Saltar ao contido

Manuel Moldes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Moldes
Biografía
Nacemento12 de novembro de 1949 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Morte3 de decembro de 2017 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Outros nomesManolo Moldes
EducaciónETS de Madrid
Universidade de Santiago de Compostela
Actividade
Ocupaciónpintor
EmpregadorGrupo Atlántica
Membro de
Xénero artísticosurrealismo, cubismo, maxicismo
Familia
CónxuxeCarmen Díaz Cacheda (May). Editar o valor en Wikidata
Fillosdous Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1099773 BUSC: 981013402940207712

Manuel Rodríguez Moldes (Manolo Moldes), nado en Pontevedra o 12 de novembro de 1949, e finado na mesma cidade o 3 de decembro de 2017[1], foi un pintor e profesor da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi unha referencia inescusable e das máis solitarias. A súa obra comezou na década de 1970, en Madrid, participando na renovación impulsada dende Galicia. Nos anos oitenta as súas obras mostraban unha práctica desgarradora e visións atormentadas que xiran ó redor dunha estabilidade onde se percebe as influencias de Pablo Picasso e Ingres.

Na segunda metade da década de 1980 propuxo unha ollada densa e ordenadora do ámbito galego, da súa paisaxe, arquitectura, xentes, materias... en cadros cada vez máis físicos.

En 1995 pasou a ser mestre de debuxo na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. En 2005 ingresou como membro numerario na Real Academia Galega de Belas Artes.[2]

Teñen obra súa, entre outras institucións, o Centro Galego de Arte Contemporánea[3], o Museo Municipal Quiñones de León[4], o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa, a Colección Afundación[5] e a Fundación María José Jove.[6]

Opinións sobre a súa figura artística

[editar | editar a fonte]

David Barro, ao comentar a súa exposición "Vieiros de Luz", en 1999, dicía que Manuel Moldes seguía "o seu particular eterno retorno a unha sinuosidad barroca e pintura gestual, que o relacionan con mestres do expresionismo abstracto como Pollock"[7].

O artista Guillermo Aymerich cualificou a Manolo Moldes como "Un mago da forma, da luz, un alquimista da cor e da materia". O seu papel como docente na facultade de Belas Artes de Pontevedra deixa unha gran pegada no humano e o artístico en moitos dos seus alumnos entre os que se contan , Jorge Perianes, Suso Fandiño, Tamara Feijoo ou Rubén Ramos Balsa.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Díaz Cacheda e foi pai de Manoel e Iria Rodríguez Díaz.

  1. ↑ López, Belén: "Morre o pintor pontevedrés Manuel Moldes", Diario de Pontevedra, 3/12/2017.
  2. ↑ Listado histórico de académicos numerarios
  3. ↑ "Centro Galego de Arte Contemporánea". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2017. Consultado o 05 de decembro de 2017.
  4. ↑ "Pinacoteca galega contemporánea" Museo Quiñones de León.
  5. 1 2 Manuel Moldes na Colección Afundación.
  6. ↑ Colección de arte Arquivado 05 de xullo de 2015 en Wayback Machine. da Fundación María José Jove (en castelán).
  7. ↑ ""¡Que viva Manolo Moldes!"". 05/12/2017. Consultado o 13/10/20.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]