a produción. Buñuel e Silberman tiveron unha discusión longa e humorística sobre se Buñuel tardaba un día ou día e medio en montar os seus filmes.[6]

Premios

editar

Notando que tiña un filme especial, Silberman decidiu non agardar ata maio para estrear o filme no Festival de Cannes, senón que o fixo no outono de 1972 para facelo elixible para o Oscar ao mellor filme en lingua non inglesa. Buñuel era célebre pola súa indiferenza polos premios e bromeou cun xornalista que xa pagara 25 000 dólares para gañar o Oscar. Finalmente si o gañou e Silberman aceptou o premio en nome de Buñuel. A petición da Academia, o director posou para unha fotografía sostendo o Óscar, mais levaba posta unha perruca e unhas lentes xigantes.[7]

  1. ↑ "The 45th Academy Awards (1973) Nominees and Winners". oscars.org. Consultado o 30-11-2011.
  2. ↑ La Voz de Galicia, 4 de maio de 1991. Páx. 62
  3. ↑ Wakeman, John. World Film Directors, Volume 1. The H. W. Wilson Company. 1987, p. 88.
  4. ↑ Baxter, John. Buñuel. New York: Carroll & Graf Publishers, Inc.. 1994. ISBN 0-7867-0506-X. p. 299.
  5. ↑ Wakeman, pp. 88-89.
  6. ↑ Baxter, p. 301.
  7. ↑ Baxter, p. 302.

Véxase tamén

editar