Luis López Diéguez
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | abril de 1978 San Salvador de Camba |
| 6 de xullo de 2023 – ← Carmela Silva | |
| 2011 – 2021 (dimisión) ← José Benito Vence Deza – Rubén Quintá Quintá → | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Rodeiro |
| Ocupación | político |
Luís López Diéguez, coñecido popularmente como "Lugués", nado en San Salvador de Camba (Rodeiro) en abril de 1978, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi concelleiro de Rodeiro polo PPdeG dende 2003. Na lexislatura 2003-2007 foi concelleiro delegado de educación, cultura, deportes e xuventude. Encabezou a lista do PPdeG á alcaldía de Rodeiro nas eleccións municipais de 2011, que obtivo 5 concelleiros, e resultou elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. Nas municipais de 2015 obtivo a maioría absoluta, o mesmo que nas municipais de 2019. En febreiro de 2021 foi nomeado delegado da Xunta na provincia de Pontevedra logo da dimisión de Luísa Piñeiro Arcos.[1] O 6 de xullo de 2023 foi elixido presidente da deputación de Pontevedra.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Predecesor: José Benito Vence Deza |
Alcalde de Rodeiro 2011 - 2021 |
Sucesor: Rubén Quintá Quintá |
| Predecesor: Carmela Silva |
Presidente da Deputación de Pontevedra 2023 - actualidade |
Sucesor: no cargo |