Saltar ao contido

Lingua paxta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua paxta
پښتو ژبه Editar o valor en Wikidata
LL-Q5885%20%28tam%29-Sriveenkat-%E0%AE%AA%E0%AE%B7%E0%AF%8D%E0%AE%A4%E0%AF%82%20%E0%AE%AE%E0%AF%8A%E0%AE%B4%E0%AE%BF.wav pronuncia
 Nome orixinal
پښتو ژبه (ps)
پښتو (ps) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Subclase de
Características
 Alfabeto
 Estado de lingua da UNESCO
segura
Clasificación lingüística
Cifras e dimensións
 Número de falantes
39.000.000 (2007)
50.000.000 (2009)
38.600.000 (2007) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Mapa de distribución
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0swlx Editar o valor en Wikidata
ISO 639-1ps Editar o valor en Wikidata
ISO 639-2pus Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3pus Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5pus Editar o valor en Wikidata
IETFps Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O paxto[1], noutras fontes tamén chamado pashtu[2] ou pashto[3], é un idioma que pertence ás linguas iranias, dentro do seu grupo oriental e á súa vez do sub-grupo meridional e falado pola etnia paxta. Está emparentado coas linguas do Pamir e un pouco máis afastado do iagnobí e das linguas osetas: o digorés e o iriano. É a lingua máis numerosa en número de falantes do grupo de linguas iranias orientais.

É a lingua oficial de Afganistán (xunto co dari) e falada en Paquistán e na diáspora dos paxtos. Fálana preto de 40 ou 50 millóns de persoas.[4] Fálase ademais no occidente de Paquistán.

Está escrito cunha versión modificada do alfabeto persa-arábico chamada nash (nasgh).

Estatuto oficial

[editar | editar a fonte]

O paxto desde o 1936 é unha das dúas linguas oficiais de Afganistán, sendo a outra o Dari (Persa)[5]. Nese ano déronselle todos os dereitos a respecto do uso no goberno e na educación, cando ata daquela fora o Persa a lingua empregada[6]. En 1964 este estado reafírmase cando a asemblea constitucional cando o persa afgán se lle deu o nome de Dari[7][8].

En Paquistán, o urdú e o inglés son as dúas linguas oficiais e alí o paxto carece de recoñecemento oficial a nivel federal. A nivel provincial, o paxto é lingua rexional do Khyber Pakhtunkhwa, Áreas tribais administradas federalmente e o Baluchistán no norte[9]

O sistema de escrita

[editar | editar a fonte]

O paxto emprega o alfabeto paxto, unha variación do alfabeto persa, e que á súa vez deriva en parte do alfabeto árabe. Ten letras adicionais para sons específicos do paxto. Desde o século XVII, o paxto escribiuse principalmente coa sistema Nashk e non co sistema Nasta'liq das lindeiras linguas persas e urdú.

O alfabeto paxto componse de 44 letras e catro marcas diacríticas. Na seguinte táboa dánse as formas illadas das letras xunto coas súas equivalentes do sistema latino e os valores da IPA:

Nome Transliteración AFI Final Media Inicial Illada
alef ā / aa / ʼ / ʾ / ’ varios, incluíndo [ɒ] ﺎ ﺎ * آ / ا * ﺍ
be b [b] ﺐ ﺒ ﺑ ﺏ
pe p [p] ﭗ ﭙ ﭙ پ
te t [t] ﺖ ﺘ ﺗ ﺕ
se s [s] ﺚ ﺜ ﺛ ﺙ
jim j [ʤ] ﺞ ﺠ ﺟ ﺝ
che c / č / ch [ʧ] ﭻ ﭽ ﭼ ﭺ
he h [h] ﺢ ﺤ ﺣ ﺡ
khe x / kh [x] ﺦ ﺨ ﺧ ﺥ
dāl d [d] ﺪ ﺪ * ﺩ * ﺩ
zāl z [z] ﺬ ﺬ * ﺫ * ﺫ
re r [ɾ] ﺮ ﺮ * ﺭ * ﺭ
ze z [z] ﺰ ﺰ * ﺯ * ﺯ
zhe ž / zh [ʒ] ﮋ ﮋ * ژ * ژ
sin s [s] ﺲ ﺴ ﺳ ﺱ
šin š / sh [ʃ] ﺶ ﺸ ﺷ ﺵ
sād s [s] ﺺ ﺼ ﺻ ﺹ
zād z [z] ﺾ ﻀ ﺿ ﺽ
tā t [t] ﻂ ﻄ ﻃ ﻁ
zā z [z] ﻆ ﻈ ﻇ ﻅ
eyn ʻ / ‘ [ʔ] ﻊ ﻌ ﻋ ﻉ
qeyn q / gh [ɣ] / [ɢ] ﻎ ﻐ ﻏ ﻍ
fe f [f] ﻒ ﻔ ﻓ ﻑ
qāf q / gh [q] / [ɢ] ﻖ ﻘ ﻗ ﻕ
kāf k [k] ﮏ ﮑ ﮐ ک
gāf g [g] ﮓ ﮕ ﮔ گ
lām l [l] ﻞ ﻠ ﻟ ﻝ
mim m [m] ﻢ ﻤ ﻣ ﻡ
nun n [n] ﻦ ﻨ ﻧ ﻥ
vāv v / u / ow [v] / [u] ﻮ ﻮ * و * و
he h [h] ﻪ ﻬ ﻫ ﻩ
ye y , i [j] , [i] ﯽ ﻴ ﻳ ﻯ

Dialectos

[editar | editar a fonte]
Meridional occidental: [ts] [dz] [ʂ] [ʐ] [ʒ]
Meridional oriental: [ts] [dz] [ʃ] [ʒ] [ʒ]
Setentrional occidental: [s] [z] [ç] [j] [ʒ]
Setentrional oriental: [s] [z] [x] [g] [d͡ʒ]

Fonoloxía

[editar | editar a fonte]
Anterior Central Posterior
Pechada iu
Media e ə o
Aberta ɑ

O paxto ten tamén os ditongos: /aj/, /əj/, /aw/

Consoantes

[editar | editar a fonte]
Labial Dental Retroflexa Post-
alveolar
Palatal Velar Uvular Glotal
Nasal m n ɳ
Oclusiva p b t d ʈ ɖ k g q ʔ
Fricativa f v s z ʂ ʐ ʃ ʒ x ɣ h
Africada ts dz tʃ dʒ
Aproximante l ɻ j w
Rótica r ɺ̡
  • Asalam u alaikum - Ola
  • Ho - Si
  • Na - Non
  • Manana - Graciñas
  • Wobaxa - Síntoo
  • Stanum tse dæi? - Como te chamas?
  • Zema num... dæ - Chámome ...
  • Tha tsanga yei? - Como estás?
  • kala? - Onde?
  • Tso bajy dhi? - Que hora é?
  • Sahar - mañá (substantivo)
  • Saba - mañá (adverbio)
  • Pir/doshambá - luns
  • Naha/Mangle - martes
  • Yakshambá/atwar - domingo
  1. ↑ "paxto". TERGAL. Consultado o 18 de xuño de 2017.
  2. ↑ Entrada pashtu na Diciopedia do século 21
  3. ↑ Entrada pashto Arquivado 14 de novembro de 2017 en Wayback Machine. no Digalego
  4. ↑ Ethnologue.com/show_language.asp?code=pbu (informe de Ethnologue).
  5. ↑ Modarresi, Yahya: Iran, Afghanistan and Tadjikistan". 1911 – 1916. In: Sociolinguistics, Vol. 3, Part. 3. Ulrich Ammon, Norbert Dittmar, Klaus J. Mattheier, Peter Trudgill (eds.). Berlín, De Gryuter: 2006. p. 1915. ISBN 3-11-018418-4
  6. ↑ Campbell, George L.: Concise compendium of the world's languages. Londres: Routledge 1999.
  7. ↑ Dupree, Louis: Language and Politics in Afghanistan. In: Contributions to Asian Studies. Vol. 11/1978. p. 131 – 141. E. J. Brill, Leiden 1978. p. 131.
  8. ↑ Spooner, Bryan: "Are we teaching Persian?". In: Persian studies in North America: studies in honor of Mohammad Ali Jazayery. Mehdi Marashi (ed.). Bethesda, Iranbooks: 1994. p. 1983.
  9. ↑ Septfonds, D. 2006. Pashto. In: Concise encyclopedia of languages of the world. 845 – 848. Keith Brown / Sarah Ogilvie (eds.). Elsevier, Oxford: 2009.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]