Manuel Cerezales

xornalista e escritor galego

Manuel Cerezales González, nado como Manuel González Cerezales en Vilar de Cervos (Vilardevós) en 1909 e finado en Madrid o 28 de xaneiro de 2005,[1] foi un xornalista e escritor galego.

Modelo:BiografíaManuel Cerezales
Biografía
Nacemento18 de maio de 1909 Editar o valor en Wikidata
Vilar de Cervos Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xaneiro de 2005 Editar o valor en Wikidata (95 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, requeté Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Participou no conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeCarmen Laforet (1946–1970) Editar o valor en Wikidata
FillosAgustín Cerezales Laforet Editar o valor en Wikidata

BNE: XX923330 BUSC: 981013405363507712

Traxectoria

editar

Aos seis anos ingresou como interno nos Escolapios de Madrid. Aos quince marchou a Valladolid, onde estudou Dereito. Foi discípulo e secretario de Ramón Otero Pedrayo, quen o preparou para os exames finais de dereito. Carlista, fundou en Ourense o periódico España en 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na Guerra como requeté. Dirixiu as revistas Guión, Vida Mundial e Momento, foi subdirector de El Pensamiento Navarro de Pamplona e Informaciones de Madrid. Pasou a dirixir España de Tánxer, onde permaneceu tres anos, volvendo despois a Informaciones como crítico literario. Logo foi director de Faro de Vigo (1961-1964). Pasou despois a subdirector de El Alcázar. Tamén dirixiu en Madrid Misión, fundada en Ourense. Ao final da súa carreira traballou en RTVE.[2]

Foi crítico literario e nos anos corenta gañou un accésit do premio literario Calderón de la Barca pola obra Magín, siervo de Dios.

Finou en Madrid o 28 de xaneiro de 2005.[3]

Vida persoal

editar

Casou con Carmen Laforet en 1946, de quen se separou en 1970. Foron pais de Agustín Cerezales Laforet.

  1. ↑ Eduardo Haro Tecglen (30 de xaneiro de 2005). "Manuel Cerezales González, periodista, crítico y editor". El País (en castelán).
  2. ↑ Agustín Cerezales (1 de febreiro de 2005). "Un periodista". ABC (en castelán).
  3. ↑ Necrolóxica en ABC, 30 de xaneiro de 2005 (en castelán).