Saltar ao contido

Mare Vint

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMare Vint

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(et) Mare Mänd Editar o valor en Wikidata
15 de setembro de 1942 Editar o valor en Wikidata
Talín Editar o valor en Wikidata
Morte10 de maio de 2020 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Lugar de sepulturaMetsakalmistu Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia Estoniana das Artes Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngravadora, pintora, artista gráfica, artista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1967 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Familia
CónxuxeAndres Tolts (1987–2014)
Tõnis Vint (1967–1976) Editar o valor en Wikidata
Premios

Mare Vint, nada como Mare Mänd en Talín o 15 de setembro de 1942 e finada o 10 de maio de 2020,[1][2] foi unha artista gráfica estoniana. Nas súas obras principalmente procurou describir unha "paisaxe ideal".

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Despois de rematar secundaria en 1961, entre 1962 e 1967 estudou no Eesti NSV Riiklik Kunstiinstituut (actual Academia de Artes de Estonia) e graduouse como artista en cristal.[3] Entre 1967 e 1969 traballou como profesora de arte nun instituto de Talín, e despois como artista autónoma. Desde 1973 foi membro do Sindicato de Artistas de Estonia.[4]

Traballou con debuxo a lapis e tinta, e desde 1972 con litografía. Desde mediados da década de 1960 e comezos da de 1970 creou un estilo caracterizado polo contraste do branco e negro dos seus debuxos, cunha presenza moi ocasional da cor.[5]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 2015 recibiu a IV clase da Orde da Estrela Branca.[6]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

En 1967 casou co artista gráfico Tõnis Vint mais divorciáronse en 1976. En 1987 casou co pintor Andres Tolts, quen faleceu en 2014.

  1. ↑ "Lahkunud on kunstnik Mare Vint". Postimees (en estoniano). 11 de maio de 2020.
  2. ↑ "Mare Vint in memoriam". Postimees (en estoniano). 11 de maio de 2020.
  3. ↑ "vilistlased". Klaasikunst (en estoniano). 6 de xuño de 2007. Arquivado dende o orixinal o 2007-06-06. Consultado o 2020-05-11.
  4. ↑ "täna". Spin TEK AS. 28 de xullo de 2010. Consultado o 2020-05-11.
  5. ↑ "Mare Vint". NOBA - Nordic and Baltic Art. 2012-11-05. Consultado o 2020-05-11.
  6. ↑ Estonian National Broadcasting (2015-02-04). "Täismahus nimekiri: presidendilt saab tänavu teenetemärgi 99 inimest". err.ee (en estoniano). Consultado o 2020-05-11.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]