Saltar ao contido

Mahathir bin Mohamad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTun Editar o valor en Wikidata
Mahathir bin Mohamad
Orde Real Familiar de Kedah Editar o valor en Wikidata

Mahathir Mohamad (2018) (2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xullo de 1925 Editar o valor en Wikidata (101 anos)
Alor Setar Editar o valor en Wikidata
Malaysian National Council for Islamic Religious Affairs chairman (en) Traducir
10 de maio de 2018 – 24 de febreiro de 2020
7º Primeiro ministro de Malaisia
10 de maio de 2018 – 1 de marzo de 2020
← Najib Razak – Muhyiddin Yassin →
21º Secretario Xeral do Movemento de Países Non Aliñados
20 de febreiro de 2003 – 31 de outubro de 2003
← Thabo Mbeki – Abdullah Ahmad Badawi →
Minister of Finance 2 (en) Traducir
5 de xuño de 2001 – 2 de novembro de 2003
Minister of Finance 2 (en) Traducir
2 de setembro de 1998 – 7 de xaneiro de 1999
Minister of Home Affairs (en) Traducir
8 de maio de 1986 – 8 de xaneiro de 1999
← Musa Hitam – Abdullah Ahmad Badawi →
Minister of Defence (en) Traducir
18 de xullo de 1981 – 6 de maio de 1986
← Abdul Taib Mahmud (en) Traducir – Abdullah Ahmad Badawi →
4º Primeiro ministro de Malaisia
16 de xullo de 1981 – 31 de outubro de 2003
← Hussein Onn – Abdullah Ahmad Badawi →
Malaysian National Council for Islamic Religious Affairs chairman (en) Traducir
16 de xullo de 1981 – 30 de outubro de 2003
Minister of International Trade and Industry (en) Traducir
1 de xaneiro de 1978 – 16 de xullo de 1981
← Hamzah Abu Samah (en) Traducir
Viceprimeiro ministro de Malaisia
5 de marzo de 1976 – 16 de xullo de 1981
← Hussein Onn – Musa Hitam →
Ministro de Educación
5 de setembro de 1974 – 31 de decembro de 1977
← Mohamed Yaacob – Musa Hitam →
Member of the Dewan Negara (en) Traducir
30 de decembro de 1972 – 23 de agosto de 1974
Deputado no Dewan Rakyat

Lexislatura: 14th Malaysian Parliament (en) Traducir

Circunscrición electoral: Langkawi
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSeri Perdana (1999–2003)
Galeria Sri Perdana (en) Traducir (1983–1999) Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo malaio Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaNacionalismo económico, neutralismo, antiimperialismo, desenvolvimentismo (pt) Traducir, nacionalismo, pragmatismo, Valores asiáticos (pt) Traducir e Political positions of Mahathir Mohamad (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónSunnismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Malaya (–1953)
Yong Loo Lin School of Medicine (en) Traducir (1947–1953)
Sultan Abdul Hamid College (en) Traducir (1945–1946)
Sultan Abdul Hamid College (en) Traducir (1933–1942)
Q12706234 Traducir (1930–1932)
Universidade Nacional de Singapur - medicina Editar o valor en Wikidata
Altura170 cm Editar o valor en Wikidata
Peso62 kg Editar o valor en Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosNegro Editar o valor en Wikidata
Cor do peloCabelo negro e cabelos brancos Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica e medicina Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Kuala Lumpur
Pulau Langkawi (en) Traducir
Jitra (en) Traducir
Alor Setar
Putrajaya
Perlis (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, xefe de goberno, conselleiro, chanceler, autobiógrafo, médico, escritor, vendedor ambulante Editar o valor en Wikidata
PeríodoSéculo XX e século XXI Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1953 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoParti Bumiputera Perkasa Malaysia (en) Traducir (2023–)
político independente (2023–2023)
Homeland Fighter Party (en) Traducir (2020–2023)
político independente (2020–2020)
Malaysian United Indigenous Party (en) Traducir (2016–2020)
político independente (2016–2016)
United Malays National Organisation (en) Traducir (2009–2016)
político independente (2008–2009)
United Malays National Organisation (en) Traducir (1988–2008)
United Malays National Organisation (en) Traducir (1972–1988)
político independente (1969–1972)
United Malays National Organisation (en) Traducir (1947–1969) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enLectura e escrita Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioTun M
Dr M
Chedet Editar o valor en Wikidata
Salario base100.000 RM e 16.000 RM Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeMalaisia Editar o valor en Wikidata
Deporterugby
ciclismo
deporte ecuestre Editar o valor en Wikidata
Participou en
21 de febreiro de 20202020 Malaysian political crisis (en) Traducir
18 de decembro de 2019Kuala Lumpur Summit 2019 (en) Traducir
16 de novembro de 2018APEC Papua New Guinea 2018 (en) Traducir
1 de xuño de 200329th G8 summit (en) Traducir
20 de febreiro de 200313th Summit of the Non-Aligned Movement (en) Traducir
2003APEC Thailand 2003 (en) Traducir
2001APEC China 2001 (en) Traducir
1998APEC Malaysia 1998 (en) Traducir
1997APEC Canada 1997 (en) Traducir
1996APEC Philippines 1996 (en) Traducir
1994APEC Indonesia 1994 (en) Traducir
1989APEC Australia 1989 (en) Traducir
19891989 Commonwealth Heads of Government Meeting (en) Traducir
24 de abril de 19871987 United Malays National Organisation leadership election (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeSiti Hasmah Mohamad Ali (1956–2026) Editar o valor en Wikidata
FillosMaizura Mahathir, Melinda Mahathir, Mazhar Mahathir, Marina Mahathir, Mirzan Mahathir, Mokhzani Mahathir, Mukhriz Mahathir Editar o valor en Wikidata
PaisMohamad Iskandar Editar o valor en Wikidata  e Wan Tempawan Wan Hanapi Editar o valor en Wikidata
IrmánsHabsah Mohamad
Murad Mohamad
Rafeah Mohamad
Mashahor Mohamad
Omar Mohamad
Johora Mohamad
Mustaffa Mohamad
Mahadi Mohamad Editar o valor en Wikidata
ParentesIsmail Mohamed Ali, cuñado
Ahmad Razali Mohd Ali, cuñado
Mohamed Hashim Mohd Ali, cuñado
Tara Sosrowardoyo, xenro
Saleha Mohd Ali, cuñada
Meera Alyanna Mukhriz, neta
Melia Serena Mukhriz, neta
Misha Hakeem bin Mukhriz, neto
Othman Mirzan, neto
Ineza Roussille, neta
Shaista Mayada Sosrowardoyo, neta
Marisa Hasmah Mokhzani, neta
Jane Hint Husainy Abdullah, nora
Mastisa Mohamed, nora
Eden Zakaria Ezran Cheah, bisneto
Masira Yasmin Mokhzani, neta
Mahathir Mohamed Mokhzani, neto
Melisa Lara Mokhzani, neta
Didier Roussille, xenro
Jaffar Mohamed Ali, cuñado
Juriah Jaffar, cuñada
Mohd Ali bin Mohd Taib, sogro
Zainal Abidin Mohd Ali, cuñado
Che Kalsom Hamzah, cuñada
Fatimah Sham Ahmad, cuñada Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
20091Malaysia Development Berhad scandal (en) Traducir
3 de xullo de 2000Sauk Siege (en) Traducir
23 de abril de 2000-19 de setembro de 20002000 Sipadan kidnappings (en) Traducir
2 de xullo de 1997-1999Crise financeira asiática de 1997 (pt) Traducir
Security incidents involving Mahathir Mohamad (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEncyclopædia Britannica,
Brockhaus Enzyklopädie (pt) Traducir,
Oxford Reference, Editar o valor en Wikidata
Sitio webthechedet.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm4504250 Facebook: TunDrMahathir Twitter: chedetofficial Instagram: chedetofficial Musicbrainz: 5ef869f6-d103-4aa0-a0f6-575017e10696 Editar o valor en Wikidata

Mahathir bin Mohamad, nado en Alor Setar o 10 de xullo de 1925[1] é un médico e político malaisiano, cuarto e sétimo primeiro ministro de Malaisia e deputado electo do Parlamento de Malaisia pola circunscrición de Langkawi en Kedah.[2] A súa carreira política esténdese por máis de setenta anos dende que se uniu á acabada de formar Organización Nacional dos Malaios Unidos (UMNO) en 1946,[3][4] antes de formar o seu propio partido, o Partido Indíxena Unido de Malaisia (PPBM) en 2016.[5]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Mahathir Mohamad (2003)

Nado e criado en Alor Setar, Kedah, Mahathir sobresaíu na escola e converteuse en médico.[6] Afiliouse á UMNO antes de entrar no parlamento en 1964. Serviu como deputado antes de perder o seu escano e posteriormente desamigouse co primeiro ministro Tunku Abdul Rahman e foi expulsado do partido.[7] Cando Abdul Rahman renunciu ao ser substituído por Abdul Razak Hussein en 1970, Mahathir volveu a incorporarse á UMNO e ao Parlamento, e foi ascendido ao Gabinete. En 1976 converteuse en viceprimeiro ministro e en 1981 xurou o cargo de primeiro ministro.[8]

Durante o seu mandato como primeiro ministro, Malaisia experimentou un período de rápida modernización e crecemento económico, e o seu goberno iniciou unha serie de audaces proxectos de infraestruturas. Mahathir foi unha figura política dominante, baixo o seu liderado, a coalición Barisan Nasional gañou cinco eleccións federais consecutivas e defendeu con éxito o dominio da UMNO antes rivais destacados. Como primeiro ministro, foi un defensor do desenvolvemento do terceiro mundo e un prominente activista internacional.[6]

Mahathir renunciou o 31 de outubro de 2003, sendo o xefe de goberno malaisiano con máis anos no cargo.[9] Non obstante, mantívose como unha figura política activa logo do seu retiro. O seu fillo Mukhriz Mahathir foi Menteri Besar (gobernador) do estado de Kedah entre 2013 e 2016.[10] Co paso do tempo, Mahathir converteuse nun crítico estridente do seu sucesor escollido persoalmente, Abdullah Ahmad Badawi, en 2006,[11] e máis tarde Najib Razak en 2015.[12] Tan só dous anos despois da súa renuncia, o Barisan Nasional comezou a experimentar fortes derrotas electorais que levaron á perda da maioría de dous terzos en 2008 e a unha derrota por voto popular en 2013 ante a coalición Pakatan Rakyat, dirixida por Anwar Ibrahim, conservando o goberno unicamente grazas ao gerrymandering. Como rexeitamento ás accións da UMNO ao continuar a apoiar ao goberno de Najib a pesar do escándalo que rodeaba a organización 1Malaysia Development Berhad, Mahathir abandonou o partido o 29 de xaneiro de 2016,[13][14][15] sendo seguido por un enorme continxente de políticos oficialistas, entre os que destacaban o seu fillo Mukhriz e o antigo viceprimeiro ministro Muhyiddin Yassin.[16]

O 9 de setembro do mesmo ano anunciou a súa volta á primeira plana política e fundou o Partido Indíxena Unido de Malaisia (PPBM), aprobado ese mesmo día polo Rexistro de Sociedades (RoS).[17] O partido uniuse á coalición opositora Pakatan Harapan (PH) que estaba liderada polo seu antigo aliado que Anwar Ibrahim.[18] Estando este novamente encarcerado dende 2015, Mahathir foi elixido o 8 de xaneiro de 2018 como candidato a primeiro ministro da coalición nas eleccións federais de 2018 en substitución de Anwar,[19] coa promesa de procurar a súa liberación e entregarlle o cargo nun ou en dous anos.[20] A campaña electoral foi dura e caracterizouse por unha serie de insultos persoais entre Najib e Mahathir,[21] que culminou cunha sorprendente e histórica derrota do primeiro ministro e unha maioría absoluta do Pakatan Harapan.[22][23] Mahathir asumiu o cargo o día seguinte, 10 de maio de 2018.[24] Con case 93 anos no momento do seu xuramento converteuse no político de máis idade en ocupar o cargo de primeiro ministro,[25] o primeiro en Malaisia que ocupa o cargo en dúas ocasións non consecutivas e o primeiro goberno alleo á UMNO na historia do país.[26] En 24 de febreiro de 2020 anunciou a súa dimisión[27] e o 1 de marzo deixou o cargo sendo substituído por Muhyiddin Yassin.[28]

  1. ↑ Profile of Mahathir Mohamad
  2. ↑ TAN, TARRENCE (2018-05-10). "It's official, Dr M is Malaysia's seventh PM... and the world's oldest". The Star (en inglés).
  3. ↑ "Meet Mahathir Bin Mohamad, the man who inspired Jack Ma to start Alibaba Group". The Economic Times (en inglés). 2018-06-27. ISSN 0013-0389.
  4. ↑ "SPECIAL LECTURE by Tun Dr. Mahathir bin Mohamad “Asia and the World on the Brink: Rethinking Order in an Age of Turmoil”". Center for Southeast Asian Studies Kyoto University (en inglés). 2025-05-26.
  5. ↑ Firdaws, Nawar (2016-09-09). "Dr Mahathir’s new party officially registered". Free Malaysia Today (en inglés).
  6. 1 2 Report, Recorder (2019-03-23). "H.E. Tun Dr. Mahathir bin Mohamad - the visionary and dynamic leader of Malaysia". Brecorder (en inglés).
  7. ↑ Abdul Rahman, Tunku (setembro de 1969). May 13 – Before and After. Kuala Lumpur: Penerbitan Utusan Melayu. pp. 117–121.
  8. ↑ "Dr Mahathir — a true giant of history". The Malaysian Reserve (en inglés). 2018-05-10.
  9. ↑ "Mahathir bows out as Malaysia's PM". edition.cnn.com (en inglés). 2003-10-31. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2023.
  10. ↑ Chief, Shannon TeohMalaysia Bureau (2016-02-03). "Mukhriz Mahathir resigns as Kedah Menteri Besar; Ahmad Bashah to take over". The Straits Times (en inglés). ISSN 0585-3923.
  11. ↑ Bangkok, Connie Levett (2006-09-02). "Mahathir challenges his successor". The Age (en inglés).
  12. ↑ Kaos Jr., Joseph (4 de abril de 2015). "Dr M past his quiet stage, asks Najib to step down". The Star (Malaisia). Consultado o 7 de agosto de 2015.
  13. ↑ MURAD, DINA (2016-01-29). "Dr Mahathir quits Umno, again". The Star (en inglés).
  14. ↑ Paddock, Richard C. (2016-02-29). "Mahathir Mohamad Quits Malaysia’s Governing Party, Citing Corruption". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331.
  15. ↑ "Mahathir quits Malaysia's ruling UMNO party, protesting corruption". CNBC (en inglés). 2016-02-29.
  16. ↑ "Malaysia's Umno expels Muhyiddin and Mukhriz Mahathir, suspends Shafie Apdal". The Straits Times (en inglés). 2016-06-24. ISSN 0585-3923.
  17. ↑ "ROS approves Parti Pribumi Bersatu Malaysia, it's to be known as ‘PPBM’". Malaysiakini (en inglés). 2016-09-08.
  18. ↑ Harun, Hana Naz (2016-12-13). "PPBM officially signs agreement to join Pakatan Harapan". NST Online (en inglés).
  19. ↑ "Mahathir Mohamad: Ex-Malaysia PM, 92, to run for office" (en inglés). 2018-01-08. p. BBC.
  20. ↑ "Malaysia's 92-year-old PM says he'll stay in office for 1-2 years". Reuters (en inglés). Consultado o 2018-05-15.
  21. ↑ Hunt, Luke (2018-03-23). "Malaysian Politics Get Nasty". thediplomat.com (en inglés).
  22. ↑ Team, NSTP (2018-05-10). "Pakatan Harapan wins 14th General Election". NST Online (en inglés).
  23. ↑ "Malaysia’s opposition pulls off shocking election win". Al Jazeera (en inglés). 2018-05-10.
  24. ↑ Chief, Shannon Teoh Malaysia Bureau; Lumpur, Trinna Leong Malaysia Correspondent In Kuala (2018-05-11). "Mahathir sworn in as Malaysia's 7th Prime Minister". The Straits Times (en inglés). ISSN 0585-3923.
  25. ↑ "Oldest Prime Minister records as Mahathir bin Mohamad becomes Malaysia’s leader aged 92". Guiness World Records (en inglés). 2018-05-11.
  26. ↑ Zuklkipli, Arfa Yunus and Nurlela (2018-05-27). "Becoming PM for second time is harder, frightening: Dr Mahathir". NST Online (en inglés).
  27. ↑ Lee, Yen Nee (2020-02-24). "Malaysia's Prime Minister Mahathir Mohamad submits resignation to the king". CNBC (en inglés).
  28. ↑ "Malaysia gets new PM, Muhyiddin Yassin, after week of turmoil". BBC (en inglés). 1 de marzo de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]